Noticias
-
Galicia converterase na capital mundial da maxia do 3 ao 20 de outubro coa terceira edición do Festival Galicia Ilusiona. O Festival Mundial de Ilusionismo – Galicia Ilusiona comezará o vindeiro 3 e 4 de outubro en A Coruña, para continuar o 5 en Ourense; o 6 en Pontevedra; o 11 e o 12 en Santiago de Compostela; o 13 en Ferrol; o 18 en Lugo e finalmente, o 19 e 20 en Vigo. En total serán 20 sesións da maxia máis internacional. As entradas poden mercase aínda na web de Galicia Ilusiona. Así o anunciou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na presentación desta iniciativa que, encherá a oferta turística urbana do outono con sesións de maxia nas sete principais cidades de Galicia.
-
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, fixo hoxe entrega en París ao embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, do primeiro avance do expediente da candidatura Paisaxe da auga: Ribeira Sacra de cara a acadar en 2026 o recoñecemento como Patrimonio Mundial. Trátase dun trámite necesario para avanzar no futuro do territorio para obter o máximo recoñecemento da Unesco. 'Estamos a dar os pasos precisos e cumprindo cos trámites establecidos para ter este recoñecemento', aseverou o titular de Cultura do Goberno galego, tras o encontro na capital de Francia co embaixador de España ante a Unesco, no que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez.
-
A Xunta de Galicia ten mobilizado o 83% dos máis de 130M€ de fondos Next Generation que xestiona o goberno autonómico no eido turístico. Nos últimos anos estívose a axilizar e avanzar na mobilización destes fondos coa intención de aproveitar a oportunidade que supón esta inxección económica para mellorar, renovar e completar a oferta turística galega da man da sostibilidade. Entre as accións realizadas a través de plans e liñas de axuda están as destinadas a implantar medidas de eficiencia enerxética nos establecementos turísticos cun investimento de 10M€ -a maior liña de axudas en orzamento posta en marcha cos Next Generation- que se suma aos 3M€ dunha convocatoria anterior.
-
Este domingo 22 a partir das 16,00 horas, o Festival Go! Go! Zo! abre as súas portas no Monte do Gozo para ofrecer a macroactuación organizada pola Casa do Rock con versións en galego de temas míticos do rock de sempre como Born To Be Wild, de Steppenwolf; Holiday, de Green Day; Believer, de Imagine Dragons, e o himno da mesma escola. Ao encontro, no que xa se prevén máis de medio milleiro de asistentes, pode participar calquera persoa, tanto cun instrumento como coa súa voz. O único requisito para facelo é inscribirse na web oficial da escola e descargar as partituras.
-
Presentouse hoxe a quinta edición do 'Maré. Festival de Músicas e Artes Atlánticas', un evento de carácter multicultural que converterá a cidade de Santiago de Compostela nun punto de encontro cultural e lingüístico. Esta cita contará cunha trintena de artistas chegados doutros países como Alemaña, Angola, Brasil, Estonia, México, Mozambique, Palestina ou Portugal. A iniciativa, que se celebra dende o día 25, pon de manifesto esta diversidade lingüística cunha programación específica polo Día Internacional das Linguas o día 26. O Maré acollerá unha ampla oferta de iniciativas que van desde a música ata as artes escénicas.
-
Boa parte do público do Underfest Xacobeo, un dos últimos eventos do verán musical en Galicia, procede, non só de fóra da cidade de Vigo, senón da comunidade, grazas a un cartel que combina bandas e artistas consagrados como Richard Hawley, Ash, Gigolo Aunts e El mató a un policía motorizado con novos talentos como La Cendejas, La Milagrosa ou Sistema de Entretenimiento. Tamén forman parte da carteleira deste ano os concertos dos artistas galegos Eladio Santos e Santi Araújo.
-
Manuel María, o poeta da Terra Chá, morreu o 8 de setembro do ano 2024. Desde entón, cada ano, Xermolos de Guitiriz e a Irmandade Manuel María, o 8 de setembro, celebran a "Memoria da Chaira Enteira", á que este ano corresponde a XX edición. O centro de celebración é a terra natal de O Manuel, Outeiro de Rei, e comezará ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra. Seguiralle (17,00 h.) un recital de poemas de Manuel María no simbólico lugar de As Penas de Rodas, tan querido polo autor de "Terra Chá", libro que conforma a infraestrutura cultural básica desta unidade xeográfica e humana que ocupa o centro da provincia de Lugo.
-
A Consellería do Medio Rural promove a creación da Ruta das igrexas e da denominación de orixe protexida (DOP) Arzúa-Ulloa como instrumento de dinamización do rural e produto turístico. Esta iniciativa, que capitanea o concello de Curtis, beneficiará outros 31 municipios máis pertencentes ás comarcas de Arzúa, Terras de Melide, A Ulloa, Chantada e Deza. A conselleira, María José Gómez, salientou que esta iniciativa representa "sustentabilidade do territorio" e serve para "poñer en valor o patrimonio unido á gastronomía e a ese territorio coidado e traballado".
-
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o papel fundamental que xoga o sector vitivinícola na economía galega, tendo un carácter estratéxico ao xerar emprego, sobre todo no rural, fixando poboación con xente nova e promovendo o selo Galicia Calidade. Así o manifestou durante unha visita á bodega As Laxas, no concello pontevedrés de Arbo, no que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e na cal enxalzou a traxectoria desta "empresa familiar" como exemplo de emprendemento rural que, ao longo de catro xeracións, conseguiu combinar tradición e innovación, acadando "moito nome xa en toda Galicia".
-
Os hoteis galegos reciben un 2,5% de viaxeiros máis en xullo e incrementan a súa rendibilidade un 7%Os hoteis e pensións galegos recibiron o pasado mes de xullo máis de 600.000 viaxeiros que fixeron preto de 1,3 millóns de noites, o que supón un incremento de 2,5% e que trouxo consigo bos datos económicos para o sector, cun incremento da rendibilidade hoteleira de máis do 7%. Así se desprende das magnitudes feitas públicas hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre viaxeiros e noites nos hoteis e pensións rexistrados en xullo. A falta de coñecer os datos do resto de establecementos de aloxamento que se publicarán a vindeira semana, constátase que o turismo en Galicia acumula tres anos consecutivos de estabilidade no verán e consigue situarse por riba dos valores previos á pandemia, superando nun 5% a cifra de xullo de 2019 en hoteis e pensións.