Skip to main content

La nueva Ley de Turismo elimina la autorización previa para abrir un negocio de hostelería

Lo han explicado el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y el conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, que han fijado como objetivo principal de esta norma la gestión "única e integral" del turismo, encaminada a "consolidar" un sector "estratégico" que supone el 10% del Producto Interior Bruto (PIB) de Galicia.

El Gobierno gallego da, así, luz verde al anteproyecto de la nueva Ley de Turismo gallega, que apuesta por la "reorganización" del territorio, con la creación de "geodestinos" turísticos en la Comunidad que estarán "perfectamente delimitados", al tiempo que recupera, "por su mayor conocimiento", la figura de la pensión, eliminada en la anterior normativa.
Junto con la "reorganización" territorial, la futura normativa incorpora otras novedades como la flexibilización de los trámites para prestar un servicio turístico, de acuerdo con lo establecido por la directiva europea. Así, bastará con "una declaración responsable" para que un establecimiento pueda empezar a funcionar y la Xunta comprobará de oficio, en un plazo de tres meses, que cumple con los requisitos exigidos.

Aquellas personas interesadas en abrir un negocio de hostelería contarán en breve con un trámite administrativo menos, la autorización previa, según establece el anteproyecto de ley de Turismo aprobado por la Xunta. Según esta normativa, será preciso que las personas que pongan en marcha un negocio, un hotel, por ejemplo, deberán realizar una declaración responsable que la Administración autonómica debe comprobar antes de tres meses.

La nueva ley turística con la que contará Galicia una vez que supere los trámites parlamentarios, retoma también "la figura de la dispensa", de tal forma que los empresarios que decidan poner en marcha un negocio turístico en lugares "muy específicos" -como cascos históricos o casas rurales en aldeas abandonadas- quedarán "dispensados" de trámites que sí se exigirán para otras ubicaciones.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a nova Lei do Turismo de Galicia, cuxo proxecto foi aprobado polo Consello da Xunta, nace do consenso co sector e aposta pola diversificación de todas as posibilidades turísticas da comunidade autónoma. En rolda de prensa tras a reunión semanal do Goberno, Feijóo fixo fincapé na importancia do sector turístico para a economía galega, posto que supón o 10 por cento do PIB da comunidade autónoma e o 10 por cento do total da súa poboación activa.

“Unha das poucas alegrías que tivemos en Galicia no ámbito económico no ano 2010 foi o sector do turismo”, esgrimiu Feijóo, para reiterar que o proxecto de lei aprobado hoxe polo Consello é froito do traballo consensuado co sector ao longo destes últimos meses. Ademais, sinalou que vén dar resposta á vontade do Executivo autonómico de dar cumprimento ao calendario lexislativo durante esta segunda parte da lexislatura.

O mandatario galego comprometeu o traballo da Xunta para incentivar este sector e promover o seu desenvolvemento e progreso. “Imos seguir traballando no turismo desde todos os puntos de vista”, apostilou. Neste sentido, lembrou o éxito acadado co Xacobeo ou a creación da marca Galicia, na que dixo que a Xunta “vai seguir insistindo” ao ser unha marca propia de Galicia, “porque non hai mellor marca de Galicia que Galicia”, puntualizou. Tamén citou o Plan de Acción do Turismo de Galicia, ou dous atractivos turísticos cos que conta a nosa comunidade como o Parque de arte rupestre de Campo Lameiro e a Cidade da Cultura.

Pola súa banda, durante a súa intervención, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, destacou que a realidade da oferta e da demanda turística de Galicia exixe “un marco xurídico adecuado ás súas necesidades e que proporcione flexibilidade e axilidade de resposta”.

Roberto Varela recordou que a reforma da lei dá resposta “a unha petición do sector, recollida no Plan de Acción de Turismo de Galicia 2010-2013 elaborado tras o Debate do Estado do Turismo, e está amplamente consensuada co propio sector”. “En definitiva, búscase fortalecer a posición da empresa turística galega, e lograr un destino turístico atractivo, diferenciador e competitivo en servizos”, engadiu.

O responsable de Cultura e Turismo salientou que a nova lei “ten moi en conta a capacidade do turismo para acadar un reequilibrio territorial”, e que busca “un desenvolvemento sustentable que respecte e poña en valor os recursos propios de Galicia para así conseguir reforzar a promoción da nosa Comunidade como destino referencial baixo o paraugas da Marca Galicia”. Segundo Varela, “a través desta lei procuramos a creación de sinerxías na promoción, a diversificación da oferta turística galega, a desestacionalización da demanda turística e a profesionalización do sector para acadar a excelencia nos servizos prestados”.
R.