Skip to main content

El turismo cultural deja en Galicia 1.424 millones de euros, lo que implica un 2,53% del PIB

El estudio, que ha sido presentado en Santiago de Compostela, parte de cifras publicadas por otras instituciones y organismos, como son el Instituto Galego de Estatística o Exceltur, y recoge datos de 2008, principalmente. Uno de los miembros del Observatorio, Jorge Casares, que estuvo acompañado en el acto por el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, y el presidente del CCG, Ramón Villares, explicó que fueron los datos más actuales de los que ha podido disponer el Observatorio.

El documento recoge que, en 2008, 550.091 personas no residentes en Galicia se acercaron a la comunidad autónoma atraídos, principalmente, por su oferta patrimonial, etnográfica y paisajística, es decir, 242.995 más que en 2001.

Parte de los visitantes nacionales acudieron a establecimientos hoteleros de 3, 4 y 5 estrellas, especialmente en las provincias de Pontevedra y A Coruña. Según el informe, cada visitante nacional desembolsó diariamente una media de 110 euros, decidió prolongar su estancia durante 5 días y valoró sus pernoctaciones con un 8,31 sobre una escala del 1 al 10. En 2008, el gasto generado por los visitantes nacionales no residentes en Galicia se sitúo en 613.465 millones de euros, del que 218.751 millones derivan, exclusivamente, del turismo cultural.

En cuanto al número de extranjeros que visitaron Galicia por motivos culturales, 29.738 fueron los registrados en 2001, frente a los 493.732 sumados en 2008, de los cuales el 81,54 por ciento procedía de Portugal. El perfil del turista foráneo responde a una persona de entre 45 y 64 años de edad, que se desplaza a Galicia por medio del transporte pesado sin contratar ningún paquete turístico y opta por pernoctar durante 2 ó 3 noches en algún establecimiento hotelero.

En cuanto a las características de los visitantes nacionales, el prototipo es una mujer trabajadora o en edad de trabajar, casada, que decide acudir a Galicia durante una estancia más o menos prolongada -5 días-. El estudio indica que el visitante más fiel es el nacional, ya que, en 2008, más de la mitad de los turistas españoles que visitaron Galicia ya habían estado con anterioridad. La cifra en los extranjeros baja a casi la cuarta parte.

Jorge Casares apuntó que durante los años de celebración del Xacobeo, la afluencia de peregrinos aumenta «claramente» y pasa, por ejemplo, de 20.000 fieles en 1990 a cerca de 160.000 en 1999.
Precisamente, el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, se refirió a este año jubilar y destacó que el Xacobeo se convierte en un elemento «dinamizador» de la economía gallega.

Varela, para quien el turismo y la cultura están «cada vez más interrelacionados», apostó por hacer de Galicia un «espacio cultural y humano» en el que se compartan las vivencias de turistas y peregrinos, y recordó que los impactos directos e indirectos del turismo suponen «más del 10 por ciento del PIB». El estudio indica que si el turismo cultural se considerase un sector económico, representaría, en 2007, la tercera fuente de ingresos en el PIB gallego, con un 2,5 por ciento, por debajo del sector energético, eléctrico e hidráulico; y por debajo del sector primario.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, afirmou na presentación do libro O turismo cultural en Galicia que “a cultura é en Galicia un activo importantísimo dentro do produto turístico, e do mesmo xeito, o turismo, a través dos ingresos que xera, axuda ao reforzamento e posta en valor do noso legado patrimonial e fomenta a creatividade e produción culturais”. Para o conselleiro, os conceptos cultura e turismo están cada vez “máis fortemente relacionados e han de interactuar de xeito beneficioso para ambos”. O acto de presentación contou asemade coa presenza do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o coordinador técnico do estudo, Håkan Casares Berg, e múltiples personalidades do mundo da cultura.

As estatísticas e conclusións que ofrece O turismo cultural en Galicia permitirán, segundo Roberto Varela, “traballar cunha visión prospectiva máis precisa en aspectos como a fidelización do destino Galicia, a oferta complementaria ao turista cultural estranxeiro ou en cómo aproveitar e rendibilizar do mellor xeito posible a influencia do Ano Santo”. Nesta liña, o conselleiro asegurou que “transcendendo ás potentes ferramentas analíticas que nos brinda a estatística, temos que reflexionar sobre cuestións meramente cualitativas vinculadas coa calidade da vivencia turística”. Asemade, “debemos procurar que Galicia sexa máis que un espazo extraterritorial para o turista, un evanescente recordo estético ou de gozo gastronómico, e acade ser para este un territorio íntimo, un espazo cultural e humano de vivencias compartidas”, engadiu o conselleiro.

O conselleiro de Cultura e Turismo considerou que “estamos a vivir un momento histórico no que o turismo acada unha notable presenza nas políticas nacionais e o recoñecemento da súa contribución ao desenvolvemento económico destas”. Non obstante, encanto ao turismo cultural e en relación co estudo O turismo cultural en Galicia presentado hoxe, o titular de Cultura e Turismo quixo subliñar “que a nosa comunidade ten unha oferta turística cun gran potencial de crecemento e que xa funciona como un importante impulsor da economía”. Asemade, Roberto Varela incidiu en que, segundo reflicte este estudio, os impactos directos e indirectos do turismo na economía galega supoñen máis dun 10% do PIB.

Nas páxinas do antedito estudo ofrécese un cálculo aproximado, a partir das fontes dispoñibles, do peso do turismo cultural no conxunto da economía galega. Os resultados indican que os impactos directos e indirectos do turismo cultural suman 1.424 millóns de euros (o que supón un 2,5% do PIB rexional), un dato que segundo Varela, “fala ás claras da importancia deste sector económico para o conxunto da economía galega”.

Na súa intervención, Roberto Varela cualificou o Consello da Cultura Galega como un “espazo plural pensado para a reflexión e alta asesoría, para a promoción e defensa da nosa cultura e do noso idioma. Pero amais é unha institución que sintetiza o mellor do noso pobo: xenerosidade, traballo, cordialidade e rigor. Sen dúbida, o Consello resulta unha institución determinante e central para a cultura do noso país”.

Neste sentido, o conselleiro de Cultura e Turismo, aproveitou a ocasión para gabar o traballo do Observatorio da Cultura Galega que, “no seu curto período de existencia, xa ten dado mostras dabondo de bo facer e rigor científico”. O traballo do Observatorio céntrase na compilación das principais estatísticas culturais de interese para Galicia e na detección das necesidades informativas neste eido. Para o conselleiro, os seus estudos monográficos e os anuarios de estatísticas culturais “convertéronse nestes últimos anos en ferramentas útiles para todos os axentes culturais do noso país e, por suposto, para o goberno galego”.
R.