Skip to main content

Caixa Galicia duplica su inversión en actividades culturales durante el Año Santo: programa 60 iniciativas en colaboración con el Xacobeo

Así lo aseguró el director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, que participó junto con el conselleiro de Cultura, Roberto Varela, en la presentación de la programación conjunta de la caja gallega y la Xunta de cara al Xacobeo 2010. En este sentido, Caixa Galicia duplicará este año la inversión destinada a la anterior cita jacobea, en 2004, con una dotación de 2,4 millones de euros para contribuir al "máximo nivel" en la generación de empleo y riqueza y para la atracción de visitantes y la divulgación de la imagen de Galicia fuera de sus fronteras.

Caixa Galicia prevé que este Xacobeo 2010 atraiga a 10 millones de visitantes, de los que 1,5 participarán en las actividades de la caja, y contribuya con 225 millones a la economía gallega -un 0,5 por ciento del PIB-. En consonancia con las líneas de actuación diseñadas por la Xunta, Caixa Galicia destinará al área de espiritualidad un total de 10.000 euros para la edición del boletín del voluntariado y la difusión del programa de Voluntarios no Camiño; mientras que el 'Camiño da Reflexión' contará con 73.000 euros para la edición de una guía de buenas prácticas medioambientales y la reforestación de la ruta con la plantación de 1.600 castaños.

En el área contemporánea, Caixa Galicia destinará 779.000 euros a la realización de estudios de investigación y exposiciones artísticas. En concreto, la entidad llevará a cabo este año el primer estudio que estimará el impacto económico del Xacobeo 2010 en Galicia. El estudio será elaborado por un equipo de investigadores del Centro de Estudios Económicos de Caixa Galicia e incluirá cálculos de la aportación al PIB gallego, la generación de empleo y la tracción de inversión, tanto por efecto del Año Santo como por "efecto inducido".

Además, Caixa Galicia organizará una jornada socioeconómica para analizar la aportación del Camiño de Santiago a la renta y el nivel de empleo de los distintos ayuntamientos por los que transcurre y realizará una investigación sobre 'Las industrias culturales en Galicia'. En cuanto a las exposiciones, durante este año Caixa Galicia continuará con la muestra dedicada a Maruja Mallo, y programará otras como la de Luis Seoane, las acuarelas de Hevia sobre el Camino, 'El mar' en la colección de Caixa Galicia, Ruth Mathilda Anderson, Gonzalo Torrente Ballester y los Fondos de la Catedral de la colección propia de la caja gallega.

En el capítulo de las artes escénicas, dotado con 200.000 euros, la programación para el Xacobeo de Caixa Galicia traerá a la comunidad la representación teatral de las obras 'De cerca nadie es normal', 'Mi nombre es Rosa', 'Shakespeare para ignorantes', 'Freda', 'Las brujas de Salem', 'O segredo dos Hoffman' y 'Kvetch', además de 'Una noche blanca con los clásicos' en colaboración con la Xunta. En danza, la entidad ofrecerá la representación del Cascanueces, El amor brujo, Carmen y el Lago de los Cisnes; y su programación otorgará también un espacio a la zarzuela y al humor con actuaciones de Rober Bodegas y Luis Piedrahita. El planetario de Caixa Galicia y un ciclo sobre 'O Camiño no cine' abarcarán la programación referida al audiovisual, dotada con 49.000 euros; mientras que el deporte contará con 109.500 euros para la promoción del Xacobeo 2010, principalmente a través de la vela.

Con 230.000 euros, Caixa Galicia traerá a Galicia 15 conciertos de diversos géneros con artistas como Raphael, Marlango, Quique González, la Orquesta Sinfónica de Melide, Castanets, Alondra Bentley, el Orfeón A Terra Nosa y Dominique A., entre otros; además de participar en el Xacobeo Raíces, Classics e Importa. En el ámbito cultural, Caixa Galicia programará también con 100.000 euros actividades de música y teatro para niños.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez e o director de Acción Social de Caixa Galicia, José Manuel García Iglesias, presentaron en Compostela a programación cultural conxunta Caixa Galicia-Xacobeo para o Ano Santo 2010. Durante o acto de presentación, o conselleiro Roberto Varela e José Luis Méndez asinaron o convenio polo que Caixa Galicia compromete un investimento de 2.387.000 euros para este ano en 60 actividades de promoción de Galicia durante este exercicio.

