Skip to main content

Noticias

  • PortAmérica 2023, o festival que une música e gastronomía de calidade e no que prima a sostibilidade, acada a súa 11 edición nun entorno natural extraordinario, como é a azucreira de Portas. O festival converteuse xa nun emblema dos festivais galegos e tense convertido pola súa orixinalidade nun festival distinto, familiar, con 30 chefs cociñando en directo, e con grandes artistas nacionais e internacionais, como Sebastián Yatra, Nicki Nicole, Bad Gyal, Guitarricadelafuente, Deluxe, M Clan, Loquillo, Molotov ou Jorge Drexler. De feito, o espazo showrocking, acollerá a 30 chefs internacionais que suman 14 Estrellas Michelin para facer a fusión perfecta entre ritmo e cociña.
  • O Festival Abanea celebrará entre o 26 e o 30 de xullo a súa segunda edición cun programa de danza que distribuirá 15 funcións de 10 compañías entre os concellos de Gondomar, Foz, Outes e Allariz co apoio da Xunta de Galicia. ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, espallará así a actividade do certame ás catro provincias. Foz marcará o inicio desta segunda edición o 26 de xullo, coa exhibición na praza do Conde Fontao das pezas Vestirme de ti, da bailarina galega Nuria Sotelo xunto a Clara Ferrão; A raíz, do porriñés Daniel Rodríguez, e Human 21, da catalá Sandra Macià. A actividade en Foz incluirá tamén o obradoiro-espectáculo de Marta Alonso Tejada Discoteca de Señoras e a Pista de baile, actividade de mediación co público. Estas dúas accións reproduciranse en todas as localidades implicadas.
  • A Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de exhibición de espectáculos xestionado pola Xunta e as administracións locais adheridas, renova a súa programación semestral con 176 funcións escénicas e musicais en 36 concellos ata final de ano. Esta carteleira, de ámbito profesional e maioritariamente de produción galega, está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades con 278.000 euros.O novo período de actividade está conformado por 160 representacións escénicas de 93 espectáculos (deles, 70 están dirixidos a público familiar, haberá 13 funcións de danza, nove de circo e 14 de maxia) a cargo de 76 compañías, e polos concertos de 14 formacións musicais.
  • A décima edición do Corazón da Artesanía, Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, pechou as súas portas despois dunha fin de semana marcada pola afluencia de público no recinto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada. Máis de 8.000 visitantes achegáronse entre o venres e o domingo ata o municipio pontevedrés, o que sitúa en 70.000 os asistentes das dez edicións celebradas ata a data ao evento de referencia do sector da artesanía en Galicia. Corazón da Artesanía constitúe un evento integral destinado a divulgar os oficios artesanais, a impulsar a comercialización da marca Artesanía de Galicia e doutros produtos gourmet de calidade, así como a buscar sinerxías entre artesanía e outros sectores como a arquitectura, o deseño ou a gastronomía.
  • O festival desenvolverase ata o 15 de xullo en Vilanova de Arousa e incluirá seis producións teatrais. Así, o luns 10 representarase Don Ramón del Valle-Inclán, un monólogo de Pedro Casablanc, acompañado do pianista, baseado no texto de Gómez de la Serna, espectáculo estreado no Teatro Español de Madrid. O martes 11 será a quenda de Morfeo Teatro conLos cuernos de Don Friolera; o mércores 12 de El alma de Valle-Inclán, a cargo de Rafael Álvarez El Brujo quen, o xoves 13, presentará no festival La lámpara maravillosa, a estrea absoluta desta edición. O venres 14, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ofrecerá a súa representación de A cabeza do Bautista, e o sábado, como remate da programación, a compañía El callejón del Gato deleitará ao público infantil con La cabeza del dragón.
  • Este xoves e venres arrinca o ciclo de concertos Atardecer no Gaiás, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, con dous concertos de balde que traen a dúas figuras destacadas no panorama musical español. Juancho Marqués, un dos referentes do hip hop estatal, será o encargado de estrear o escenario na Praza central do Gaiás o xoves 6 de xullo a partir das 21,00 horas. Na tardiña do venres, tómalle o relevo a proposta de pop electrónico de Rocío Saiz.
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o “Novo Rexurdimento” dunha Comunidade que, grazas ao esforzo dos galegos que a construíron desde dentro e desde fóra, pasou de ser unha terra de despedidas a unha terra de benvidas. Na entrega en Barcelona dos Títulos de Excelencia Galega 2023 da Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña, Rueda incidiu na Estratexia Galicia Retorna como unha aposta de país, modelo a seguir polo resto de comunidades para que os galegos do exterior teñan facilidades para regresar a estudar ou traballar en Galicia.
  • O Consello da Xunta ven de aprobar as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ao sector turístico para a promoción da dixitalización, por un importe de 1,5 M€. As axudas teñen por obxecto promover o desenvolvemento tecnolóxico e a transformación dixital das empresas turísticas pola incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, co fin de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do turismo.
  • O Consello da Xunta nomeou o xoves como novo director da Axencia de Turismo de Galicia a Xosé Manuel Merelles Remy. Nado na Rúa (Ourense), é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en varios medios de comunicación ata chegar á Xunta de Galicia no ano 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación da Presidencia, así como xefe de prensa na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e en Sogama.
  • O presidente da Xunta cualificou aos premiados pola D.O. O Ribeiro como baluartes da Galicia Calidade e do rural con oportunidades, e asegurou que os recoñecementos son proba do arraigo do sector, da excelencia dos viños galegos recoñecida dentro e fóra de Galicia e da confianza en que os produtos galegos poden conquistar o mundo. Alfonso Rueda valorou a forza da viticultura en Galicia, asegurou que a Xunta traballa para dar resposta as súas demandas, e subliñou a aprobación da Lei de recuperación da terra agraria, os preto de 30 millóns en axudas para investimentos, exportacións e reconversións; a futura Lei de calidade alimentaria e a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas.