Skip to main content

El programa Xacobeo Classics permitirá disfrutar en Galicia de los conciertos de Cecilia Bartoli, Lang Lang y Anne-Sophie Mutter

La programación musical del Xacobeo Classics comienza el jueves 8 de enero de 2010 y a lo largo del año traerá a Galicia, por primera vez, a grandes voces y solistas a nivel mundial como Lang Lang, Cecilia Bartoli, Anne-Sophie Mutter o Dolora Zajick. El conselleiro de Cultura, Roberto Varela; el director de la S.A. de Gestión del Plan Xacobeo, Ignacio Santos; y el director artístico del Xacobeo Classics, César Wonenburger, presentaron en Compostela el programa completo, que incluye más de cuarenta actuaciones en toda Galicia que empezarán con Vivica Genaux en Santiago.

Por la calidad y cantidad de las propuestas, el Xacobeo Classics pretende ser el germen de un gran festival de música en Galicia con el que se retome el contacto con los grandes circuitos internacionales, aseguraron los organizadores. Así, grandes voces como Dolora Zajick (13 febrero, Vigo), Elina Garança (25 marzo, Coruña), Cecilia Bartoli (14 abril, Santiago), Barbara Frittoli (18 septiembre, Coruña) y Angelika Kirschlager (21 septiembre, Santiago), y solistas como Lang Lang (12 mayo, Santiago) y Anne-Sophie Mutter (18 junio, Coruña) interpretarán por primera vez en Galicia las piezas de los maestros de la música clásica.

También se estrenará, en este caso a nivel nacional el 2 de octubre en A Coruña, la versión original de «Guillermo Tell» de Rossini, bajo la batuta del experto mundial en este repertorio, Alberto Zedda. Otro de los acontecimientos que despertarán el interés de público será el estreno en Galicia de «Parsifal» de Wagner, el 24 de agosto en Santiago, que contará con la presentación de la Royal Liverpool Philarmonic y la voz de Nikolai Shukoff.

Esta dimensión espiritual del Año Santo cobrará si cabe más fuerza con la interpretación de la monumental «Misa en si menor» de Bach por el coro Monteverdi (4 mayo, Coruña), el «Réquiem» de Verdi por la Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) y el Orfeón Donostiarra (7 mayo, Santiago) o «El Mesías» de Händel por Gabrieli Consort (13 diciembre, Vigo). La Real Filharmonía interpretará la «Misa en fa menor» de Bruckner como broche final de la programación del Xacobeo Classics, el 23 diciembre en Santiago, con la participación del Orfeón Pamplonés.

Este «camino de la música clásica», que discurre por una de las programaciones «más ambiciosas» desarrolladas hasta el momento en Galicia en este ámbito, será además otro de los atractivos para visitar la Comunidad en este año Xacobeo, precisó Santos, quien destacó el talento y la creatividad de la cultura gallega. En este sentido, se recuperará la ópera «O Mariscal» de Eduardo Rodríguez-Losada y Ramón Cabanillas (7 noviembre, Ferrol) y se celebrará un novedoso encuentro de orquestas jóvenes con la Joven Orquesta de la OSG, la Orquesta Gaos y la Joven Orquesta Nacional de España (5,6 y 7 agosto, Santiago).

Solistas gallegos como Borja Quiza, Teresa Novoa, Alba López y Javier Franco, o pianistas como Borja Marino y Javier Vázquez Grela colaborarán en la gran cita musical del Xacobeo Classics. Esta selección «exquisita» de recitales, conciertos y óperas convertirá a Galicia en la capital mundial de la música clásica, lo que supondrá un «estímulo cultural para los gallegos y un atractivo más para nuestros visitantes», subrayó Varela, pues además el precio de la entrada para estos conciertos se encuentra entre «los más asequibles» a nivel nacional e internacional, precisó Wonenburger. Además, el conselleiro confió en que esta programación cultural «ejerza un efecto benéfico a largo plazo» para la cultura de Galicia con la «voluntad de fomentar un consumo cultural sólido y de calidad».

Colaboran en el Xacobeo Classics Caixanova, Caixa Galicia, Todo Lírica, Ciclo de Lied, Festival de Música de Lugo, Sociedades Filarmónica de A Coruña, Lugo, Ourense, Festival Mozart de A Coruña o el Concurso de Piano Cidade de Ferrol.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos acompañados polo director artístico do Xacobeo Classics, César Wonenburger presentaron na Antiga Igrexa da Universidade o programa completo do ciclo Xacobeo Classics como unha “selección exquisita de recitais, concertos e óperas, dirixidos e interpretados polos nomes máis relevantes do panorama actual” que situará a Galicia como referente musical internacional. O ciclo Classics, con máis de corenta actuacións previstas nas sete cidades galegas e outras dez vilas encarna a ambición de organizar un “Xacobeo para todos con eventos culturais de relevancia internacional para todos os tipos de público”, engadiu.

O titular de Cultura valorou a programación presentada como “acontecementos musicais de grande envergadura” que materializan unha oportunidade que permitirá a Galicia regresar ao circuíto dos grandes acontecementos musicais internacionais. Para o conselleiro, “o atractivo que supón a presenza dalgunhas das personalidades máis relevantes da música clásica contemporánea”, algunhas por vez primeira na nosa comunidade, como Cecilia Bartoli, Anne Sophie-Mutter, Lang Lang, Zubin Metha ou Dolora Zajick ou institucións de enorme prestixio como a Orquestra Giovanile Cherubini ou a Royal Philarmonic Orchestra constitúen unha oferta complementaria ao resto de acontecementos musicais que conforman “unha multiplicidade de atractivos en múltiples formatos pensados para múltiples segmentos de público diverso”.