O convenio inclúe concertos de música, exposicións culturais, teatro, danza, humor, cine, actividades para nenos, fomento do voluntariado, reforestación dos bosques galegos, actividades e competicións deportivas e difusión do Xacobeo 2010 fóra de Galicia, ademais de investigación económica sobre o impacto do Ano Santo e da riqueza achegada polas industrias culturais galegas. De esta forma, a Xunta e Caixa Galicia, que duplica este ano o seu investimento social para o Xacobeo con respecto ao anterior Ano Santo de 2004, xuntan esforzos coa intención de contribuír ao máximo nivel na xeración de emprego, riqueza, a atracción de visitantes e a divulgación da imaxe de Galicia fóra da Comunidade. Entre os proxectos pioneiros, Caixa Galicia inclúe a realización da primeira investigación económica que estimará o impacto económico do Xacobeo 2010 en Galicia.

O estudo elabórao un equipo de investigadores do Centro de Estudos Económicos (CIEF) de Caixa Galicia, e incluirá cálculos da achega ao PIB galego, a xeración de emprego e mais a tracción de investimento, tanto por efecto directo do Ano Santo Compostelán como por efecto inducido. A caixa galega tamén organizará unha xornada socioeconómica para analizar a achega do Camiño de Santiago á renda e ao nivel de emprego e riqueza nos diferentes concellos polos que discorren os camiños de Santiago.

Roberto Varela agradeceu a Caixa Galicia o seu esforzo no investimento social para o presente Xacobeo, “apoiando a creación de emprego, a atracción de visitantes e a difusión dunha imaxe de Galicia rica e coherente alén da nosa Comunidade e tamén dentro dela”. O titular de Cultura describiu a programación como un “modelo de traballo de inclusión participativa na vida cultural da comunidade, de satisfacer as demandas socioculturais de todos os públicos e de acadar, en último termo, que as persoas se involucren e participen na cultura, na produción e transformación da mesma”.

O conselleiro de Cultura e Turismo mostrouse moi satisfeito coa predisposición das empresas e institucións de “sumar nun único camiño, que nos permite avanzar á procura dunha imaxe consolidada de Galicia nos nosos mercados turísticos tradicionais e emerxentes, así como comunicar un Xacobeo diverso, plural e descentralizado, mais, ao tempo, coherente, planificado e solidario”.

Doutra banda, Roberto Varela incidiu en que o Xacobeo 2010 suporá “un progreso para todos os galegos e do que todos nos sentiremos partícipes”, porque o Xacobeo debe de ser “un factor de crecemento sostible, pero sobre todo, ten que responder ás demandas sociais e culturais de todas as persoas da nosa terra, ten que ofrecer novas opcións, suxerir, incitar, abrir portas pechadas e revelar novos camiños de vivir a cultura”. Asemade, o conselleiro de Cultura comprometeuse a empeñarse “aínda máis, para lograr facer da cultura algo de todos, que importe, preocupe e comprometa a todos”.

Caixa Galicia orzou 2,4 millóns de euros en investimentos socioculturais para o Xacobeo 2010, nun esforzo investidor que representa o dobre do orzado no Xacobeo 2004. O investimento sociocultural de Caixa Galicia nos últimos tres anos santos suma 4 millóns de euros, o que a converte nunha das entidades privadas españolas cunha aposta máis decidida coa promoción do Camiño de Santiago. José Luis Méndez subliñou que a programación de Caixa Galicia enmárcase nas liñas trazadas pola organización do Xacobeo, na busca de “conseguir o máximo impacto económico, na atracción de visitantes e na proxección exterior de Galicia”.

“Se este ano duplicamos o investimento social directo con respecto ao anterior Xacobeo é porque pensamos que o investimento social de Caixa Galicia debe ser anticíclico e porque traballamos para que o empuxe cara ao emprego deste Xacobeo é aínda máis necesario neste momento”, subliñou José Luis Méndez. O director de Caixa Galicia expuxo que “o Camiño de Santiago é o vieiro de peregrinacións máis importante da Europa medieval e un dos feitos de maior importancia e beneficio para o coñecemento de Galicia fóra de España”.

Caixa Galicia deseñou una programación articulada en base aos dez camiños que historicamente conducen a Santiago de Compostela e que se materializan en dez áreas de programación orientadas a satisfacer as demandas socioculturais de todos os públicos, con especial esforzo de investimento nas actividades con maior capacidade de atracción turística e de proxección da imaxe de Galicia. “Serán moitos os cidadáns de diferentes países que visiten Galicia este ano, polo que procuramos que a nosa programación satisfaga as inquedanzas artísticas e culturais de todos”, indicou José Luis Méndez.

