Skip to main content

La reunión anual de Amigos del Camino de Santiago en Estados Unidos se centró en el 800º aniversario de la peregrinación de San Francisco

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela interveu cun relatorio no Annual Gathering of Pilgrims da asociación norteamericana de Amigos do Camiño American Pilgrims of the Camino, que nesta ocasión se celebra en Belleville, en Illinois. Sánchez Bargiela dedicou a súa intervención a explicar os diferentes eventos que compoñen a programación en Galicia do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, que conforman unha ampla axenda artística, cultural, expositiva e musical e que contarán entre eles coa organización do I Encontro Internacional de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

O xerente do Xacobeo convidou aos membros e representantes das diferentes agrupacións que compoñen esta amplísima asociación norteamericana –que conta con máis de 21 asociacións locais noutras tantas cidades dos Estados Unidos- a participar neste gran evento internacional que se celebrará en Santiago de Compostela en maio de 2015. Sánchez Bargiela incidiu no especial agradecemento que a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, quere trasladar a colectivos como American Pilgrims, que desenvolve unha intensa labor a prol da difusión do fenómeno de peregrinación a Santiago de Compostela, así como polo seu gran traballo de promoción do destino Galicia que repercute no constante incremento da cifra de camiñantes estranxeiros que ano tras ano percorren a Ruta Xacobea.

A asociación realiza tamén traballos relacionados coa formación de hospitaleiros que desenvolven a súa labor en diversos albergues do Camiño de Santiago a través do programa ‘Amigos’ promovido por entidades de amigos do Camiño. Previamente á celebración das conferencias que forman parte deste encontro que se celebra anualmente no país norteamericano, o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo mantivo un encontro de traballo cos responsables da asociación no que se abriron novas vías de colaboración entre a entidade dependente de Turismo de Galicia e o ente asociativo americano para colaborar en temas relacionados coa hospitalidade tamén en Galicia e a difusión do Camiño en localidades do país a través da organización de exposicións e accións de cooperación en redes sociais e publicacións.

American Pilgrims é unha das principais entidades de Amigos do Camiño que existen na actualidade, tanto en relación ao seu volume de asociados –máis de 2.000- como no tocante ao volume de actividades que desenvolven para promover e difundir a cultura xacobea. Dende Estados Unidos chegaron 10.125 peregrinos en 2013 e é o 4º país estranxeiro no ranking de procedencia dos peregrinos.

Nas sesións que conformaron o encontro anual participou tamén a responsable dos Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, Lanzada Calatayud, que expuxo a ampla oferta de cursos existentes arredor do Camiño que se organizan anualmente en colaboración coa Xunta de Galicia.

Fotografía: http://www.xacobeo.es/
R.