Skip to main content

Xacobeo 2010: Presentada la edición completa en gallego del Códice Calixtino, obra de referencia para entender el origen de la cultura xacobea

El director gerente de la S.A. de Gestión del Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentó la primera edición del Códice en gallego acompañado del editor, Xosé Fernández Puga, director general de A Nosa Terra; del traductor Xosé López Díaz; y del artista Francisco Leiro, que ilustró la obra. El Códice Calixtino, el manuscrito del siglo XII que exalta el universo xacobeo y ensalza al Apóstol Santiago a lo largo de sus cinco libros y diversos apéndices, ha sido traducido al gallego en su totalidad y verá la luz en las librerías de Galicia.

Este manuscrito, traducido del latín Codex Calixtinus y cuya versión original conserva la Catedral de Santiago, es una obra histórica y de referencia para entender el desarrollo y origen de la cultura xacobea, indicó Santos, para quien su edición en gallego supone un «extraordinario homenaje a nuestras raíces históricas, a nuestro patrimonio cultural y a nuestra lengua». «Si la esencia de Galicia pudiese tener un origen único o quedar condensada en un objeto cultural por excelencia, el Códice Calixtino que presentamos por vez primera traducido al gallego sería sin duda un firme candidato», destacó el director del Xacobeo, para quien esta edición es un «obligado tributo» a esta lengua. De hecho, se distribuirá en las librerías gallegas una tirada de 1.000 ejemplares de esta obra, aunque en blanco y negro y de unas 600 páginas, que cuenta además con una edición de lujo de 500 ejemplares, cuyo coste de edición, traducción y preparación ascendió a unos 180.000 euros, informó Santos.

El Códice contiene descripciones de las poblaciones por las que discurría el Camino Xacobeo, sus orígenes históricos, espirituales y culturales tanto de la Comunidad como de Santiago, y de su contenido -continuó- surge la idea de una Galicia «orgullosa de su simbólica centralidad» fundada en un «europeísmo abierto, tolerante y enriquecedor». De la traducción del latín al gallego se encargó Xosé López Díaz, con la ayuda de Manuel Celso Matalobos, entre otros, y para ello llegó a contar con hasta tres traducciones, si bien existen unas 200 copias históricas repartidas por toda Europa desde el siglo XII.

En 1944 se publicó la transcripción del contenido original en latín realizada por el norteamericano Walter Muir Whitehill entre 1927 y 1932, y en 1951 se hizo lo propio en castellano con el título «Liber Sancti Iacobi. Codex Calixtinus» por Abelardo Moralejo, Casimiro Torres y Julio Feo. De toda la obra, López Díaz recomendó al lector pasar de puntillas por el Libro I, que contiene una antología de textos litúrgicos para las celebraciones de Santiago, porque puede hacerse algo «pesado», hasta los capítulos 6, 15 y 17 en los que se cuentan las peripecias y picarescas que se viven en el Camino.

El Libro II relata 22 milagros; el III, el más corto de los cinco, alude a la traslación del cuerpo del Apóstol a Galicia; el IV narra cómo se apareció Santiago a Carlomagno al mostrarle el camino de las estrellas; y el Libro V, el más traducido y conocido por ser considerado guía del peregrino, describe por dónde pasa el Camino, sus gentes y costumbres o los santuarios que deben visitarse. A lo largo de sus páginas se insertan las ilustraciones de Francisco Leiro, que consisten en 34 letras capitales con las que comienza cada capítulo y seis portadas, la del principio de la obra y la primera de cada Libro, para las que el escultor se inspiró en la «maravillosa» lectura del Códice, aseguró al público. Todas ellas se pueden ver hasta el 28 de febrero en la compostelana Casa da Parra, en la exposición «Francisco Leiro. Celebrando o Calixtino».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos presentou a tradución do latín ao galego do Códice Calixtino, obra que definiu como “absolutamente universal e definitivamente galega”. O Codex Calixtinus, conservado na súa versión orixinal na Catedral de Santiago de Compostela, é segundo Ignacio Santos “a obra histórica de referencia para entender o desenvolvemento as orixes da cultura xacobea”.

Ata o de agora, varios intentos frustrados impediran a transcrición completa desta obra que data do século XII. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, saca esta edición completamente en galego do Códice Calixtino, que ademais conta con ilustracións do artista Francisco Leiro.

O director-xerente afirmou que a presentación desta publicación constitúe “unha extraordinaria homenaxe ás nosas raíces históricas, ao noso patrimonio cultural e á nosa lingua”. “O Codex Calixtinus é un texto monumental, que fascina por igual na súa vertente litúrxica, musical, histórica ou descritiva”, engadiu.

Ignacio Santos recordou que o manuscrito “agocha unha clave interpretativa máis ampla, un auténtico xerme identitario”, pois “se a esencia de Galicia puidese ter unha orixe única ou quedar condensada nun obxecto cultural por excelencia, o Códice Calixtino que hoxe presentamos por vez primeira traducido ó galego, sería sen dúbida un firme candidato”.

“No Códice atópanse descritas as poboacións polas que discorría o Camiño Xacobeo, a nosa terra, as orixes históricas, espirituais, culturais do noso país e a cidade de Santiago. Do texto, en fin, xorde a idea dunha Galicia orgullosa da súa simbólica centralidade, dunha Galicia fondada nun europeísmo aberto, tolerante e enriquecedor”, engadiu o titular da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

“Esta fermosa edición en galego vai en consonancia cos cambios acontecidos en Galicia, en Europa e no mundo nos nove séculos que nos separan do manuscrito orixinal” e que segundo o director-xerente supón “un gran avance na difusión do patrimonio cultural xacobeo e un obrigado tributo á nosa lingua”.

