Skip to main content

A gastronomía galega promociónase no Taste of Spain de Edimburgo (Escocia)

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, promocionará a gastronomía galega esta fin de semana na cidade escocesa de Edimburgo, dentro do programa desenvolvido en colaboración con Turespaña, Taste of Spain. As principais rúas desta cidade británica acollerán durante o sábado 16 e o domingo 17 de xullo unha mostra dos produtos gastronómicos galegos, xunto aos doutros territorios españois.

Deste xeito, os cidadáns de Edimburgo que se acheguen á estrutura instalada nas rúas poderán degustar produtos de calidade da gastronomía galega e recibir cumprida información das súas características e das posibilidades turísticas de Galicia.

Ademais, no marco desta actividade de promoción, os asistentes poderán asistir á actuación do grupo musical galego Radio Cos, como mostra da cultura galega.

Público británico

Esta promoción realizouse xa en Londres, entre os días 12 e 13 de maio, na contorna de Canary wharf –zona de negocios londinense-, onde se levou a cabo unha promoción dos viños das cinco denominacións de orixe galegas. O evento Taste of Spain tamén se desenvolveu entre os días 10 e 11 de abril na cidade de Liverpool, onde os seus habitantes tamén tiveron a oportunidade de achegarse á gastronomía galega, e entre os días 1 e 4 de xullo en Leeds.

A través da promoción Taste of Spain, o turismo e a gastronomía de Galicia puidéronse achegar xa este ano a máis de 75.000 persoas en Gran Bretaña.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia