Skip to main content

Presentados el sello y la moneda del homenaje numismático y filatélico al Xacobeo 2010

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta de Galicia, congratulouse pola homenaxe numismática e filatélica ao Ano Santo Compostelán e amosou o seu desexo de que os coleccionistas e destinatarios compartan e divulguen a mensaxe de esperanza que trae consigo cada Xacobeo. “Que este Ano Santo de 2010 coincida cunha situación de crise, -dixo- obriga inevitablemente a realizar gastos máis modestos, pero fai que resalte máis o significado profundo da celebración”.

Así mesmo, lembrou que “se a moeda única é o gran símbolo da nova Europa, o Camiño de Santiago é a ruta que labrou o europeísmo”. “Os peregrinos –resaltou- ían deixando atrás os seus medos e atopando novas esperanzas. Saíran das súas terras de orixe cunha identidade local, e retornaron tras aprender a ser europeos, xunto a conxéneres que falaban diferentes linguas e aínda tiñan moedas diversas”.

Feijóo, subliñou así, durante a presentación do selo e moeda conmemorativa do Xacobeo 2010, que neste acto se funden historia e modernidade. “Na moeda de colección que hoxe se presenta, irmándase a efixie do gran protagonista da España democrática, a Súa Maxestade o Rei Don Juan Carlos, co botafumeiro que saúda ao peregrino; e o selo conmemorativo se incorpora a unha longa tradición, xa que son máis de sesenta selos alusivos que serviron para divulgar por todo o mundo as ilustracións do Códice Calixtino, ou as obras de grandes artistas galegos como Isaac Díaz Pardo ou Eugenio Granell”.

No tocante ao Camiño de Santiago, o presidente do Goberno galego destacou que son dúas as respostas que atopan os peregrinos que fan o camiño: a cooperación e a esperanza. “Quen chega a Santiago –aseverou- fai aquí provisión de esperanza. A peregrinación ten a virtude de ser a un tempo solitaria e solidaria. Sirve para atoparse a un mesmo e para darnos conta de que pertencemos a unha comunidade máis ampla na que podemos atopar protección, e coa que podemos formar unha forza capaz de dominar as dificultades”.

Para Feijóo o Camiño de Santiago non é outra cousa que un traxecto que vai do medo á esperanza, da inquietude á calma, da incerteza á confianza; “e se este camiño é imperecedeiro débese a que xentes de todos os tempos e culturas sentiron a inquedanza de épocas difíciles, e buscaron unha resposta. A celebración do Ano Santo nos recorda que os problemas que acucian ao mundo moderno non son novos”, concluíu.
R.