Roberto Varela fixo patente o obxectivo da Xunta de Galicia de que a programación cultural do Xacobeo “exerza un efecto benéfico a longo prazo para a cultura do noso país coa vontade de fomentar un consumo cultural sólido e de calidade”. Neste sentido, “a presenza de personalidades que transcenden o ámbito da música clásica e configúranse coma referentes indiscutibles do panorama musical e cultural de hoxe” acadará un impulso da oferta musical da nosa comunidade que significa apostar por un futuro culturalmente máis rico para Galicia”.

O conselleiro de Cultura e Turismo amosou a súa confianza en que esta “programación articulada, variada e de calidade” posibilitará a “recuperación do grande legado de compositores do noso país outorgando á cultura feita no noso país unha centralidade indiscutible no Xacobeo 2010”. Para acadar esta convicción da Xunta de Galicia, o conselleiro destacou o “papel privilexiado que a música galega terá no Xacobeo Classics como o mellor escaparate internacional.”

Roberto Varela apuntou de novo os principios básicos que levan marcando a planificación para o Xacobeo 2010 como elementos clave da programación musical do Xacobeo Classics: descentralización e desestacionalización, o que significa “activar culturlamente cada recuncho de Galicia, enriquecer a oferta cultural da nosa terra e revitalizar as infraestruturas culturais das nosas vilas”. Neste sentido, Roberto Varela expuxo que a programación do Xacobeo Classics “visitará todas e cada unha das sete cidades galegas, e levará a mellor música galega e internacional a outras dez vilas do noso país” e que “durante os doce meses o Xacobeo 2010 suporá un estímulo cultural para os galegos e un atractivo máis para os nosos visitantes”.

Da man dos principios de descentralización e desestacionalización, o conselleiro sinalou os dous parámetros fundamentais que construíron as máis de corenta actuacións que locen no cartel do Xacobeo Classics, “a ambición na programación e a procura de excelencia e o rigor na selección e na xestión segundo criterios de calidade artística e impacto cultural” co desexo de construír un “Xacobeo culturalmente ambicioso e prestixioso, cunha programación de alcance internacional”.

Ao longo do ano levaranse a cabo proxectos específicos pensados para poñer en valor a madurez adquirida sobre todo nesta última década polas orquestras galegas, con acontecementos como a programación do "Réquiem" de Verdi, que interpretará a OSG xunto a un dos mellores coros de Europa, o Orfeón Donostiarra, e catro solistas dificilmente superables, ou a "Misa en fa menor" de Bruckner que ofrecerá a Real Filharmonía como broche final das actividades previstas para 2010.

As actuacións previstas inciden especialmente en resaltar o aspecto espiritual do camiño, coa posibilidade de escoitar nas mellores condicións posibles obras senlleiras da música sacra como a monumental "Misa en si menor de Bach" co mellor coro do mundo, o Monteverdi; as mencionadas "Misa de Réquiem" de Verdi, "Misa en fa menor" de Bruckner, "El Mesías" de Händel, a cargo do Gabrieli Consort, e a estrea en Galicia da ópera "Parsifal" de Richard Wagner.

Haberá acontecementos que sen dúbida espertarán o interese de afeccionados de toda España, como a estrea española da versión orixinal do "Guillermo Tell" de Rossini, a primeira ópera romántica, baixo a batuta do máximo experto mundial neste repertorio, Alberto Zedda. A estrea en Galicia de "Parsifal", un proxecto exclusivo coa presentación da Royal Liverpool Philarmonic e os cantantes excepcionais, Nikolai Shukoff, o próximo Parsifal do Festival de Pentecostés de Salzburgo con Simon Rattle, e Violeta Urmana. Ademais das visitas de grandes batutas como Riccardo Muti, Zubin Mehta, Charles Dutoit, John Elliot Gardiner, Vasily Petrenko, Paul McCreesh, Alan Curtis o Lionel Bringuier, entre outros.

Tódalas orquestras galegas colaborarán na grande cita musical do 2010, ademais de solistas da terra como os cantantes Borja Quiza, Teresa Novoa, Alba López e Javier Franco; o Ensamble s XXI, a Agrupación Lírica Ofelia Nieto, os pianistas Borja Mariño e Javier Vázquez Grela e o xoven director Fernando Briones, entre outros.

Boa parte das actuacións previstas ofreceranse no marco da maioría das programacións galegas xa existentes, contribuíndo a enriquecelas e dotalas dun atractivo moi significativo neste ano especial. Neste sentido, establécense colaboracións especiais con Caixanova, Caixagalicia, Todo Lírica, Ciclo de Lied, Festival de Música de Lugo, Sociedades Filarmónica de A Coruña, Lugo, Ourense, Festival Mozart de A Coruña ou Concurso de Piano Cidade de Ferrol.

No deseño da programación atendeuse moi especialmente á música galega, nos seus aspectos histórico (mediante a recuperación da ópera "O Mariscal" do compositor Eduardo Rodríguez-Losada e o grande poeta Ramón Cabanillas) e actual (cun ciclo-homenaxe ao decano dos creadores galegos, Rogelio Groba, nos seus 80 anos; recuperación do ciclo de cámara da Asociación Galega de Compositores, e estrea dun dos mellores compositores actuais: encargo dun concerto para violín a Octavio Vázquez).

A estes proxectos súmase a gravación dun disco dedicado á canción galega a cargo dunha grande soprano internacional, Cristina Gallardo - Domas, que venderase en toda España a través dun importante selo discográfico. Por primeira vez, haberá ademais na Quintana un novidoso encontro de orquestras mozas, no que a Xoven Orquestra da OSG ou a nova Orquestra Gaos mediranse coa Joven Orquesta Nacional de España, para ofrecer un panorama dos novos valores musicais.
--------
2010 Año Santo
Visite http://www.caminosasantiago.es
R.