Ignacio Santos gabou o “gran traballo” levado a cabo por Xosé López Díaz á hora de traducir o texto latino, así como as “valiosas contribucións” de Manuel Celso Matalobos. Do mesmo xeito, o titular da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo resaltou a importancia da contribución de Francisco Leiro a esta edición galega do Códice, afirmando que “entre o rico panorama da arte contemporánea galega, o seu inconfundible estilo expresionista era o idóneo para repensar e recrear o universo icónico do Códice orixinal”.

O Codex Calixtinus é o título que se lle dá ao manuscrito máis antigo, o da Catedral de Santiago, por aparecer nel o papa Calixto II, gran benfeitor do santuario de Compostela, como autor e promotor. Está dividido en cinco libros e una serie de apéndices de extensión e contidos moi diferentes sempre dedicados á exaltación do universo xacobeo.

Existen transcricións manuscritas máis ou menos fieis e de extensión variable do texto compostelán (o presentado hoxe) espalladas por Europa desde o mesmo século XII, conservadas en lugares como Barcelona (procedente de Ripoll), Madrid, Salamanca, Lisboa, Londres, Pistoia (Italia) e O Vaticano. O interese científico internacional polo Liber Sancti Iacobi nace no século XIX cos estudos, os primeiros aparecen na década dos sesenta, e ata día de hoxe, foron moitos os estudosos que se interesaron por esta obra e a súa tradución.

Fundamental para a primeira tradución íntegra do manuscrito compostelán, a publicada en castelán en 1951 co título de Liber Sancti Iacobi. Codex Calixtinus, foi a transcrición do contido orixinal en latín realizada polo norteamericano Walter Muir Whitehill entre 1927 e 1932 e publicada en 1944. Os autores da tradución española foron Abelardo Moralejo, Casimiro Torres e Julio Feo, e en 2004, con motivo do primeiro Ano Santo Compostelán do século XXI, publicouse una edición revisada e ampliada a cargo Juan José Moralejo e María José García Blanco. En idioma galego só se realizara unha tradución en versión libre no século XV dos milagres de Santiago incluídos no Calixtinus, e unha edición destes a primeiros do XX. Existen tamén dúas traducións recentes, pero parciais: a do libro V e do libro I.

O Códice Calixtino está composto por cinco libros que teñen unha temática aparentemente moi distinta, pero un obxectivo único: enxalzar ao Apóstolo Santiago. O Libro I é unha antoloxía de textos litúrxicos para as celebracións de Santiago: homilías tomadas de Padres da Igrexa e aplicadas ao Apóstolo, himnos e misas. Este é con moita diferenza o libro máis extenso, pois abrangue máis folios el só ca todos os outros xuntos. O Libro II conta en 22 capítulos outros tantos milagres, acadados en diversos lugares pola intercesión de Santiago, chamado por iso Liber de Miraculis.

O Libro III ten como tema relevante a translación do corpo do Apóstolo a Galicia, contada en cada un dos dous primeiros capítulos de maneira distinta. Asemade, tamén inténtase xustificar as celebracións das festas de Santiago ou se narran as virtudes do son das buguinas que os peregrinos adoitaban levar de Santiago á súa terra. É o máis curto dos cinco que compoñen o Códice.

O IV Libro, coñecido como Pseudo-Turpín ou Historia de Turpín, conta como se apareceu Santiago a Carlomagno mostrándolle o camiño das estrelas que debía seguir e inclúese o relato épico de Roncesvales. O último capítulo é unha carta atribuída ao papa Calixto confirmando a autoridade do libro.

O V Libro é o máis traducido nos últimos tempos por estar considerado como unha Guía do Peregrino polo Camiño francés a Compostela. Nárranse como son as xornadas do Camiño, as poboacións por onde pasa, as súas calidades e as das súas xentes, os ríos saudables e daniños e os santuarios que deben visitarse. Tamén dedica os tres últimos capítulos a describir a cidade de Santiago, as igrexas, as portas da cidade e da catedral, o número dos seus cóengos, a non sempre xusta distribución súa das ofrendas e como deben ser recibidos os peregrinos.

O Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela inaugura na Casa da Parra a mostra Francisco Leiro. Celebrando o Calixtino, que estará exposta ata o 28 de febreiro. Nesta mostra exhíbense as creacións que Francisco Leiro ideou para esta nova edición do Códice Calixtino, que se compón de 34 letras capitais e seis portadas realizadas sobre papel e técnica mixta, máis dúas esculturas en madeira, que representan dúas das letras utilizadas como capitais: o B e o T. As portadas ilustran o principio do libro e o inicio de cada un dos cinco libros dos que se compón o Códice Calixtino, e as letras inician cada un dos capítulos.

O deseño expositivo está pensado para que o propio espazo da Casa da Parra nos vaia guiando entre as letras enmarcadas en caixas de madeira ata un reducido espazo que a modo de Santa Santorum alberga nunha vitrina un dos exemplares da edición especial do Códice traducido ao galego. Tras a súa clausura en Santiago de Compostela, esta mostra realizará unha xira itinerante por varias vilas de galegas.

O escultor Francisco Leiro (Cambados,1957) estudou na Escola de Artes e Oficios en Santiago de Compostela, realizou importantes traballos dentro e fora de Galicia con gran aceptación do público. Foi galardoado con numerosos premios e distincións ás Belas Artes, entre os que destacan a Medalla Castelao da Xunta de Galicia, a medalla ás Belas Artes da CEOE e mais o Premio Nacional de Cultura de Galicia. O estilo inconfundible de Leiro atravesa por diferentes etapas, sempre obedecendo a unha figuración expresionista, e mantén como referente fundamental a utilización da figura humana. Aínda que en numerosas tallas empregou pedra, mármore ou formigón, adoita usar como soporte a madeira.
R.