Notas
-
O Consello da Xunta aproba un decreto que adapta a normativa estatal ás características do ámbito xeográfico galego e que deroga o anterior decreto de 2005, euiparando as piscinas das casas rurais e de agroturismo, colexios maiores e residencias ás dos dos aloxamentos turísticos.
-
O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o vindeiro domingo 22, Día Europeo sen Coches, dende a área de Mobilidade se fará unha “demostración da futura peonalización da Mosqueira”, cortándose ao tráfico esta zona, usándose a praza para realizar actividades para as nenas e nenos da cidade.
-
A constitución deste Conselho, ven reforzar a alianza entre Portugal e Galicia, para avanzar de xeito conxunto na posta en valor dos Camiños que atravesan o país luso, sendo Galicia a única entidade non portuguesa presente neste Conselho, que se constituiu en Lisboa, no Pazo da Ajuda, sede do Ministerio de Cultura. Dentro desa alianza, a Xunta brindou a súa colaboración para achegar a súa experiencia na certificación e a xestión integral das Rutas Xacobeas
-
O 21 de setembro chegará o que será o último festival do verán misturando música, gastronomía e reciclaxe co Camiño Portugués da Costa. O Barbeira SeaSon Fest será un encontro directamente ligado ao Camiño de Santiago e que terá en Baiona un dos seus puntos destacados. O festival terá dous escenarios, a praia de Barbeira, de Baiona, e a horta do Parador Conde de Gondomar. Na praia ofreceranse diversas accións artísticas vinculadas ao Xacobeo.
-
En cada unha das sete etapas das que consta a acción, que comezará o 17 de setembro, o proxecto invitará a centros educativos e colectivos sociais dos concellos polos que pasarán os peregrinos a sumarse á iniciativa. Ademais farase un estudo da accesibilidade cognitiva das casas consistoriais dos tramos polos que discorrerá Xacobeo Autismo e, en caso de ser necesario, mellorarase a súa sinalización con pictogramas.
-
A mostra fotográfica ‘Vía Láctea, guía de Peregrinos a Galicia’ reúne en Santiago de Compostela 40 láminas gran formato realizadas en aluminio seleccionadas do libro editado por Lúdica7 Galicia un lugar mágico para contemplar las estrellas. As fotografías realizadas por Daniel Llamas e Daniel Lois mostran a aparición da Galaxia dende diferentes lugares único de Galicia. A exposición está no claustro alto do Colexio de Fonseca da USC onde se poderá visitar ata o próximo día 26.
-
Constituise a rede provincial de concellos termais de Ourense, unha agrupación integrada por 15 municipios que permitirá garantir a estabilidade destes asentamentos dentro da provincia e seguir, así, impulsando o potencial económico e turístico destas augas. Esta normativa céntrase expresamente no emprego lúdico das augas termais, complementando a normativa vixente sobre a súa práctica terapéutica.
-
A presenza de Galicia neste evento enmárcase na estratexia de reforzar a presenza internacional e achegar tamén o Ano Santo 2021 a mercados de crecente interese como está a demostrar ser o estadounidense. É xa o terceiro mercado internacional do que proveñen máis viaxeiros, por detrás de Portugal e Alemaña. O ano pasado máis de 110.000 estadounidenses escolleron Galicia como destino turístico.
-
Estas xornadas gastronómicas realízanse todos os meses exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro. Os locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes.
-
O ciclo DJ’s no Camiño chegará o vindeiro martes 13 a Ordes, por onde transcorre o Camiño Inglés, cun set especial de David Expósito, CDC Djs e Marcos Magán. O espectáculo, terá lugar a partir das 23,30 h. na Alameda desta localidade coruñesa, como arranque das festas patronais de Santa María, e desenvolverase nun gran escenario de 20 metros, con 40.000 watios de son, seis pantallas xigantes, agasallos para o público e fogos de artificio.