Skip to main content

Me & The Bess + Alto Volta abren TerraZeando 2017 na capital de Galicia

ME AND THE BEES (Barcelona)
Me and the Bees voltaron neste 2017 cun dous discos que está destinado a ser referencia en todas as listas do mellor do ano. "Menos Mal" é un compendio de referencias clásicas no melódico, destilando hedonismo en combinación cun espírito próximo ao das bandas senlleiras do indie americano dos 90.
Un traballo sobrado de melodías e de estribillos marabillosos, cheo de cancións concisas, directas e nutridas de electricidade, que nos levan a evocar os mellores momentos de The Breeders, The Amps ou Pavement.

ALTO VOLTA (Valga)
Con Cazador TerraZeando tiña unha débeda pendente, contraída o ter que suspender dúas veces o seu concerto na edición de 2015. Non houbo tempo a liquidala, xa que a banda esvaeceuse cando estaba nun magnífico estado de forma. Rebautizados como Alto Volta e incluindo presenza feminina á batería, o avance do que será o seu primeiro traballo, deixa claro que o folque americano e o shoegaze continúan a ser as súas influencias máis recoñecibles e que nunca se debe perder a fe.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela