Skip to main content

Noticias

  • A Comunidade galega viviu un mes de abril moi cálido e con precipitacións normais. Así se desprende do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que o cuarto mes de 2021 quedou caracterizado, en xeral, polas situacións anticiclónicas, interrompidas pola chegada de zonas de aire frío en altura que ocasionaban a presenza de chuvascos de carácter tormentoso. Esta situación fixo que as temperaturas medias estivesen por riba das agardadas nesta época do ano; mentres que as chuvias si se situaron moi próximas ás agardadas, incluso en algún punto do interior o mes pode considerarse húmido.
  • Nesta edición o festival ofrece catro concertos nunha escolma de mosteiros da Ribeira Sacra, á que se suma para o recital inaugural a igrexa ourensá de Santiago de Caldas, e a proxección dun documental, que terá lugar no Teatro Principal da capital ourensá. Así, o grupo italiano de música medieval Lareverdie abrirá o programa o día 4 de xuño na igrexa de Santiago de Caldas. O día 6, será o pianista catalán Daniel Ligorio quen ofreza un concerto no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín. O venres 11, no Teatro Principal, proxectarase o documental aragonés Nebra. El triunfo de la música, e, o sábado 12, o festival volverá á Ribeira Sacra co conxunto de música barroca asturiano Forma Antiqva.
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha ampliación no orzamento do 2º Plan de Rescate activado o pasado febreiro pola Xunta para aportar liquidez aos autónomos, microempresas e establecementos hostaleiros e de outra natureza afectados polos peches realizados por criterio sanitario. A Xunta engade 21 millóns de euros ao orzamento do 2º plan de rescate que inicialmente contaba con 75 millóns de euros, o que supón un aumento do 28%. O obxectivo deste incremento no orzamento do 2º plan de rescate é poder chegar, coma xa se fixo co 1º plan, á práctica totalidade das solicitudes que cumpran os requisitos.
  • O ano 2020 deixou en Galicia rexistros históricos en canto á redución do ruído ambiental. As medidas adoptadas fronte á covid durante o estado de alarma tiveron un impacto directo sobre a contaminación acústica ata o punto de que nas estacións máis representativas da Rede de ruído acadáronse valores con diminucións de ata un 50% respecto ao ano anterior. Esta é a principal conclusión do informe anual sobre a situación acústica en Galicia durante 2020 e que acaba de facerse público, coincidindo co Día internacional da concienciación sobre o ruído.
  • A inclusión do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas na Lista Ramsar converterá a Galicia na terceira comunidade española cun maior número de humidais distinguidos con este recoñecemento de carácter internacional, concretamente seis. Así o subliñou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen visitou o arquipélago de Cíes acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias. Tras lembrar que a candidatura do Parque Nacional para entrar na listaxe de humidais de importancia internacional foi ratificada a semana pasada polo Consello de Ministros, a conselleira explicou que, con esta decisión, só Andalucía e Valencia superan a Galicia no ranking estatal de zonas Ramsar, no que ocupa o terceiro posto xunto ao País Vasco.
  • O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia entra na Lista Ramsar, a Listaxe de humidais de importancia internacional. A Xunta de Galicia, polo tanto, celebra que a súa proposta de inclusión acabe de ser ratificada esta mañá por parte do Consello de Ministros na súa reunión semanal. O Parque Nacional cumpre con varios criterios que se fixan para a identificación deste espazo como humidal de importancia internacional, como é o feito de ser un exemplo representativo, raro e único, grazas á extensa rede de furnas mariñas que se localizan nas illas Cíes e Ons.
  • Grande éxito da iniciativa #QuedamosenGalicia tras esgotarse as tarxetas do bono turístico en cuestión de horas. Os galegos apuraron as súas solicitudes nada máis abrir o prazo, á medianoite, e 12 horas despois xa estaban expendidas as tarxetas dispoñibles nesta iniciativa posta en marcha para impulsar o turismo interno e axudar ao sector hostaleiro. O éxito da convocatoria quedou patente no feito de que, nas primeiras horas, rexistráronse na sede electrónica da Xunta unhas 150 peticións cada cinco minutos.
  • O festival Bal y Gay 2021 comezará no mes de maio co ciclo Schubert no Camiño asociado á Ruta Xacobea e en colaboración coa Schubertiada de Vilabetrán. Nesta primeira entrega levaranse a cabo tres concertos en tres etapas do Camiño do Norte. A primeira destas citas será o 14 de maio e correrá a cargo da pianista Judith Jáuregui, na Basílica de San Martiño (Foz). Na xornada do día 14 actuarán Cuarteto Cosmos e o violonchelista Fernando Arias na igrexa de Santa María, en Vilanova de Lourenzá. O último concerto será o día 16 na Catedral de Mondoñedo co tenor Christoph Prégardien e o pianista Daniel Heide.
  • O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe as novas medidas acordadas polo comité clínico de expertos sanitarios, entre as que destacou as relacionadas co toque de queda, as residencias de maiores e a hostalería. Logo de precisar que todas as decisións acordadas entrarán en vigor a partir deste venres 16 de abril, Feijóo confirmou que Galicia seguirá apostando por unha apertura “progresiva, puntual e proporcional”, tendo a prudencia como máxima.
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para solicitar desde mañá o bono tarxeta turística #QuedamosenGalicia que se poderá empregar nas ofertas e paquetes publicados polos establecementos adheridos nesta segunda convocatoria do programa. Así o anunciou hoxe o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, na visita ao Noa Boutique Hotel de Oleiros, unha das case 700 empresas que xa se uniron á iniciativa ata agora, o que supón arredor dun 24% máis que na convocatoria do ano pasado, que contou coa participación de 560 empresas. Así, esta nova convocatoria, posta en marcha xunto co Clúster Turismo de Galicia, permitirá mobilizar máis de 6,8 millóns de euros co obxectivo de reactivar o consumo interno mediante o estímulo do consumo e a demanda interna.