Skip to main content

Noticias

  • Representantes e conselleiros de comunidades autónomas polas que pasa o Camiño de Santiago mantiveron hoxe un encontro para explorar sinerxías de cara á promoción conxunta das rutas xacobeas e dos seus atractivos. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recibiu no Hostal dos Reis Católicos aos representantes de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León, Andalucía e Cataluña para manter un encontro no que sentar as bases das accións coordinadas que se poden poñer en marcha perante unha cita histórica como é o dobre Ano Santo, unha oportunidade para todos os territorios polos que atravesan as rutas xacobeas.
  • O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia volve albergar un verán máis unha completa programación de actividades astronómicas co obxectivo de diversificar o seu uso público e dar a coñecer entre os visitantes unha parte destacada dos seus recursos naturais: o ceo. Por quinto ano consecutivo, a Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía encargarase de dirixir e coordinar as distintas accións de dinamización previstas para difundir os valores que desde o ano 2016 acreditan a este espazo natural como destino turístico Starlight. Fegar contará coa colaboración e apoio do persoal do Parque no desenvolvemento das actividades, de carácter gratuíto e dirixidas a distintos sectores da poboación.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.086 deles 1.898 son da área da Coruña, 1.023 da de Lugo, 2.014 da de Ourense, 1.879 da de Pontevedra, 2.490 da área de Vigo, 1.357 da de Santiago e 425 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 119 en unidades de hospitalización e 10.946 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 128.174 persoas curadas, rexistrándose 2.442 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.468.140. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.281.726.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.319 deles 1.330 son da área da Coruña, 700 da de Lugo, 1.617 da de Ourense, 1.550 da de Pontevedra, 1.845 da área de Vigo, 976 da de Santiago e 301 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 82 en unidades de hospitalización e 8.223 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.459 persoas curadas, rexistrándose 2.441 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.447.140. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.223.330.
  • A Rede Galega de Teatros e Auditorios ten xa preparada a súa carteleira de espectáculos para o segundo semestre do curso, que desde o 15 de xullo levará 209 actuacións de teatro, danza, música, novo circo e maxia a 36 concellos de toda Galicia. Deste xeito e pese aos adiamentos e suspensións polo peche sanitario de primeiros de ano, serán máis de 500 as funcións desenvolvidas durante 2021 no seo deste circuíto cultural cofinanciado pola Xunta e as preto de 40 entidades locais asociadas, para o que se conta cun orzamento global superior aos 1,6 millóns de euros. Este segundo período de programación implicará a contratación de preto de 100 formacións artísticas profesionais de moi diferentes xéneros e estilos.
  • O ciclo Danza 3 ofrece esta fin de semana as tres primeiras das 15 citas protagonizadas por Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina. A Xunta de Galicia e o colectivo XOC, integrado polas devanditas agrupacións, promoven por noveno ano consecutivo esta iniciativa de difusión do baile e a música tradicionais, desta volta como parte da programación cultural do Xacobeo 21-22. Con este motivo, amplíase o percorrido do ciclo, que o ano pasado e a pesar das restricións sanitarias foi quen de manter a meirande parte das representacións previstas. Esta nova viaxe polas prazas e rúas dos 15 concellos participantes dará comezo mañá sábado en Burela.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa da obrigatoriedade de presentar o resultado dunha proba diagnóstica negativa ou o certificado de vacinación completa, para acceder aos locais de ocio nocturno nos concellos galegos nos que rexan as medidas do nivel medio. O titular da carteira sanitaria da Xunta, apuntou que o Executivo galego aposta polo desenvolvemento dun ocio seguro, ao tempo que trasladou a preocupación das autoridades sanitarias polo aumento de casos positivos entre a mocidade.
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 145º pleno do Comité Europeo das Rexións que rematou este xoves e tivo ocasión de debater co vicepresidente da Comisión para a Promoción do Modo de Vida Europeo, Margaritis Schinas, sobre A promoción dos valores europeos a través da cultura e da educación. Neste ámbito, o director xeral reivindicou o papel do Xacobeo 21-22 e do Camiño de Santiago, como elementos fundamentais para a transmisión dos valores culturais europeos e para a construción da identidade europea actual.
  • O Presidente afirmou que a partir do 1 de xullo estarán en funcionamento un total de 71 albergues da rede pública, e refiriuse ao Camiño de Santiago como un compendio de culturas e de valores, pero tamén de vontades de persoas e institucións por colaborar para facer deste Xacobeo 21-22 unha oportunidade de recuperación económica Destacou que a posta en marcha deste albergue pon de manifesto a aposta do Goberno galego pola rehabilitación e polo Casco Vello de Vigo, no que xa se recuperaron máis de 110 vivendas e 34 locais; e están en execución catro obras máis.
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ven de presentar a primeira edición do programa Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, nova iniciativa da Xunta que, nas súas palabras, supón unha "aclamación conxunta dun dos maiores bens culturais que ten a nosa Comunidade". A partir da convocatoria pública que se activou coincidindo coa celebración do Día Internacional da Danza, seleccionáronse as 23 compañías galegas que, xunto con sete formacións do resto de España, Francia e Portugal, lle dan forma a esta iniciativa que reflicte o "magnífico momento creativo" da danza en Galicia, ao tempo que poñer en valor o noso gran patrimonio cultural e paisaxístico.