O campo da investigación terá un peso importante na programación de Caixa Galicia para o Xacobeo 2010, coa publicación do primeiro Estudo sobre o impacto económico do Xacobeo, un informe elaborado polo CIEF Caixa Galicia no que se medirá a achega económica total que un Ano Santo ten na produción, no valor engadido bruto (VEB) e na ocupación en Galicia.

Ademais, o centro de Investigación Económica e Financeira (CIEF) de Caixa Galicia estudará o impacto socioeconómico do Camiño de Santiago nos concellos de paso directo das peregrinacións, tanto dende a óptica directa dos turistas que fan noite como dende o valor engadido que supón a tracción de investimentos en infraestruturas e actividades socioculturais para eses concellos. Está prevista a realización dunha xornada de traballo sobre a Avaliación socioeconómica do desenvolvemento recente do Camiño de Santiago dende unha perspectiva territorial.

En 2010 tamén se publicará o estudo socioeconómico As industrias culturais en Galicia e realizarase un debate no que participarán os expertos que elaboran o informe e máis os representantes das principais empresas culturais con sede en Galicia, prestando especial atención ás repercusións do Xacobeo na industria cultural galega.

Dentro do grupo de actividades culturais que a entidade financeira desenvolverá durante o primeiro semestre destacan os espectáculos teatrais, a danza, exposicións de primeiro nivel e unha ampla programación musical.

No campo da arte, autores como Luis Seoane, Maruja Mallo, Chillida, Tàpies, Leiro, Chagall, Braque ou Leger chegarán a Galicia da man de Caixa Galicia en exposicións como Maruja Mallo, na Real Academia de Bellas Artes, Cara ao paraíso, Luis Seoane, Tramas, expresións, realidades, Do informalismo ao multicolor, Fondos da Catedral, Ruth Matilda Anderson, Os camiños de Santiago. Segundo Hevia na Colección Caixa Galicia, O mar na Colección Caixa Galicia ou Gonzalo Torrente Ballester. Unhas mostras que percorrerán Galicia co obxectivo de achegar diferentes estilos artísticos e distintos autores, tanto galegos como internacionais, ao público galego e a todos aqueles que visiten a comunidade con motivo do Xacobeo 2010.

De todas as exposicións que se realizarán en 2010 José Luis Méndez quixo destacar a mostra Colección Museo da Catedral – Colección Caixa Galicia, “unha exposición que pretende ser unha das contribucións máis importantes da programación de Caixa Galicia ao Xacobeo 2010”. Nela tratarase de establecer un diálogo entre dúas coleccións de arte de naturezas ben diferentes, unha baseada en pezas de arte sacra que teñen como fin última a exaltación dunha espiritualidade relixiosa, e outra de arte contemporánea dun universo dispar.

Outra das mostras destacadas é a de Luis Seoane, de mar a mar, unha exposición que formula, a cabalo entre Galicia e Arxentina, unha visión conxuntada, cun dobre discurso, da obra pictórica, gráfica, tipográfica, cerámica e literaria deste polifacético creador, nacido en Bos Aires en 1910.

Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester, unha mostra organizada pola SECC e a Fundación Torrente Ballester en conmemoración do primeiro centenario do nacemento de Gonzalo Torrente Ballester, será outra das exposicións destacadas do 2010. A exposición, que se exhibirá na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol que anteriormente foi un instituto de ensinanza media onde Torrente foi profesor de literatura, trata de resaltar a importancia que teñen a obra e o pensamento de Torrente Ballester na cultura española do século XX.

As artes escénicas e musicais tamén serán protagonistas na programación que Caixa Galicia preparou para a celebración do Ano Santo compostelán. Artistas consagrados no panorama musical español como Mª Dolores Pradera, Raphael, Marlango, Quique González ou Ella baila sola visitarán Galicia grazas ao apoio de Caixa Galicia ao Xacobeo 2010.

Os amantes da música independente tamén terán o seu espazo na oferta cultural de Caixa Galicia coa programación da cuarta edición do ciclo musical ‘Vangardas Sonoras’, unha iniciativa coa que a entidade achegará a seis cidades galegas algunhas das máis celebradas propostas da música popular contemporánea.

O cantautor francés Dominique A, Giant Sand, The Duke and The Kings, a banda británica These New Puritans, a banda norteamericana Castanets, Alondra Bentley, e a española Annie B. Sweet forman o programa deste ciclo co que Caixa Galicia quere renovar o seu compromiso coas últimas e máis novas apostas da escena independente.

