Me & The Bess + Alto Volta abren TerraZeando 2017 na capital de Galicia
 ME AND THE BEES (Barcelona)
ME AND THE BEES (Barcelona)Me and the Bees voltaron neste 2017 cun dous discos que está destinado a ser referencia en todas as listas do mellor do ano. "Menos Mal" é un compendio de referencias clásicas no melódico, destilando hedonismo en combinación cun espírito próximo ao das bandas senlleiras do indie americano dos 90.
Un traballo sobrado de melodías e de estribillos marabillosos, cheo de cancións concisas, directas e nutridas de electricidade, que nos levan a evocar os mellores momentos de The Breeders, The Amps ou Pavement.
ALTO VOLTA (Valga)
Con Cazador TerraZeando tiña unha débeda pendente, contraída o ter que suspender dúas veces o seu concerto na edición de 2015. Non houbo tempo a liquidala, xa que a banda esvaeceuse cando estaba nun magnífico estado de forma. Rebautizados como Alto Volta e incluindo presenza feminina á batería, o avance do que será o seu primeiro traballo, deixa claro que o folque americano e o shoegaze continúan a ser as súas influencias máis recoñecibles e que nunca se debe perder a fe.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela
  




