Skip to main content

Desciende entre un 1 y un 4% la ocupación hotelera en verano en Galicia. La Xunta dice que los datos turísticos son mejores de lo esperado

La secretaria general de Turismo, Carmen Pardo, informó de que el balance turístico del verano de este año es «tremendamente satisfactorio» en comparación con el esperado, ya que las previsiones de junio apuntaban a un descenso de las reservas hoteleras de entre un 15 y un 20 por ciento. Los datos provisionales de la ocupación hotelera en agosto revelan un descenso de entre el 1,8 por ciento que calcula el Instituto de Estudios Turísticos (IET) y el 4 por ciento que apunta CEHOSGA respecto al mismo mes de 2008. Pardo explicó en rueda de prensa que los datos definitivos serán proporcionados dentro de un mes, cuando sea presentada la encuesta completa realizada por el IET, pero que, en todo caso, el balance es «bastante más positivo» que las previsiones iniciales.

La secretaria xeral de Turismo recordó que, según los datos del Instituto Nacional de Estadística (INE), el número de viajeros en Galicia descendió en el mes de julio un 1,1 por ciento; las pernoctaciones disminuyeron un 1,06%; la duración de la estancia media no varió, y la ocupación hotelera bajó un 1,6 por ciento. En las casas rurales, el número de viajeros aumentó un 14,57 por ciento, pero las pernoctaciones bajaron un 2,21 por ciento, lo que, a juicio de Pardo, significa que hay «magníficas» casas rurales pero «falta oferta complementaria para justificar una mayor estancia». Los precios hoteleros en Galicia cayeron un 4 por ciento el pasado mes de julio que en el mismo mes de 2008 y, como consecuencia, los ingresos hoteleros descendieron un 2,4 por ciento.

Según la Encuesta de Gasto Turístico (EGATUR), los turistas extranjeros que vinieron a Galicia en julio gastaron un total de 6,6 millones de euros, un 6 por ciento menos que en julio de 2008, y también descendieron el gasto por persona en un 3 por ciento, y el gasto medio diario en un 3,4 por ciento. Un total de 26.194 peregrinos se acercaron a la Comunidad gallega según la Oficina del Peregrino de Santiago, una cifra un 25 por ciento superior a la de julio de 2008, y en lo que va de año la cifra asciende a 75.180, un 16 por ciento más que en 2008.

Pardo expresó que la Xunta está trabajando en la creación de un «modelo» de ente turístico para ofrecer datos y fuentes «fiables» para el sector y para la sociedad, que ayudará a la Administración gallega a decidir estrategias de actuación y también a «retroalimentar» al sector. Sobre el descenso de los precios de los establecimientos hosteleros, expresó que «la guerra de precios tiene un límite» y que, además de las ofertas para aumentar clientes, es necesario mejorar la gestión interna y apostar por ofrecer algo diferente a otras Comunidades y a otros hoteles. Según la secretaria general de Turismo, la oferta en Galicia pasa por el «multidestino» y responde a un nuevo perfil de turista que es «muy exigente» y apuesta por emociones y experiencias, porque tiene un producto «muy diverso», aunque «no el envoltorio». Por ello, anunció que la Xunta también impulsará una nueva campaña en la que colaborarán con agencias de viajes para «vender» lo que existe en Galicia.

Pardo afirmó que, a pesar de la crisis, viajar se ha convertido «casi en una primera necesidad», aunque el turista decide ahora en «mucho menos tiempo» su destino. A pesar de que las líneas aéreas suelen ofrecer vuelos más baratos cuanto antes se compren, la responsable de Turismo indicó que la mayor parte de los turistas de Galicia no vienen en avión, de hecho, en 2008 sólo escogieron este sistema de transporte un 15 por ciento de los viajeros, de los que el 4,8 por ciento eran españoles. Pardo señaló que el principal motivo de que los niveles de turismo hayan sido más positivos que los del ámbito estatal en general es que España recibe un porcentaje de extranjeros mucho mayor que Galicia, que fue el turismo que más se resintió. Además, el turismo estatal apostó más por viajar por España y los gallegos «ganamos más gallegos», concluyó.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

A Secretaría Xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, e mais o presidente da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia, Juan Silva, fixeron públicos os primeiros datos de ocupación hoteleira en Galicia durante o mes de agosto de 2009. A Secretaria Xeral para o Turismo aclarou, non obstante, que os datos son provisionais á espera de que remate o verán e que os resultados definitivos poderán coñecerse a finais de setembro ou primeiros de outubro. Así mesmo, aclarou que os datos de ocupación hoteleira son positivos xa que a comezos do verán as previsións apuntaban cara un descenso de entre o 15 e o 20%. Finalmente as estatísticas das que se dispón neste momento avanzan que a ocupación en Galicia se sitúa no 76,2% fronte ao 74,6% de agosto de 2008 segundo a enquisa do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia. Segundo os datos que manexa CEHOSGA, a ocupación hoteleira en agosto de 2009 rolda o 78% fronte ao 82% do mesmo período do ano pasado.

