A gastronomía galega promociónase no Taste of Spain de Edimburgo (Escocia)
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/taste_of_spain.jpg)
Deste xeito, os cidadáns de Edimburgo que se acheguen á estrutura instalada nas rúas poderán degustar produtos de calidade da gastronomía galega e recibir cumprida información das súas características e das posibilidades turísticas de Galicia.
Ademais, no marco desta actividade de promoción, os asistentes poderán asistir á actuación do grupo musical galego Radio Cos, como mostra da cultura galega.
Público británico
Esta promoción realizouse xa en Londres, entre os días 12 e 13 de maio, na contorna de Canary wharf –zona de negocios londinense-, onde se levou a cabo unha promoción dos viños das cinco denominacións de orixe galegas. O evento Taste of Spain tamén se desenvolveu entre os días 10 e 11 de abril na cidade de Liverpool, onde os seus habitantes tamén tiveron a oportunidade de achegarse á gastronomía galega, e entre os días 1 e 4 de xullo en Leeds.
A través da promoción Taste of Spain, o turismo e a gastronomía de Galicia puidéronse achegar xa este ano a máis de 75.000 persoas en Gran Bretaña.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia