Skip to main content

El Comité de Rutas estudiará la demanda del transporte aéreo en Galicia y el impacto de las compañías low cost en la economía gallega

La Comisión Técnica del Comité de Rutas Aéreas de Galicia iniciará sus reuniones en abril con el objetivo de elaborar un estudio sobre la demanda de transporte aéreo en Galicia, con datos aportados por las encuestas de Aena, y otro sobre el impacto económico de las compañías de bajo coste en la economía gallega. Así lo decidió el Comité en su primera reunión, en la que se constituyó de manera efectiva la Comisión Técnica del organismo, que se encargará del trabajo efectivo, y que está integrado por técnicos de los ayuntamientos de A Coruña, Santiago y Vigo, los directores de los tres aeropuertos, la secretaria xeral para o Turismo, el director xeral de Mobilidade y representantes de la Confederación de Empresarios y las cámaras de comercio de A Coruña, Santiago y Vigo.

Este órgano será el encargado de elaborar el plan de acción bianual y las propuestas concretas de actuación para el desarrollo de nuevos enlaces desde Galicia, para lo que se tendrán en cuenta las conclusiones de este estudio. Asimismo, también analizará la posible mejora de las conexiones entre los tres aeropuertos y entre los aeródromos y las ciudades.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Consello Xeral do Comité de Rutas Aéreas de Galicia constituíu a Comisión Técnica, que será o órgano interno encargado de planificar e executar o plan de acción para coordinar e fortalecer o sistema aeroportuario galego. Nunha reunión celebrada esta mañá en Santiago, o Consello tamén decidiu realizar de forma inmediata é un estudo da demanda do transporte aéreo en Galicia, no que se analizará a mobilidade actual e potencial con orixe e destino en Galicia, así como unha análise do impacto que os convenios de patrocinio coas liñas de baixo custe está a ter Galicia.

A reunión do Consello, a primeira dende que se creou o Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas dos Aeroportos da Rede de AENA en Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e tamén estiveron presentes o conselleiro de Cultura, Roberto Varela; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o director de Aeroportos de AENA, Javier Marín; Ignacio Biosca, directivo da División de Relacións Internacionais de AENA; o tenente alcalde do Concello de A Coruña, Henrique Tello; o concelleiro vigués Carlos León; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, e directivos das cámaras de comercio de A Coruña e Vigo

Hernández salientou a importancia que a Comisión Técnica creada terá no desenvolvemento dos obxectivos plantexados, xa que será o órgano de traballo do Comité de Rutas que fixará as directrices de actuación e aprobará o plan de acción anual. A secretaría técnica deste órgano será desenvolvida inicialmente polo propio persoal da Dirección Xeral de Mobilidade. Esta comisión manterá reunións mensuais para facer un seguimento do traballo e conseguir unha maior efectividade nas súas funcións. A primeira delas terá lugar este mesmo mes de abril.

O estudo técnico sobre a demanda do transporte aéreo en Galicia considérase básico para a diagnose do sistema aeroportuario galego. O conselleiro afirmou que estes datos son dunha extraordinaria importancia para acertar no plantexamento das novas rutas aéreas. O estudo partirá das enquisas que AENA realiza periodicamente entre os usuarios, que serán analizadas por parte da comisión técnica para definir as demandas de mobilidade dos cidadáns. Tamén se levará a cabo de xeito inmediato unha análise de rendibilidade dos resultados que están a ter os patrocinios ás liñas aéreas de baixo cueste, particularmente na xeración de actividade económica.

O Comité de Rutas Aéreas reuniuse por primeira vez tras a sinatura o pasado mes de xaneiro do convenio de colaboración do Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas dos Aeroportos da Rede de AENA en Galicia. O Comité de Rutas ten como principal obxectivo promover as actuacións necesarias para o fortalecemento da conectividade aérea mediante o establecemento e promoción de novas rutas aéreas nacionais e internacionais, de acordo coas necesidades e o potencial da nosa comunidade. Tamén terá como finalidade a de incrementar a carga aérea dos tres aeroportos galegos, aumentando o pasaxe de negocio e a afluencia de turistas, ademais de servir como canle de participación dos sectores afectados polo transporte aéreo ante as administracións públicas.

O Comité de Rutas Aéreas conta cun Consello Xeral, presidido polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e formado tamén polos alcaldes dos tres concellos con terminal aeroportuaria: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, o conselleiro de Cultura e Turismo, o delegado do Goberno en Galicia e o presidente de AENA, así como por representantes das Cámaras de Comercio da Coruña, Santiago e Vigo e un representante da Confederación de Empresarios de Galicia.