Skip to main content

Galicia se presenta en Fitur 2010 con el Xacobeo como protagonista: la feria contará con el martillo de plata que abrió la Puerta Santa

Así lo aseguró la secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que presentó en Santiago el programa de actividades que la Administración autonómica llevará a Fitur para promocionar Galicia junto otras 17 entidades en un stand que abarcará 1.400 metros cuadrados. El objetivo de la Xunta con su participación en esta cita, la más importante en el sector en España, es que los operadores turísticos y los visitantes "sientan que Galicia es, especialmente este año, un lugar para vivir una experiencia mágica, única e inolvidable". Para ello, el stand de Galicia, recubierto por una "impresionante" piel de conchas de vieira, recrea una Comunidad "universal y abierta" con un "atractivo espiritual, natural, gastronómico y cultural" que pretende mostrarse como "un multidestino", dando importancia a las entidades locales.

La estrella de la promoción del Xacobeo 2010 en Fitur será la exposición durante toda la feria del martillo de plata con el que se abrió hace escasos días la Puerta Santa de la Catedral de Santiago y que ha sido cedido por el Arzobispado. Además, la Xunta de Galicia encargó la realización de una réplica del martillo empleado para abrir la Puerta Santa en el año 1930, el primero de los que se conservan, para entregárselo a Sus Majestades los Reyes de España.

El viernes, día 22, tendrá lugar la presentación ante los operadores, prensa especializada y prescritores de opinión del Xacobeo 2010 en el stand de Galicia, que centrará los actos de promoción de la Comunidad en Fitur. Paralelamente, los visitantes podrán disfrutar durante toda la feria de una experiencia virtual en 3D a través de un simulador con imágenes del Camino de Santiago. Antes de inaugurar la feria, en la jornada previa, el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participará junto con los presidentes de Baleares y Canarias en la mesa redonda organizada por el Foro Exceltur.

En la primera jornada tendrá lugar la presentación de la guía 'E para comer, Lugo', de la Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo; así como de la Red de Ciudades del Camino de Santiago y de la Muralla de Lugo como destino turístico. Finalmente, ese día se ofrecerá a los visitantes información sobre los paquetes turísticos de las zonas de Ulla y Tambre, 'Magia y ocio en el Camino', organizado por el Plan de Mellora de Calidade Turística das Terras de Ulla e Tambre. El jueves día 21 la jornada se abrirá con una presentación promocional de la ciudad de A Coruña, para continuar con los recursos turísticos de A Terra Chá, la Semana Santa de Ferrol 2010, la ciudad de Ourense y el 'Xantar 2010'. Además, se presentarán el proyecto de desestacionalización del turismo de A Costa da Morte y los productos ofertados por Ferrol-Ortegal en el Xacobeo 2010.El viernes día 22, tras la presentación oficial del Xacobeo, la Fitur acogerá la presentación del cartel del Festival Celta de Ortigueira, así como del márketing turístico de Sanxenxo (Pontevedra). Los 'Caminos de Sefarad', paquete turístico por la Galicia judía, también tendrán su cabida en esta jornada. Se dará a conocer la 'Vía de la plata' como variante del Camino Mozárabe de Ourense y la localidad de Vigo presentará su oferta turística con motivo de su bicentenario como ciudad.

En lo relativo a las actividades de animación en el stand de Galicia, se organizará un reparto de barquillos al público por parte de un Barquilleiro da Ribeira Sacra y tendrá lugar una exhibición de artesanía de Gundivós, también en la Ribeira Sacra. Un bar de aguas y un bar-degustación con productos gallegos gestionado por el Centro Superior de Hostelería de Galicia y un espacio relax con proyecciones y sonidos relacionados con el agua en Galicia completarán la oferta de ocio.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, presentou en Santiago o programa de actividades para a promoción do Xacobeo 2010 e o Turismo de Galicia na Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR 2010, que se desenvolverá entre os días 20 e 24 de xaneiro na capital do Estado.

