Skip to main content

Xacobeo 2010: el presidente de la Xunta defiende el protagonismo de empresas y artistas gallegos que concentran el 75% de los actos

"Más de 61 artistas de la comunidad están ya comprometidos con el evento", sentenció el jefe del Ejecutivo en respuesta a una cuestión formulada por el portavoz parlamentario del BNG, Carlos Aymerich, quien pidió a Feijóo que "intervenga como presidente" en la Consellería de Cultura para "cambiar el rumbo" de un Xacobeo que, a su juicio, "no se nota nada de nada" en Galicia y que sólo beneficia "a empresas de fuera ligadas al PP". Frente a ello, el máximo mandatario autonómico ratificó la apuesta de su Gobierno por las firmas y artistas de la comunidad e identificó el "protagonismo" de la cultura gallega como uno de los dos objetivos claves del Xacobeo, junto con la "internacionalización", que la Xunta aspira a alcanzar a través de la programación del evento.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendió de esta forma el trabajo hecho por el Gobierno gallego "en ocho meses" para preparar el Xacobeo 2010 y, frente a las críticas del BNG, aseguró que el 75% de los actos aprobados para la cita están organizados por "empresas, colectivos o artistas gallegos", cuyo "protagonismo" reivindicó. De hecho, Núñez Feijóo explicó, que están cerradas 500 actuaciones y que la Xunta confía en llegar a 2.000 actividades programadas en todo el año. También defendió las estrategias de promoción y subrayó que "por primera vez" en las Cortes Generales los documentos se imprimen con el logotivo del Xacobeo. Además, respaldó la labor de su equipo en materia de financiación, infraestructuras y restauración de los Caminos. "Aumentamos un 60 por ciento los presupuestos de la empresa pública del Xacobeo, tenemos 16 millones de euros consolidados en patrocinio y esperamos llegar a los 20 al final de esta andadura", anunció.

En el polo opuesto, Aymerich reclamó a Feijóo que "intervenga directamente y tome decisiones" ya que, en su opinión, el evento necesita "una nueva campaña publicitaria" contratada "a poder ser" con empresas gallegas para "restaurar" la marca Xacobeo y "ligar" el evento a Santiago y a Galicia. "Por eso debe dialogar con el sector turístico y hotelero", subrayó y pidió a la Xunta "que promocione la cita, porque está todo por hacer". "¿Le parece normal que se difunda el Xacobeo inaugurando el Xacobeo en Jaca?", se preguntó y manifestó su preocupación por la baja ocupación hotelera, que cifró "en un 12 por ciento menos" que durante el último Año Santo -en 2004- y subrayó que el sector hotelero "apenas tiene cubierto el 40 por ciento de la ocupación" para los tres días principales de la Semana Santa. "Varela -por el conselleiro de Cultura- puede darse un paseo por Santiago para ver el ambiente y que no se nota nada", aconsejó el portavoz nacionalista, que defendió el Xacobeo "como un asunto de país", en el que el BNG "siempre estará dispuesto a colaborar".

De hecho, Aymerich aprovechó la pregunta para demandar a Feijóo que "cumpla" y recurra el Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) después de que las negociaciones de la reunión bilateral celebrada ayer en Madrid sobre la Ley de Cajas "no llegasen a buen puerto". "El Camino de Santiago es plenamente constitucional, al menos hasta que lo recurran", fue el único comentario de Feijóo en relación a las cajas, en una pregunta en la que, frente a los datos negativos del BNG, destacó que la caída de las pernoctaciones en Galicia durante el año 2009 fue del 3,8 por ciento, mientras que bajaron "el doble" en el ámbito estatal.

En el mismo ejercicio apuntó que la ocupación de apartamentos subió un 10,5 por ciento en la comunidad, frente a la caída del 7,7 por ciento del Estado y que el turismo rural subió 8 puntos frente a los 2 que cayó en el conjunto de España. Sobre los cámpings, aludió a un incremento del 1,4 por ciento en su ocupación, frente al 0,3 por ciento que descendió en el ámbito estatal. También recurrió a los datos de peregrinos correspondientes al primer mes de este año. "Crecieron un 65 por ciento más que en 2009 y un 25 por ciento más que en el último Año Santo", aseveró y justificó su presencia en Roncesvalles durante la inauguración del Xacobeo puesto que, reiteró, "es donde nace el Camino". Con todo, garantizó al BNG que los Príncipes de Asturias -también presentes en el act-- así como todos los presidentes autonómicos que acudieron a Jaca, se desplazarán también a Galicia, "que es donde acaba el Camino". "Espero que los Reyes también acudan", incidió y añadió que si su Gobierno hubiera tenido "tres años y medio" --como el bipartito-- en vez de "ocho meses", la programación y promoción se habría cerrado "en época de vacas gordas".

Censuró la subida del IVA y del IRPF por parte del Gobierno de Zapatero por su "impacto" en el consumo y su influencia negativa en el Xacobeo, pero confió en que, aún así, la economía gallega en 2010 -en parte, gracias a este evento en el que "seguirá trabajando"- abandone "datos negativos y números rojos y pase a datos positivos y números negros". "Intentaremos que la economía gallega crezca más del 0,1 o 0,2 por ciento que son las previsiones, frente a la economía española, con una previsión negativa de entre el 0,3 y el 0,5 por ciento", prometió.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou que o Goberno galego, no actual contexto de crise económica, confía en superar os 20 millóns de euros en patrocinios do Xacobeo 2010 que, segundo aseverou, está plenamente comprometido coa promoción da cultura galega. Así o manifestou na sesión de control do Parlamento, onde indicou que a Xunta ten incrementado nun 60 por cento o orzamento da Sociedade de Xestión do Xacobeo con respecto ao 2009, 43,1 millóns de euros; e que, grazas ás negociacións cos patrocinadores, se teñen conseguido xa achegas superiores a 16 millóns de euros.

