Skip to main content

Noticias

  • O reguetón feminista e combativo das madrileñas Tremenda Jauría suporán este sábado, día 18, un divertido e comprometido alfinete festeiro para pechar o Atardecer no Gaiás de 2018. Precisamente, este ciclo de concertos do verán, ao aire libre e de balde caracterizouse nesta edición por contar cun especial peso das voces femininas —maioría entre as súas 21 actuacións— e concedeulle máis espazo as cada vez máis emerxentes músicas urbanas. Para este gran fin de festa, a banda despregará tamén o seu repertorio de merengue-punk ‒contan cunha atrevida versión neste rexistro de La línea del frente de Kortatu‒e electro-cumbia con ritmos tropicais e letras sociais.
  • Atardecer no Gaiás chega xa á penúltima semana da súa edición 2018. Nesta ocasión, o ciclo de concertos que pon a banda sonora aos solpores do verán na Cidade da Cultura trae tres apostas orixinais, sorprendentes e reivindicativas chegadas de tres recantos da Península: Rodrigo Cuevas (Asturias), Pony Bravo (Andalucía) e Las Odio (Madrid). Os encargados de arrancar a semana este xoves serán o grupo sevillano Pony Bravo, que traerá ao Gaiás o característico humor que tingue as súas letras ‘protesta’, á vez que un directo sempre encomiado que os ten levado a festivais como o Primavera Sound e a cidades como Bos Aires ou Caracas.
  • A Cidade da Cultura programa para as noites dos venres de final do verán unha descuberta diferente e distendida das grandes exposicións que acolle arestora o Museo Centro Gaiás: Baldomero Pestana, a verdade entre as mans e Galicia Universal. A arte galega nas colección de ABANCA e Afundación. Será a través das Nocturnas, unhas visitas comentadas moi especiais, fóra do horario habitual de apertura do centro, que rematarán da mellor maneira: con boa música e petiscos.
  • O sector turístico galego pode solicitar xa as axudas para a certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), convocadas por Turismo de Galicia e ás que poderán concorrer establecementos de turismo rural e hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos complementarios.
  • A Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Plan de Calor, no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, informa dunha situación de alerta de vaga de calor en 43 concellos. Segundo informa Meteogalicia, agárdanse valores de temperatura máxima moi semellantes aos acadados onte. Isto quere dicir que novamente se superarán os 37ºC no Miño de Ourense e Pontevedra, Sur de Lugo e Valdeorras. Ademais, en moitos puntos do centro e sur da Comunidade as máximas superarán os 34ºC.
  • O ciclo de concertos ao solpor Atardecer no Gaiás continúa en agosto con tres propostas tranquilas e ben diferentes para musicar os xoves, venres e sábados do verán na Cidade da Cultura. O encargado de pórlle banda sonora á primeira das citas deste mes será Yuri Méndez, co seu proxecto Pajaro Sunrise. O traballo do cantante, músico, compositor e produtor nado en León oscila entre o pop, o folk e a música electrónica cantada en inglés. Os seus temas, ás veces divididos entre letras melancólicas e melodías alegres, foron escollidos para musicar desde series de televisión a anuncios publicitarios, entre os que destaca por ter aparecido, por exemplo, na serie norteamericana Castle.
  • Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía o fenómeno meteorolóxico adverso dará comezo maña a partir da 13 horas na zona do Miño, na provincia de Ourense e se estenderá ao suroeste da Coruña; zona do Miño, interior e Rías Baixas, na provincia de Pontevedra; ao sur de Lugo; e á zona de Valdeorras e montaña ourensán, a partir do venres 3 agosto. Poderán alcanzarse 41 graos centígrados na provincia de Ourense e nas outras provincias os valores poderán acadar os 38-39 graos centígrados.
  • Música no claustro regresa á catedral de Tui coa edición de maior envergadura e internacionalidade do festival, deseñado e coordinado por Samuel Diz. Durante sete días, do sábado 4 ao venres 10 de agosto, a programación ofrecerá reencontros coa música, co patrimonio e coa creación, aos que se suma o concerto de presentación realizado o pasado 14 de xuño no Museo Nacional de Escultura. Esta edición con dobre sede pon a atención no nome propio de Diego de Avellaneda, bispo de Tui durante preto dunha década no século XVI e arredor do que se articula un programa narrativo de catro concertos de primeiro nivel con músicas renacentistas, barrocas, contemporáneas e jazz.
  • Este órgano asesor da Xunta de Galicia vai organizar en 2021 o Congreso mundial 'Santiago de Compostela: camiño do saber, do andar e do crer', que afondará nas tradicións xacobeas e cultos locais en todo o mundo.
  • A Banda Artística de Merza, considerada a máis antiga de Galicia, réndelle tributo a Queen no marco do programa Atardeceres no Gaiás e dos actos de celebración do 190º aniversario da súa fundación. A formación crucense estará acompañada polo coro vigués Gli Appassionati neste concerto de estrea do novo proxecto Queen Symphony, que se poderá seguir mañá ás 21:00 horas con entrada libre e de balde, na praza central da Cidade da Cultura de Galicia. Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañados polo alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero; e mais polo presidente e director da banda, Francisco Fernández e David Fiúza, respectivamente.