Nesta edición, a Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, deseñou un espazo expositivo e un programa de actividades para promover toda a oferta turística galega, e de xeito moi especial o Xacobeo 2010. Segundo Carmen Pardo, “os operadores turísticos e os visitantes sentirán que Galicia é, especialmente este ano, o lugar ideal para vivir unha experiencia máxica, única e inesquecible”. O stand de Galicia “recrea unha Galicia universal e aberta, cun atractivo espiritual, natural, gastronómico e cultural e unha milenaria hospitalidade co peregrino”. O espazo presenta as estéticas galegas máis vangardistas e tradicionais reproducindo, nos seus 1.421 metros cadrados de superficie, pórticos recubertos por unha impresionante pel de vieiras.

A principal motivación para a promoción turística de Galicia en FITUR 2010, será o evento Xacobeo 2010, que terá un lugar moi destacado no stand de Galicia no espazo da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, S.A. Por iso, presentarase o 22 de xaneiro o programa previsto para este ano aos operadores turísticos nacionais e internacionais e aos medios de comunicación.

Os visitantes do stand poderán contemplar o martelo que o Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, empregou para derrubar o muro de pedra da Porta Santa e que representa o inicio do Ano Santo, que estará exposto durante toda a Feira. O martelo, cun deseño diferente en cada Ano Xubilar, está elaborado en prata con incrustacións de lapislázuli. A Xunta de Galicia obsequiará ás SS.MM. Los Reyes de España cunha réplica do martelo empregado en 1930, o primeiro dos que se conservan.

No stand tamén se poderá vivir unha experiencia virtual en 3D a través dun simulador que representa con imaxes o Camiño de Santiago. A través dun casco que incorpora unha pantalla o visitante realizará diferentes etapas do Camiño que conteñen os elementos da Ruta xacobea na realidade.

No espazo institucional de Galicia participarán como coexpositores 17 entidades de promoción turística locais e provinciais da Comunidade Autónoma que representan as catro provincias galegas, as sete grandes cidades e diferentes microdestinos turísticos do territorio galego.

Dentro do recinto, ademais do espazo dedicado ao Xacobeo 2010, distribuiranse outros apartados que se refiren ao Turismo de Galicia, as cidades galegas, os patrimonios da humanidade, o interior e a costa. Outros produtos turísticos senlleiros contarán cun apartado especial: a gastronomía de Galicia, o Turismo de Saúde, a Náutica e a oferta galega de establecementos turísticos.

Ao longo dos cinco días de feira desenvolveranse 18 presentacións dirixidas a profesionais, medios de comunicación e visitantes da rica e diversa oferta turística galega, que se celebrarán nunha sala de actos ubicada no stand con capacidade para máis de 100 persoas.

Algunhas das presentacións programadas en FITUR, son as que promocionan a Semana Santa de Ferrol, a gastronomía de Lugo, os entroidos de Ourense e a historia da cidade de Vigo. (Ver detalle en axenda anexa).

Os visitantes do stand poderán disfrutar dun bar-degustación de produtos gastronómicos galegos elaborados polo Centro Superior de Hostelería de Galicia e un bar de augas, que permitirá a todos aqueles que o desexen probar os oito tipos de augas de mananciais mineromedicinais que se embotellan en Galicia. Ademais, un barquilleiro tradicional da zona ourensá e un oleiro de Gundivós, na provincia de Lugo, promocionarán a Ribeira Sacra. Diferentes grupos de animación actuarán durante a Feira. Para o público que se achegará a FITUR 2010, nas xornadas do sábado e o domingo se disporá dunha sala-relax na que se poderá descansar observando imaxes turísticas de Galicia e escoitando música galega.

O recinto de promoción turística institucional de Galicia pretende acadar o maior protagonismo na que está considerada como a segunda feira turística máis importante do mundo, e na que o pasado ano asistiron máis de 220.000 persoas e 12.300 empresas de 170 países.
-----------------

2010 Año Santo
Visite http://www.caminosasantiago.es
R.