Skip to main content

Fotografías de Olga Seoane sobre las romerías de Saintes Maries de la Mer, en el Museo de las Peregrinaciones de Compostela

La muestra, que permanece abierta hasta el 3 de noviembre, recopila fotografías que documentan las romerías y las celebraciones en las tres fechas conmemorativas. La autora de las instantáneas, Olga Seoane Paulus, ha explicado en la rueda de prensa de presentación de la exposición que el título 'Peregrinación a Saintes Maries de la Mer. Gens du chemin' hace también alusión a que en esta zona de Francia comienza una de las vías del Camino Francés.

La idea, ha indicado, surgió "de casualidad" en una investigación sobre los cátaros, el Santo Grial y la figura de María Magdalena, que según una leyenda llegó a esta zona del Sur de Francia en una barca. La autora de las fotografías ha destacado el bullicio y la presencia de músicos en las romerías y ha indicado que se trata de una celebración en la que no sólo participan los gitanos.

El secretario xeral de Cultura de la Xunta, Anxo Lorenzo, ha señalado que esta exposición pretende dar "más profundidad y perfil museológico social" al Museo das Peregrinacións y ha indicado que a esta muestra irán vinculadas varias actividades que programará el centro este año. Entre otras citas, ha destacado la del 18 de mayo, Día Internacional de los Museos. Así, ha explicado que habrá charlas de representantes de la Fundación Secretariado Xitano y sesiones de cuentos, dirigidas a alumnos de segundo y tercer curso de primaria, para darles a conocer la cultura gitana. Asimismo, habrá visitas guiadas para alumnos de primaria, secundaria y bachillerato.

El director del museo, Bieito Pérez Outeriño, ha indicado que la museología tradicional se basa en el objeto y "olvida que el objeto verdadero del museo no es la pieza, sino el ciudadano". En este caso, confía en que la muestra atraiga a público "no asiduo" y que centre la atención en "un sector muy olvidado", el de los gitanos. Pérez Outeiriño dice que el museo quiere contribuir a resaltar valores como "la diversidad, el respeto y la tolerancia". "El conocimiento es lo que da pie al respeto", ha sostenido. El director del museo ha destacado, además, que la selección de las piezas que conformarán la exposición permanente en la nueva sede -en las antiguas instalaciones del Banco de España, en Praza das Praterías- está "preparada". Lorenzo ha agregado, sobre esta ubicación que estarán "tocándola con las manos" en 2014.

Anxo Lorenzo ha adelantado que habrá una muestra sobre el trabajo de "viejos fotógrafos vivos" en Santiago, proyectada para 2014; así como un trabajo sobre iconos rusos y proyectos de restauración de material medieval encontrado en un edificio de Casas Reais o de un órgano del siglo XIX.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A fotógrafa Olga Seone transmite a súa mirada sobre as celebracións que teñen lugar cada ano arredor do santuario francés de Nôtre Dame de la Mer na nova exposición que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Unviversitaria presenta no Museo das Peregrinacións e de Santiago, que se poderá visitar ata o 3 de novembro na Casa Gótica de Santiago de Compostela.

Les gens du chemin. Peregrinación a Saintes Maries de la Mer é o título desta mostra conformada por 40 imaxes, tomadas entre 2008 e 2012, coas que a artista achega o público aos milleiros de peregrinos procedentes de todo o mundo que visitan este templo para participar na festividade en honor ás saintes Maríes ─Salomé e Jacobé─ e tamén para renderlle culto a santa Sara Kali, a virxe negra, padroa dos xitanos.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez; o director do museo, Bieito Pérez; e a propia artista, Olga Seoane, presentaron esta mañá a exposición, conformada por un total de 40 fotografías tomadas ao longo de cinco anos –entre 2008 e 2012–, que será inaugurada mañá, ás 20:00 horas, polo secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén.

Os rituais que teñen lugar así como o fervor dos asistentes, principalmente xitanos de diversos países, supoñen unha riqueza cultural da tradición viva e adquiren un colorido inusitado que incita a moitos fotógrafos a recoller coas súas cámaras imaxes suxestivas e singulares das celebracións e dos propios peregrinos. Así o fixo a autora deste proxecto durante os cinco anos en que reuniu o material que conforma esta exposición, conformada por “auténticos documentos gráficos cheos de vida, colorido e devoción”.

