El espectáculo Camiños en danza, del Centro Coreográfico Galego, entra en su recta final con cuatro actuaciones en septiembre
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O ciclo “Camiños en danza” do Centro Coreográfico Galego chega ao seu fin este mes de setembro con catro presentacións nas localidades lucenses de Portomarín, Sarria, Triacastela e O Cebreiro, últimos destinos deste programa de difusión da danza actual galega mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada. A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Xacobeo 2010 colaboran nesta iniciativa que se vén desenvolvendo dende o pasado mes de xullo en emprazamentos ao aire libre e de tránsito público de localidades emprazadas nalgunha das rutas de peregrinación a Compostela.
Tralas escenificacións de mañá día 2 en Portomarín (20.00 horas na praza Condes de Fenosa), o sábado 4 en Sarria (20.30 h na praza da Vila), o martes 7 en Triacastela (20.00 h na praza da Igrexa) e o xoves 9 no Cebreiro (20.00 h no Campo da Festa), o ciclo terá completado o seu percorrido por un total de 17 concellos galegos.
Co subtítulo Etheria sae ao teu paso, “Camiños en danza” ofrece a actuación de entre 6 e 10 bailaríns e bailarinas integrantes do espectáculo de orixe, que saen ao encontro dos viandantes cunha interpretación de 20 minutos de duración e música de percusión en directo. En cada emprazamento, os bailaríns realizan unha acción escénica diferente, na que xogan co baile e adecúan a súa actuación a cada espazo concreto.
Etheria, a viaxe soñada é a cuarta produción propia da unidade de danza pertencente á Consellería de Cultura e Turismo a través de Agadic. Dirixida pola coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez, a peza amosa unha particular visión do mundo das peregrinacións a través da recreación da historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega. O espectáculo continúa a súa xira galega, que recalará en Sober o vindeiro día 18.

R.