Doutra parte, os datos que manexa a Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia sobre a ocupación en acampamentos turísticos sitúanse no 78,1% de ocupación fronte ao 68% de agosto de 2008. Fronte a esta subida, os datos de turismo rural descenderon durante este mes de agosto xa que se rexistraron 125.000 pernoitas fronte ás 138.000 de 2008. A este respecto, Juan Silva destacou que malia que a previsión que se fixo pública en xuño era ‘moi mala’, a campaña de promoción nas televisións posta en marcha pola Secretaría Xeral para o Turismo a través de Turgalicia conseguiu incrementar as cifras de ocupación considerablemente. “En xuño falábase dunha baixada de reservas do 15 ou 20% e os resultados están sendo máis satisfactorios do que agardábamos”, matizou.

Pola súa parte, Carmen Pardo explicou que é importante avaliar agora “en que medida influíu a campaña promocional a través da enquisa de verán na que se inclúen preguntas específicas sobre a mesma para tratar de averiguar se esta é unha boa ferramenta para seguir utilizándoa no futuro en contextos semellantes”. Así mesmo, Carmen Pardo falou da necesidade de dotar de oferta complementaria ás casas de turismo rural xa que existen experiencias na actualidade que lograron incrementar nun 50% as súas cifras de ocupación dende o mes de maio grazas á oferta de actividades complementarias e á paquetización do produto turismo rural de Galicia.

Así mesmo, a secretaria xeral para o Turismo destacou a importancia de homoxeneizar os sistemas de recollida de datos e de atopar un “modelo común” para traballar en sintonía e facer que os datos sexan unha “ferramenta tanto para a toma de decisións inmediatas para a Administración, como para o propio sector e para que os medios e a sociedade dispoñan de datos rigorosos”.

Carmen Pardo tamén puntualizou que ademais dos datos de ocupación e de pernoitas cómpre dispor dos datos relativos ao gasto medio e aos ingresos do sector que son “elementos moi importantes” á hora de valorar a situación.

Galicia rexistrou en xullo de 2009 un total de 400.778 viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros da comunidade, un 1% menos que no mesmo período de 2008. Esta lixeira caída é sen embargo inferior á media nacional, pois no conxunto do Estado a cifra de viaxeiros diminuíu un 4,8%.

En canto ao volume de pernoitas en establecementos hoteleiros, Galicia experimentou unha caída do 1% interanual en xullo de 2009, porcentaxe inferior á media estatal que se situou en torno ao 4,8%. Un 84% das pernoitas son de turismo nacional e o 16% restante corresponde aos estranxeiros. Se tomamos como referencia as pernoitas dos viaxeiros nacionais as cifras amosan un lixeiro pero significativo aumento intranual do 0,5%, rompendo desta maneira a tendencia rexistrada en meses anteriores. Tamén a ocupación media dos hoteis en xullo descendeu un punto a respecto dos datos de 2008 pero no conxunto de España a caída rexistrada foi de 4 puntos porcentuais. En xullo o turismo rural experimentou, sen embargo, un crecemeto a respecto das cifras de ocupación de xullo de 2008 do 14,57%.

Segundo os datos do INE, os prezos hoteleiros caeron de media en Galicia un 1,1% no pasado mes de xullo. En termos interanuais, os prezos medios descenderon algo máis do 4% respecto a xullo do ano pasado. No tocante ao índice de ingresos, como consecuencia do anterior, os ingresos hoteleiros caeron tamén no pasado mes de xullo un 2,4% respecto a xullo de 2008. Segundo datos de EGATUR (Enquisa de Gasto Turístico), o gasto total dos turistas estranxeiros que viñeron a Galicia o pasado mes de xullo foi de 6.650.000 euros, o 6% menos que en xullo de 2008. Similar comportamento experimentaron as cifras do gasto medio por persoa que descendeu case un 3% e do gasto medio diario, que baixou un 3,4%.

O pasado mes de xullo rexistráronse un total de 26.194 peregrinos na Oficina do Peregrino, cifra que supón un incremento de case o 25% a respecto de xullo de 2008. No que vai de ano a cifra de peregrinos ascende a un total de 75.180, un 16% máis que no mesmo período de 2008. En agosto de 2008 viñeron a Santiago 60.697 peregrinos e en 2009 fixérono 63.827, isto é un 5,16% máis.

A enquisa de ocupación de albergues do Xacobeo amósanos que un total de 245.279 peregrinos pernoitaron ata o 31 de agosto nos albergues de todos os Camiños.
R.