Skip to main content

Los planes Camiño 2021 e Integral 2014-2016 marcan como retos adaptar el itinerario xacobeo y alcanzar los 5 millones de turistas

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o Plan Camiño 2021, co horizonte ata o próximo Ano Santo, adaptará o itinerario xacobeo ás novas afluencias de turistas; revitalizará as súas rutas; favorecerá a conservación e protección do itinerario, conforme aos valores da UNESCO; promoverá o seu estudio; e incidirá na súa difusión e divulgación, a través do sistema educativo ou as tecnoloxías.

“Queremos preservar e promover o Camiño de Santiago, que xa transcende do ámbito europeo para converterse nun fenómeno mundial, para que perviva no tempo como legado para as futuras xeracións”, aseverou Feijóo, durante o acto de presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2015.

Así mesmo, afirmou que estas medidas complementaranse coa posta en marcha este ano 2015 dun Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de Santiago.

O titular da Xunta referiuse tamén á Catedral de Santiago e á posta en marcha dun programa de actuacións de conservación e restauración, “para o que foi imprescindible –recoñeceu- a implicación do Goberno de España”.

Feijóo resaltou que o Camiño de Santiago sitúa Galicia no mapa internacional de destinos turísticos. Concretamente, o pasado ano, foron 237.886 os peregrinos que chegaron á capital galega, procedentes de ata 140 países diferentes, o que sitúa a 2014 como o mellor ano non xacobeo da historia en afluencia de peregrinos.

Durante a súa intervención, o presidente do Goberno autonómico explicou tamén que o Plan integral de turismo 2014-2016 xa comezou a dar os seus froitos: “Un dos nosos principais obxectivos era incrementar o turismo internacional e podemos dicir que logramos un máximo histórico. Galicia superou por primeira vez o millón de turistas estranxeiros, un 20,6% máis que o ano anterior”, precisou.

No tocante á ocupación hoteleira, subliñou que o pasado ano se rexistrou un incremento do 7,2% de viaxeiros aloxados na Comunidade. En total, foron máis de catro millóns de turistas os que visitaron Galicia en 2014, converténdoa nun dos destinos con máis viaxeiros.

Diante destas cifras, Feijóo aseverou que a próxima meta da Comunidade para 2016 será alcanzar os cinco millóns de turistas, “e para isto seguiremos poñendo o noso empeño en coidar unha oferta ampla que sendo apta para todos os gustos e petos ten en común a súa identificación coa excelencia e a calidade”.

No tocante a Fitur 2015, o responsable autonómico resaltou a importancia de mostrar, “a través deste gran escaparate de case mil metros cadrados, os tesouros da Comunidade galega, “porque Galicia –dixo- é un país que sempre sorprende”.

Feijóo precisou que Galicia lidera a oferta de establecementos -268 en total- distinguidos co selo Q de calidade turística de España; “somos a comunidade con maior oferta certificada de aloxamentos turísticos, co 20,7% do total do Estado, e tamén somos líderes en número de distincións en empresas e servizos estratéxicos como son os balnearios ou as empresas de turismo activo”, dixo, logo de facer referencia ás Xornadas de portas abertas das Rutas dos viños de Galicia, para promover o turismo arredor das cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas.

Por último, salientou que a Comunidade galega conta coa costa con máis praias con bandeira azul do Estado, con sete parques naturais e con cinco Reservas da Biosfera, con máis de 50 espazos naturais encadrados na Rede Natura 2000 e con numerosas Zonas de Especial Protección de Aves.
R.