Skip to main content

Notas

  • A XVIII romaría etnográfica "Raigame" dedica esta edición ás feiras ao longo dos séculos XIX e XX e ao gando, e contará como novidade coa representación dunha feira de gando e coa mostra de exemplares das diferentes razas autóctonas gandeiras, así como demostracións dos traballos que realizaban. As rúas de Vilanova, un ano máis punto de encontro da etnografía galega, encheranse un ano máis de oficios tradicionais e cultura popular.
  • Entre o 27 de xuño e o 6 de xullo, diversos espazos de Vilagarcía de Arousa albergarán a segunda edición do Festival Internacional de Música clasclas. Como avance, o festival presentarase o luns 29 en Santiago de Compostela, nun concerto da man da chelista Anastasia Kobekina na compaña da pianista Olga Kobekina, que interpretarán un programa composto por obras de Stravinsky, Prokofiev e Tchaikovsky.
  • A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide contará co chef Paco Roncero, un dos máis importantes do panorama gastronómico nacional dentro e fora das nosas fronteiras, como pregoeiro da súa vixésimo oitava edición. O evento terá lugar o domingo 12 de maio en Melide pero, ademais, o chef galardoado con dúas estrelas Michelin amosará tamén as súas cualidades na cociña nun showcooking doce con degustación o sábado 11 de maio.
  • A organización da Feira do Viño do Ribeiro (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro), que este ano alcanza a súa 56ª edición e terá lugar os días 3, 4 e 5 de maio de 2019 en Ribadavia, presentou o seu programa no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón). A Feira do Viño do Ribeiro, senlleira dentro das festas vitivinícolas que se celebran en Galicia, cada ano aumenta o seu número de participantes e de público que se achega a Ribadavia para gozar deste evento.
  • Tui celebrará do sábado 20 ao luns 29 de abril – festivo local na cidade – as Festas na honra a San Telmo cunha programación pensada para todos os públicos. A presentación dos festexos tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, a concelleira de Educación, Mila González, e a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Muradás.
  • É unha iniciativa coa que 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios introducirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida ou indicación xeográfica protexida, así como de asociacións e empresas con presenza na provincia. Entre abril e novembro e durante os últimos 10 días, os restaurantes que se sumaron a esta campaña porán á disposición dos clientes pratos elaborados con distintos produtos de Lugo.
  • Os premios convocados están distribuídos en catro categorías: actuacións realizadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas galegas; actuacións realizadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago; actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou pemes; e iniciativas de carácter académico, investigador ou educativo.
  • O 17º Ribeira Sacra mestura a música de artistas internacionais coa promoción patrimonial, natural, vitivinícola e gastronómica dos establecementos da zona. A programación inclúe concertos no Parador de Monforte, no Miradoiro de Santiorxo, na Praza de España de Chantada, no Catamarán de Doade, nas Adegas Regina Viarium, Vía Romana e Algueira, e na Reitoral de Gundivós. Nas próximas semanas iranse dando a coñecer máis novidades.
  • Moncho Borrajo, José Luis Cuerda e Alejandro Dolina estarán na Coruña o 19 de maio como premiados –e invitados de honra- do Encontro Mundial de Humorismo. Os tres xenios da comedia desfilarán pola primeira alfombra vermella do humor acompañados por personalidades do mundo da cultura na gala espectáculo “Fantastic Colofon”. O obxectivo é converter A Coruña nun punto de encontro para a industria e os profesionais do humor.
  • A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio en Ribadavia, e da a coñecer dúas actividades novidosas para a presente edición. Por un lado, decidiuse facilitar o procedemento de contacto entre os profesionais e as adegas participantes mediante un sistema de rexistro. Doutra volta, tamén se presenta o RibeiroBUS, para achegar a cultura do viño aos asistentes.