Skip to main content

La Confederación de Empresarios de Galicia estima una ocupación hotelera del 70% en Semana Santa, si el tiempo ayuda

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Secretaría Xeral para o Turismo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, vén de facer públicos os datos estimativos de ocupación turística ofrecidos pola Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA) de cara a vindeira Semana Santa, que falan dun total do 70% no conxunto da comunidade autónoma.

Así, e segundo os datos de reservas ofrecidos pola patronal a día 11 de abril, a media dos establecementos hoteleiros da provincia da Coruña acadaría un máximo do 68,23%, seguidos dos da provincia de Pontevedra, cun promedio de ocupación lixeiramente inferior, en concreto do 68,14%. A categoría de hoteis da provincia de Lugo estímase nun 64,27% mentres que os de Ourense quedarían nun 59,27%.

A cifra estimativa extraída tendo en conta as reservas actuais ofrecidas pola patronal, que traballa en constante colaboración coa Administración turística galega, poderán variar en función das condicións climatolóxicas que se dean durante o período festivo. Outro condicionante pode ser o comportamento do consumidor, que tende, cada vez máis, a realizar ou cancelar reservas a última hora. En xeral, as previsións detectan unha tendencia máis favorable na ocupación dos establecementos de categoría superior fronte aos de categorías inferiores, dado aos baixos prezos ofertados nos primeiros.

No caso da provincia de A Coruña, aumenta considerablemente a cifra de ocupación na zona de Ferrol, cuxa Semana Santa está declarada como de Interese Turístico Nacional, e en Santiago de Compostela. Na provincia de Lugo a porcentaxe de previsión ascende na zona da Mariña Lucense, onde tamén contan coa coñecida Semana Santa de Viveiro. En Ourense a previsión é maior no caso dos hoteis balnearios, mentres que en Pontevedra sobresaen zonas de costa como Sanxenxo, Baiona e Vilagarcía.

Antes do comezo da Semana Santa realizarase unha segunda previsión de cifras de ocupación para tentar de axustala o máximo posible á realidade.

Meteogalicia: http://www.meteogalicia.es/web/index.action
R.