O mandatario galego asegurou que, a tan só oito meses do inicio do Ano Xacobeo, o Goberno galego tivo que afrontar todo o que non estaba feito en financiamento, programación, promoción e no acondicionamento de rutas e de infraestruturas. Recoñeceu, así, que o bipartito tivo “tres anos e medio para preparar o Xacobeo”, mentres que o seu Goberno só dispuxo de nove meses.

“Se tiveramos tres anos e medio pódolle asegurar que os camiños de Santiago estarían rehabilitados e que teriamos a programación confirmada e feita hai tempo, e que toda a promoción do Camiño de Santiago en época de vacas gordas a teriamos conseguido, sen ter que ir agora a buscar a promoción en época de vacas fracas”, abondou.

Con respecto á programación, o titular do Goberno autonómico afirmou que están confirmadas 500 actuacións de distinta índole e que a Xunta aspira a acadar, a finais de 2010, as 2.000 actividades programadas. Todo, puntualizou, con dous obxectivos: internacionalizar o Xacobeo e o dotalo “do maior protagonismo e presenza da cultura galega”. “Conseguimos internacionalizar a programación cultural e, ao mesmo tempo, garantimos o protagonismo e a presenza da cultura galega e as industrias culturais de Galicia”, apuntou.

Feijóo indicou que o Xacobeo está plenamente comprometido coa promoción da cultura de Galicia e fixo fincapé en que “o 75 por cento dos proxectos aprobados” son propostas de empresas, colectivos ou artistas galegos, dos que, 61, xa teñen confirmada a súa presenza. Referiuse, neste punto, á forte campaña de promoción do Xacobeo que se está a realizar, á aposta polos patrocinios publicitarios e á participación en feiras e actos institucionais.

Lembrou, así, a “forte campaña de promoción” realizada a finais de ano, á que seguirá outra no mes de marzo, dixo, e indicou que “por primeira vez” conseguimos que as Cortes Xerais impriman todos os papeis oficiais co logo do Xacobeo 2010. Así mesmo, resaltou que este evento conta con importantes patrocinios deportivos de equipos como o Xacobeo de baloncesto, “que xoga por primeira vez na ACB”, o Lobelle, “un dos mellores equipos de Europa de fútbol sala”, e o equipo ciclista herdado da anterior etapa.

Neste contexto, sinalou que a Xunta puxo en marcha o Plan de restauración e posta en valor dos Camiños de Santiago, e anunciou que está preparado o Plan corrector dos camiños, dotado con 5,8 millóns de euros nunha primeira fase para o camiño Francés, o Portugués e o de Fisterra-Muxía; e con 6,3 millóns de euros na segundas fase, que abrangue a rede de albergues do Camiño Inglés, do Norte, o Primitivo e a Vía da Plata.

Ademais, agregou que xa está en funcionamento o Plan Integral Conxunto de Rehabilitación dos edificios que percorren o Camiño de Santiago, con axudas para preto de 500 parroquias e cun investimento de 14 millóns de euros. E destacou que xa está deseñado o Plan de Voluntariado e que a Xunta ampliará a oferta de prazas en albergues para duplicar as 3.000 actuais.

Feijóo apuntou que a inauguración do Ano Santo celebrouse en Roncesvalles porque “é onde se inicia o Camiño Francés que é o máis transitado”, e asegurou que os presidentes autonómicos que alí iniciaron con el o Camiño van finalizalo en Compostela. Neste punto, confirmou que os Príncipes de Asturias visitarán Santiago con motivo de Ano Santo, así como os Reis de España. “Iso é abrir o Xacobeo ao resto do mundo, e non pechalo; e iso, é o que tentamos facer; supoño, e estou convencido, coa axuda de todos vostedes”, enfatizou.

O titular da Xunta puxo tamén de manifesto cómo o actual contexto económico está a mermar os datos do turismo en todo o mundo, a pesar de que, segundo puntualizou, en Galicia descende menos que no resto do Estado. Así, expuxo que no ano 2009 a pernoctación en hoteis baixou en Galicia o 3,8 por cento, mentres que en España o dobre; a ocupación de apartamentos na nosa comunidade acadou o 10,5 por cento, e en España baixou o 7,7 por cento. No pasado ano, o turismo rural medrou en Galicia 8 puntos e, no Estado, 2; e a ocupación dos cámpings creceu en Galicia o 1,4 por cento mentres que, no conxunto do país, baixou o 0,5 por cento.

A este respecto, sinalou que, no que vai de ano, obsérvase un incremento notable do número de peregrinos nos albergues da S.A Xestión do Plan do Xacobeo. De feito, apuntou que só en xaneiro rexistrouse un 25 por cento máis de afluencia que no último Ano Santo e un 63,5 por cento máis que en 2009.

O presidente recoñeceu que a suba dos impostos do IRPF e do IVE vai afectar á capacidade de consumo da poboación, posto que, observou, “hai menos xente traballando, menos capacidade de gasto e máis impostos e iso, non beneficia ao Xacobeo”, apostilou.

“Imos seguir traballando para conquerir que a economía galega no ano 2010 abandone os datos negativos e os números vermellos e se incorpore aos datos positivos e aos números negros”, aseverou Feijóo, que subliñou: “Imos tentar que a economía galega creza máis do 0,1 ou 0,2 por cento, que son as previsións, fronte a unha economía española que seguirá baixando entre o 0,3 e o 0.5 por cento”. E, concluíu, asegurando que no ano 2009 a economía galega foi unha das que menos diminuíu: en España rexistrouse un 3,6 por cento de incremento negativo, e en Galicia,c foron tres puntos.