Skip to main content

Xacobeo 2010: el dispositivo sanitario atendió a más de 3.600 peregrinos

La conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, ha asegurado que el dispositivo sanitario puesto en marcha para el Xacobeo 2010 "atendió a más de 3.600 peregrinos" en los puntos de atención instalados para ofrecer una "respuesta eficaz y satisfactoria" a todos los caminantes que "así lo necesiten". De esta manera lo ha destacado la titular del departamento sanitario de la Xunta durante su visita al punto de atención a los peregrinos situado en la zona vieja de Santiago de Compostela, en donde ha conocido de "primera mano", los servicios de los que se pueden "beneficiar" los peregrinos.

La conselleira ha destacado que "todos los peregrinos" que han realizado encuestas a cerca de la "calidad de los servicios recibidos", en 99 por ciento de los casos han considerado la asistencia sanitaria muy satisfactoria, y, además, un 89 por ciento de los encuestados opinaron que las instalaciones empleadas son "muy adecuadas". Pilar Farjas ha explicado que desde la puesta en marcha de este dispositivo impulsado por la Fundación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, el pasado día 1 de abril, fueron atendidas un más de 3.600 personas en los puntos habilitados, que en un 92 por ciento de los casos correspondieron a "lesiones menores", mientras que un 8 por ciento de los atendidos necesitaron ser trasladados a los hospitales.

La conselleira de Sanidade también ha subrayado el esfuerzo realizado por las Xerencias de Atención Primaria a través del "refuerzo de los recursos" en los principales centros de salud de las rutas jacobeas, y, además, ha resaltado la colaboración con otras instituciones -como la Fundación Hospitalaria Orden de Malta- para "reforzar la asistencia sanitaria" en los actos religiosos.

En concreto, desde el pasado 15 de julio y hasta el día 15 de septiembre, hay refuerzos en los centros de salud de los municipios coruñeses de Melide, Arzua, Arca (O Pino), Padrón y en los centros santiagueses de Fontiñas y en el Ambulatorio Concepción Arenal.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A titular do departamento sanitario da Xunta de Galicia, Pilar Farjas Abadía, achegouse á Casa do Deán, na zona do casco histórico de Santiago, para coñecer, de primeira man, os servizos que están a disposición dos peregrinos que se acheguen ante a necesidade de asistencia sanitaria. A Consellería de Sanidade activou un Plan de Asistencia ao Peregrino con motivo do ano Xacobeo 2010, xa que, segundo destacou Farjas Abadía, o obxectivo do seu departamento foi ofrecer, en todo momento, unha resposta axeitada accesible, permanente, eficaz e satisfactoria a todas e todos os peregrinos que así o precisasen.

Neste senso, a conselleira de Sanidade congratulouse polo alto grao de satisfacción dos cidadáns atendidos, tal e como se amosa nas enquisas recibidas. Así, o 99% dos peregrinos atendidos consideraron a asistencia sanitaria e a información recibidas como satisfactorias, bastante satisfactorias ou moi satisfactorias. Ademais, o 89% opinaron que as características das instalacións empregadas para prestar a asistencia son moi axeitadas, e en relación á accesibilidade, o 98% opinaron que estes son accesibles, bastante accesibles ou moi accesibles.

Dende a posta en marcha do dispositivo da Fundación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o 1 de abril, os dispositivos sanitarios do Xacobeo atenderon un total de 1.868 peregrinos, dos que 1.041 recibiron asistencia no punto de atención sanitaria da Casa do Deán, e 827 peregrinos se achegaron ao punto de atención do Monte do Gozo. Ambos dispositivos resolveron o 92% dos cadros recibidos, e só foi preciso derivar a un 8% do total aos hospitais.

Por idades, o pico máis elevado en canto ao intervalo rexístrase en persoas entre 20-29 anos, con 456 persoas atendidas, seguido dos peregrinos entre 30 e 39 anos, con 383 persoas, e dos de 40 a 49 anos con 332 persoas. Tamén se atenderon a 170 persoas menores de 19 anos, a outras 286 de entre 50 e 59, a 176 entre 60 e 69 anos, e outras 54 maiores de 70 anos.

O dispositivo sanitario de Urxencias Sanitarias para o Xacobeo ten tamén rexistrado a orixe das persoas que acudiron, das que o 78,5% dos peregrinos atendidos son españois. Os madrileños, seguidos dos galegos, son os cidadáns das dúas comunidades que destacan sobre os demais, atendendo aos rexistros do 061. Doutras nacionalidades, os peregrinos que rexistraron máis atencións eran, por este orde, de orixe italiana, alemana, francesa, estadounidense, portuguesa e brasileira, entre outros.

Os motivos de atención máis comúns son propios de longos días e horas camiñando, así como un estilo de vida ao que o corpo non está acostumado. Do total de peregrinos que se achegaron para recibir asistencia aos Puntos de Atención ao peregrino do Monte do Gozo e Casa do Deán, nun 51,6% tratouse de lesións de pel, seguido dun 15,3% de deterioro da deambulación, nun 11,05% de problemas de mobilidade física (escordaduras, tendinites, torceduras...), e o resto de problemas de saúde tratados foron a causa de fatiga, infeccións respiratorias, molestias gastrointestinais, etc.

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, tamén destacou o esforzo que están a realizar as Xerencias de Atención Primaria reforzando os seus recursos nos centros de saúde das principais rutas xacobeas; e tamén resaltou a colaboración con outras institucións –como a Fundación Hospitalaria Orden de Malta - para reforzar a asistencia sanitaria dos peregrinos que o precisen.

En concreto, a Xerencia de Atención Primaria de Santiago, en previsión dun aumento da demanda de asistencia nos centros de saúde que se atopan nos distintos camiños que acceden a Compostela, e debido á grande afluencia de peregrinos que se esperan nos meses de verán, decidiu reforzar os seus dispositivos asistenciais. Así, dende o 15 de xuño e ata o 15 de setembro de 2010, aínda que este período poderase prolongar de considerarse necesario, hai reforzo nos centros de saúde de Melide, Arzúa, Arca (O Pino), Padrón, Fontiñas, e no Ambulatorio Concepción Arenal. Actualmente, atendéronse un total de 1.801 persoas.

A experiencia de Xacobeos anteriores permitiu a Urxencias Sanitarias deseñar o Plan de Asistencia Sanitaria ao Peregrino, atendendo á afluencia de peregrinos, determinándose horas e épocas puntas de demanda asistencial.

Ademais da Casa do Deán, que atende en horario de 10,00 a 14,00 horas, e de 16,00 a 20,00 horas, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 puxo en marcha outro punto de atención sanitaria para este Xacobeo no Monte do Gozo, onde permanece un enfermeiro en horario de 17,00 a 20,30 horas. Tamén, Urxencias Sanitarias, a través dos teléfonos 061 e 902 400 116, dá resposta as 24 horas do día, a calquera cidadán que visite Galicia e se atope ante unha situación de urxencia sanitaria.

Así mesmo, levouse a cabo unha campaña informativa e de prevención que inclúe a edición dunha Guía sanitaria do peregrino, con información aos visitantes sobre os diferentes puntos de asistencia sanitaria, e en que situacións deben chamar ao 061, que se distribuíu en albergues, hoteis e oficinas de turismo dos oito camiños. A esta publicación, engadíronse folletos divulgativos sobre consellos e medidas preventivas referidas ao tipo de roupa e calzados recomendados, alimentación, etc.
R.