El botafumeiro de la Catedral de Santiago seguirá exhibiéndose todos los viernes a través del convenio Homenaje al Peregrino, vigente desde 2013
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:
Os peregrinos, visitantes e composteláns poderán ver en funcionamento o botafumeiro todos os venres do ano ás 19:30 horas, salvo o Venres Santo, grazas ao acordo asinado entre o Turismo de Santiago, a Asociación Hostalería Compostela, a Catedral de Santiago e a Cámara de Comercio.
As catro entidades renovan así un convenio de "Homenaxe ao Peregrino" que naceu no 2013, mediante o cal se garante o funcionamento do botafumeiro un día concreto á semana para que os interesados en velo poidan planificar a súa visita a Santiago. Ata entón, o botafumeiro só podía verse nas datas marcadas pola liturxia ou no caso de que alguén o solicitase previamente.
O convenio foi subscrito en Raxoi pola concelleira de Turismo, Reyes Leis; a presidenta de Hostalería Compostela, Sara Santos; o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; e o administrador da Catedral, Francisco Domínguez.
O botafumeiro é o enorme incensario usado dende a Idade Media como instrumento de purificación dunha Catedral na que se apiñaban as multitudes. Para poñelo en movemento precísanse oito homes, chamados "tiraboleiros", que o traen da Biblioteca cargado de incenso e carbón. Tras atalo á maroma que pende fronte ao altar maior con tres grosos nós, bombéano tirando con forza e precisión cando se atopa no punto máis baixo do seu percorrido.
Este incensario alcanza en só minuto e medio unha velocidade de 68 quilómetros por hora e chega a formar un ángulo de 82 graos sobre a vertical, describindo un arco de 65 metros de amplitude ao longo do transepto. No seu percorrido, o botafumeiro suma 17 ciclos de vaivén.
O botafumeiro aparece xa no Códice Calixtino, mencionado como Turibulum Magnum, polo que o ritual data, cando menos, do século XII. Entón era pendurado dunhas vigas de madeira cruzadas no cimborrio. O mecanismo actual, baseado no movemento por roldanas e a lei do péndulo, foi deseñado durante o Renacemento polo mestre Celma.
No século XV, o rei Luís XI de Francia costeou a fabricación dun incensario de prata, pero no 1809 foi subtraído polas tropas napoleónicas acampadas no claustro da Catedral. Na actualidade existen dous incensarios, que se gardan na Biblioteca Capitular: o máis antigo é de 1851 e foi creado polo ourive José Losada. Está feito de latón bañado en prata, mide 160 centímetros de altura e pesa arredor de 62 quilogramos. O segundo é unha réplica en prata de anterior, agasallo dos Alféreces Provisionais á Catedral no 1971.
Na súa historia case milenaria, o botafumeiro protagonizou moi poucos accidentes. O día do Apóstolo de 1499, mentres honraban á princesa Catarina de Aragón, o botafumeiro saíu voando e estampouse contra a porta de Praterías. O segundo fallo tivo lugar o 23 de maio de 1622, cando a corda rompeu e o botafumeiro caeu contra o chan.

R.