Formacións tan sobresaíntes no campo da música clásica como a Orquestra Sinfónica de Melide ou o Orfeón Caixa Galicia Terra a Nosa achegarán a lírica aos espectadores galegos. A música galega estará na programación co concerto do grupo Fuxan os ventos. O xénero da zarzuela tamén terá o seu espazo na oferta cultural de Caixa Galicia coa representación de títulos tan destacados como Agua, azucarillos y aguardiente, La rosa del azafrán, La Revoltosa ou El Bateo.

Entre as actuacións teatrais figuran temas que van dende os clásicos gregos, como 'Freda', protagonizada por Ana Belén e Fran Perea, ata éxitos da carteleira galega, como ‘Shakespeare para ignorantes’, dirixida por Quico Cadaval e interpretada por ‘Mofa e Befa’, ou ‘O segredo dos Hoffman’, da compañía ‘Largata Lagarta’ e ‘Kvetch’, de ‘Teatro do Morcego’.

O programa teatral inclúe outros grandes títulos da escena como ‘Las brujas de Salem’, protagonizada por María Adánez, Sergi Mateu e Lía Chapman, ‘De cerca nadie es normal’, unha comedia de Aitana Galán e Luis García-Araus, dirixida por Marta Álvarez del Castillo e protagonizada por Silvia Espigado e Ángel Jodra, ou ‘Mi nombre es Rosa’.

O humor tamén estará presente na oferta cultural de Caixa Galicia coas actuacións dos humoristas galegos Rober Bodegas e Luis Piedrahita que deleitarán ao público galego cos seus enxeñosos e divertidos monólogos.

A danza será outro dos pratos fortes da programación do Xacobeo 2010 coa representación de varias obras destacadas deste xénero. O Balé Estatal Ruso de Rostov interpretará ‘Cascanueces’ e ‘El Lago de los cisnes’ e o Balé estatal ruso de Cheboksary porá en escena as obras ‘Carmen’ e ‘El amor brujo’.

Caixa Galicia tamén pensou nos máis pequenos deseñando unha programación específica para eles. Así, os nenos poderán gozar dos musicais ‘Andersen’ e ‘Pinocho’, das representacións de teatro infantil, ‘Alicia’ e ‘Hansel & Gretel’, e do espectáculo ‘Barrio Sésamo’.

Accións sociais, medioambientais e difusión do Xacobeo 2010
Ademais de desenvolver unha intensa programación cultural, Caixa Galicia tampouco quixo esquecer outras accións sociais, medioambientais e de difusión que contribuirán á promoción do Xacobeo 2010.

No terreo do medio ambiente, por exemplo, editarase unha ‘Guía medioambiental no Camiño de Santiago’ con consellos prácticos para que os peregrinos respecten os lugares polos que discorre o camiño. Neste eido, tamén se levará a cabo a plantación de máis de 1.600 castiñeiros por parte de alumnos de 30 centros escolares de Galicia que axudarán a reforestar o Camiño de Santiago.

Outros dos actores máis importantes do Xacobeo son os milleiros de voluntarios que cada Ano Santo colaboran cos peregrinos. A través de www.socialia.org, a web da Obra Social Caixa Galicia que aglutina a máis de 2.000 ONLs, e do Boletín de voluntariado, que conta con máis de 7.000 subscritores, Caixa Galicia contribuirá á difusión do voluntariado no Camiño de Santiago.

Por outro lado, e segundo a exposición de José Manuel García Iglesias, Caixa Galicia potenciará a través das páxinas web de Caixa Galicia, Obra Social Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, Socialia e dos seus boletíns informativos a imaxe do Xacobeo 2010. Os centros Ciberalia da Coruña e Lugo e as ciberaulas dos Centros de Maiores Caixa Galicia estarán a disposición de todos os peregrinos para que poidan acceder libremente a Internet.

A caixa galega tamén cederá toda a súa rede de espazos socioculturais á Xunta de Galicia para que poida realizar actividades propias do Xacobeo. No convenio recóllense algúns dos concertos que, organizados polo Xacobeo, se realizarán nos espazos culturais de Caixa Galicia como, por exemplo, os recitais de Elina Garança, Anne Sophie Mutter, o concerto de Bárbara Frittoli con Friedrich Haider ou as actuacións da compañía Nova Galega de danza.
R.