As fotografías de Olga Seoane “transmiten a intensidade das emoción vividas por todos os que peregrinan a Saintes Maries de la Mer e son unha unha oportunidade única para achegarlle ao público o coñecemento da historia da esencia da cultura xitana”. Nesta liña, a mostra sitúase no marco da museoloxía social, enfocada a atraer o interese de público que non participa habitualmente na oferta cultural que ofrecen os museos.

A peregrinación a este santuario da Provenza non está á marxe da peregrinación a Santiago de Compostela, xa que da veciña cidade de Arlés fan partir algúns autores a Vía Tolosana, que á súa vez conectaría coa Vía Francíxena que conduce a Roma. É por iso que boa parte dos peregrinos tanto xacobeos como romeiros simultanearían as súas peregrinacións a Santiago de Compostela e a Roma coa peregrinación ao santuario de Nôtre Dame de la Mer.

Xunto coa posibilidade de visitar esta mostra aberta a toda a cidadanía, o museo porá en marcha arredor da exposición diversas actividades dirixidas á comunidade educativa e de carácter gratuíto. Actividades que se enmarcan, ao mesmo tempo, na conmemoración do Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio.

Entre estas actividades inclúese Quen somos os Rroma?, un relatorio impartido por Sebastián Porras, vicepresidente da Fundació Pere Closa –entidade privada de Barcelona que ten por obxectivo principal a formación e promoción do pobo xitano– e mais por Irene Jiménez, mediadora intercultural da Fundación Secretariado Gitano de Lugo. A actividade, dirixida especialmente a estudantes universitarios de Educación Social, Traballo Social, orientadores de educación secundaria e público adulto en xeral, realizarase o 14 de maio ás 19:00 horas.

Vinculada coa mostra, o museo tamén programará a actividade Contos Rromané, unha iniciativa dirixida por Sebastián Porras e polo guitarrista Manuel Cortés para dar a coñecer a cultura xitana e afondar nos conceptos de igualdade e diferenza. Destinadas a alumnado de 2º e 3º de primaria, as sesións realizaranse os días 14, 15 e 16 de maio. Finalmente, haberá vistas dinamizadas á exposición conducidas por un educador de museos e un educador de apoio de etnia xitana e dirixidas a alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria, ESO e bacharelato, do 22 de maio ao 20 de xuño.

Ademais da exposición de Olga Seoane, a actividade expositiva do museo para 2013 contempla os traballos preparatorios para outras dúas mostras, que se realizarán o próximo ano. En primeiro lugar, unha mostra sobre José Guitián, un dos grandes vellos fotógrafos vivos de Santiago de Compostela. As súas fotografías, obtidas ao longo de más de sete décadas, son hoxe verdadeiras iconas e documentos utilísimos para poder interpretar a evolución histórica da urbe compostelá. En segundo lugar, a mostra sobre a colección Santos-Illuega, de 251 iconas rusas e outros obxectos relixiosos dos séculos XVI ao XIX.

Na programación de iniciativas previstas polo museo inclúense tamén varios proxectos de restauración. Destacan a dos materiais procedentes das intervencións arqueolóxicas realizadas na rúa da Raíña, nº 11, e no solar do antigo Banco de España, entre os que se inclúen os primeiros materiais de madeira de época medieval que se documentan en Santiago de Compostela procedentes de intervencións arqueolóxicas reguladas. Tamén se prevé a restauración dun órgano do século XIX, construído por Mariano Tafall. Trátase dunha iniciativa de importante valor para a recuperación do noso patrimonio musical que se prevé coordinar coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan do Xacobeo. Xunto coa restauración do órgano está previsto recuperar 50 libros contorais, do século XVI ao XIX, de titularidade estatal, que forman parte da colección estable do museo.

Olga Seoane Paulus naceu en Metz (Francia) en 1964, aínda que a súa vida académica e laboral se desenvolveu case na súa totalidade na cidade de Santiago de Compostela. Na capital galega gradúase en Artes Aplicadas, especialidade de Fotografía Artística, na Escola de Arte Mestre Mateo. Será tamén aquí onde exerza a súa actividade profesional como monitora neste campo, entre os anos 1993 e 2006, e como fotógrafa independente.

Na década dos 90 participa como compoñente en colectivos artísticos como Cemento óptico o Din 7 e intervén en exposicións colectivas en diversas institucións culturais galegas como o Museo do Pobo Galego ou o Ateneo de Ferrol. Tamén é autora de mostras como Kaleidos (2002-2003), en colaboración con Mónica Couso, e Luces y vanos (2003).
R.