Skip to main content

Notas

  • Celebrouse unha a mesa redonda a través de vídeoconferencia 'Hoteis de Galicia: abrimos? como? cando?', organizada pola Asociación de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra (ASEHOSPO), Hostelería de Vigo e Hosteleria de Pontevedra, onde se puxo de manifesto o traballo que se está a facer da man do sector para elevar os estándares de seguridade por riba da media no proceso de reapertura dos hoteis.
  • O conselleiro de Cultura e Turismo anunciou a elaboración dun Plan de Seguridade Sanitaria no eido turístico que permita reforzar a confianza neste sector unha vez rematen as restricións impostas por mor da crise sanitaria do coronavirus. Así o trasladou tras presidir unha xuntanza extraordinaria do Consello Galego de Turismo, órgano que conta coa presenza de representantes das distintas administracións, do mundo académico e do sector turístico.
  • O conselleiro de Cultura e Turismo mantivo un encontro por videoconferencia cos representantes das organizacións provinciais do sector turístico para coordinar a posta en marcha dos aloxamentos de garda en Galicia durante a crise do coronavirus. O conselleiro agradeceu aos representantes do sector a súa colaboración e lembrou que a nosa Comunidade conta con 157 aloxamentos turísticos a disposición de persoas afectadas pola crise.
  • Galicia porá 157 aloxamentos turísticos a disposición de persoas afectadas pola crise do coronavirus como traballadores desprazados que presten servizos esenciais, colectivos de especial vulnerabilidade social, como persoas sen fogar, en exclusión social e vítimas de violencia de xénero, ou cidadáns en tránsito. Esta iniciativa ofrece unha alternativa aos 829 afectados polo peche de establecementos turísticos adoptado polo Goberno central.
  • O Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións ten por obxecto recoñecer a investigadores nacionais ou estranxeiros que teñan publicado durante 2019 un traballo en formato libro, ou defendido unha tese de doutoramento, que tivera como tema de estudo o Camiño de Santiago ou as Peregrinacións. O galardón que chega xa á súa terceira edición, impulsado pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC.
  • Será a primeira Vía Verde da provincia da Coruña e a de maior extensión de Galicia, cun itinerario de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril que permitirá camiñar ou andar en bici desde o núcleo urbano de Cerceda ata a estación da Sionlla de Santiago, atravesando espazos de gran interese medioambiental, histórico e cultural, e contribuíndo a vertebrar os núcleos rurais da zona e terá unha importante repercusión turística e socioeconómica.
  • A Terraza é un testemuño singular dos pavillóns ou quioscos modernistas típicos dos anos 20 e representa un caso único de conservación dos inmobles desta tipoloxía e función na Comunidade Autónoma, ao ter sobrevivo á desaparición case absoluta dos seus coetáneos, dos cales existiron abondosos exemplos. Trátase, ademais, dunha construción sobranceira para Galicia polos seus extraordinarios valores culturais e unha dimensión social significativa asociada á identidade e historia recente da vila sadense.
  • Foi inaugurada na igrexa de Santa María A Real do Cebreiro a mostra itinerante 'O FIN DO CAMIÑO”', organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. Deste xeito, o proxecto chega ao final da súa primeira fase, na que a exposición percorreu o Camiño Francés en sentido inverso, desde Santiago de Compostela ata O Cebreiro. Están previstos novos desprazamentos nos vindeiros meses polo resto de Camiños, dentro e fóra de Galicia.
  • A programación de actividades organizadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural encherá de vida e arte a cidade ao longo deste ano 2020 coa celebración dunha decena de eventos culturais interdisciplinares, entre os que se inclúen festivais de teatro, encontros de danza, conferencias, escoitas electroacústicas, performances e certames de fotografía e videocreación, ademais de visitas guiadas e 19 concertos estruturados en ciclos de música de cámara e música galega de estilos variados.
  • A recén premiada co Goya a actriz revelación, dará o discurso de apertura do evento, o sábado 29 de febreiro ás 12.30 h na carpa do campo da feira. A súa carreira como actriz comezou en 2019 cando despois de que a súa filla a levara ao casting, debutou cun papel protagonista no filme “O que arde”, de Óliver Laxe, interpretación pola que aos seus 84 anos foi premiada o pasado 25 de xaneiro co Goya 2020 á mellor actriz revelación.