Noticias
-
A exposición 'Faraón. Rei de Exipto' pecha as súas portas este domingo 15 de agosto na Cidade da Cultura, onde continúa a congregar diariamente a centos de persoas visitantes para gozaren desta escolma de pezas procedentes das coleccións do British Museum, que poden verse no Gaiás froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación ”la Caixa” e o propio museo británico, no marco do Xacobeo 21-22. A exposición, que achega por vez primeira a Galicia esta escolma de 140 pezas de arte exipcia con máis de 3.000 anos de historia, explora o simbolismo e o ideario da monarquía do país do Nilo, á vez que tenta desvelar as historias que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que deixou esta antiga civilización.
-
O programa inclúe máis de 30 concertos por toda a xeografía galega, outras actuacións enmarcadas en ata catro xiras (algunhas mesmo fóra da Comunidade) e a gravación de catro proxectos musicais. Así mesmo, están previstas unha decena de accións como encargas a compositores, proxectos dirixidos a promover a música clásica entre os máis novos ou a fomentar dentro destas entidades o uso de plataformas dixitais para a difusión das súas creacións. O obxectivo desta programación é reforzar a presenza da música clásica na celebración do Xacobeo, achegándoa ao gran público.
-
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo. Por outra banda, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.622 deles 4.144 son da área da Coruña, 2.212 da de Lugo, 1.664 da de Ourense, 2.703 da de Pontevedra, 4.646 da área de Vigo, 2.216 da de Santiago e 1.037 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 257 en unidades de hospitalización e 18.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 139.948 persoas curadas, rexistrándose 2.479 falecementos.
-
As baixas temperaturas rexistradas o mes pasado convertérono 'no xullo máis frío desde 2012'. 'O sétimo mes do ano foi inestable e irregular, con frío nas comarcas atlánticas, seco e con poucos días de sol. O valor medio das temperaturas situouse nos 19.0ºC, o que resulta unha anomalía de -0.66ºC respecto ao período de referencia para o conxunto da Comunidade e fai que este período se considere como frío e que haxa que mirar case unha década cara a atrás para atopar un precedente similar. A media das máximas situouse nos 23.2ºC, mentres o das mínimas foi de 12.4ºC.
-
Os datos do paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo confirman, tal e como valorou hoxe a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, que Galicia non só segue a resistir á covid-19 (hai preto de 40.000 parados menos que en abril de 2020, que marca o impacto inicial da crise sanitaria), senón que a cifra de parados rexistrada en xullo (151.934) é menor á de febreiro de 2020 (166.229), xusto antes do inicio da covid-19. O desemprego, ademais, baixou tanto na evolución anual como mensual e nas catro provincias e sete grandes cidades, nas mulleres, nos menores de 30 e maiores de 44 anos e nos principais sectores económicos.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.807 deles 4.002 son da área da Coruña, 2.257 da de Lugo, 1.763 da de Ourense, 2.925 da de Pontevedra, 4.577 da área de Vigo, 2.302 da de Santiago e 981 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 285 en unidades de hospitalización e 18.479 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 137.899 persoas curadas, rexistrándose 2.464 falecementos.
-
Máis dun millón de likes en stories, vídeos e publicacións, máis de 800.000 reproducións dos clips de vídeo que foron subindo ás súas redes, máis de 300 stories cunha media de alcance superior ás 270.000 persoas entre os catro instagrammers, máis de 3.000 comentarios,… son algunhas das cifras que suma a iniciativa Instagrammers no Camiño, que tivo continuidade nas redes sociais despois de que os catro protagonistas remataran a súa experiencia, que os levou entre o 8 e o 11 de xullo polo Camiño Portugués.
-
A cuarta edición do Congreso Internacional da Cátedra institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC foi o foro no que se deron a coñecer os 21 microproxectos de investigación, divulgación e pedagóxicos concedidos pola propia cátedra a través dunha convocatoria pública co apoio da USC, a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e a Catedral de Santiago. Coa participación de preto dun cento de participantes de xeito presencial e en liña, o Congreso pretendía poñer en valor a actividade científica, divulgadora e didáctica de investigadores, entidades e universidades involucradas no estudo do Camiño e as Peregrinacións.
-
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a decisión do comité clínico de limitar as reunións de non conviventes, cunha especial énfase nas nocturnas, e permitir a apertura da hostalería cun control de acceso nos niveis de incidencia máis alta. Durante a súa comparecencia para dar conta da reunión do comité de expertos sanitarios, na que se avaliou a situación actual como consecuencia da pandemia, Feijóo referiuse nun primeiro termo aos concellos que se atopan nos niveis de incidencia máis alta. Así, en concreto precisou que pasan a nivel máximo sete concellos: O Barco de Valdeorras, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Sanxenxo, Meaño e O Grove.
-
Se ben a pandemia reduciu drasticamente o número de persoas que realizaron o Camiño de Santiago o pasado ano, segundo un estudo do impacto da COVID-19 no perfil do peregrino, a satisfacción coa experiencia de realizar o Camiño segue sendo moi alta: o 95% dos peregrinos enquisados durante o período de verán do pasado ano recomendarían facer o Camiño. Tamén valoran positivamente a información dispoñible e a percepción da seguridade sanitaria, eidos nos que maioritariamente perciben unha alta seguridade sanitaria. Concretamente un 70% das persoas consideran que, en conxunto, a sensación de seguridade ao longo do camiño foi alta ou moi alta.