Skip to main content

Inma Shara dirige a la Orquesta Sinfónica Nacional Checa en el concierto inaugural del Xacobeo 2010

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Fundación Mondariz Balneario presenta o 29 de decembro en Mondariz-Balneario o concerto da prestixiosa directora de orquestra Inma Shara que dará inicio musical ao Ano Santo. A Orquestra Sinfónica Nacional Checa será a encargada de interpretar unha melodía expresamente creada pola directora vasca para este evento, que soará por primeira vez no auditorio do Gran Hotel do Balneario de Mondariz. O concerto inaugural do Xacobeo 2010 contará cunha nutrida representación do Goberno galego e coa presenza de numerosas personalidades da vida económica e social de Galicia.

O programa do concerto desenvolverase en liña coa historia de Mondariz, interpretando un repertorio que evocará os diferentes momentos históricos da vila termal: o esplendor do século XIX coa apertura do Balneario, a guerra civil, o incendio de 1973 e a recuperación actual. Xunto á melodía creada por Inma Shara, interpretaranse outras pezas que recrearán as temporadas de verano na villa balnearia. Deste xeito, evocarase ao cuarteto parisino "Cabarat", que amenizaba os solpores aos visitantes do balneario de Mondariz a comezos do século XX.

O concerto suporá o comezo do Camiño da Música do Xacobeo 2010 e responde ao obxectivo da Fundación de recuperar Mondariz Balneario -o municipio máis pequeno de España- como foco económico, artístico e cultural. Este acontecemento dará paso a un completo programa de actuacións no que os afeccionados á música clásica poderán disfrutar da presenza xa confirmada en Galicia de artistas de recoñecido prestixio internacional. Neste apartado, englóbanse as actividades previstas no “Xacobeo Clasics”. En concreto, o “Festival Xacobeo” traerá á Comunidade Autónoma a actuación de solistas da talla de Lang Lang (piano), Cecilia Bartoli (mezzo) ou Anne-Sophie, Mutter (violinista), así como a Orquestra do Palau de les Arts de Valencia, dirixida por Zubin Mehta, e a representación da ópera "Parsifal", en versión de concerto con Vasily Petrenko.

Doutra banda, o “Festival Via Stellae” prevé máis de 100 concertos, en ciclos específicos como os Concertos Express, Xornadas de Música e Arte ou Off Stellae. Entre os directores confirmados atópanse William Christie, Christophe Rousset, Simone Kermes ou Jordi Savall. Tamén está prevista a acutación da: Mahler Chamber Orchestra e da Orquestra Barroca de Venecia.

Extenso e prestixioso curriculum

Inma Shara é unha das máis brillantes representantes da nova xeración de directores españois. Dirixiu diversas orquestras sinfónicas de primeiro nivel, entre os seus compromisos máis recentes destacan as colaboracións coa London Philarmonic Orchestra, a Filharmónica de Israel, o Sinfónico Nacional Checo, a Sinfónica de Milán, a Orquesta de la Suisse Romande (Suiza), a Sinfónica Nacional de Ucrania, a Orquestra Sinfónica do Teatro Reggio de Parma ou a Sinfónica Nacional Rusa.

Asemade, tamén dirixiu importantes orquestras españolas, como a Orqueta Sinfónica de Madrid, Orquesta de RTVE, Orquesta de Valencia, Orquesta Sinfónica de Mallorca, Granada, Córdova, etc. Entre os seus próximo compromisos está dirixir a prestixiosa Orquesta Clásica del Concertbouw de Amsterdam.

Asemade, en decembro de 2008 dirixiu un concerto de celebración do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos que tivo lugar no Vaticano e que estivo presidido polo Papa Benedicto XVI. Recentemente foi galardoada co Premio á Excelencia Europea pola súa proxección internacional e a súa achega á música clásica.

A Orquestra Sinfónica Nacional Checa está considerada unha das Grandes Orquestras do país centroeuropeo e unha das máis solicitadas a nivel europeo. Posúe o estudio Hostivar en Praga e ten realizado numerosas xiras polas Illas británicas, Francia, España, Xapón, México, Dubai, Australia e Nova Zelanda.


R.