Skip to main content

El Eje Atlántico estudia una oferta de promoción turística conjunta de la Eurorregión

Nota de prensa remitida polo Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol:

Representantes dos 34 municipios galegos e portugueses que forman parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular se deron cita en Ferrol para analizar a posta en marcha dunha oferta de promoción turística conxunta. Así o avanzaban ao remate da xuntanza o alcalde da cidade anfitriona, Vicente Irisarri; o concelleiro de Promoción Turística e presidente da Comisión delegada de Turismo do Eixo, Ramón Veloso, e a responsable do departamento de programas do Eixo, Rita Fidalgo. Nesta liña, Ramón Veloso sinalaba que os representantes municipais debatiron durante toda a mañá as fórmulas e campañas que debe pór en marcha o Eixo para lograr convertir a Eurorrexión nun destino turístico único de primeiro nivel. O concelleiro asegurou que o obxetivo pasa por aunar esforzos e pór en valor o extraordinario patrimonio natural, arquitectónico, histórico ou etnográfico do conxunto das localidades que integran a Eurorrexión. Pero toda promoción precisa de fortes investimentos, polo que avanzou que a institución está tentando recabar o respaldo económico da Xunta de Galicia e de Turismo Porto Norte para facer efectivos os proxectos. Así mesmo, Veloso asegurou que o éxito das políticas que emprenda a Eurorrexión pasa por primar os produtos turísticos que pode ofrecer o Norte da Península, como a oferta de deportes náuticos, paraxes naturais ou rutas termais.

Doutra banda, Rita Fidalgo avanzou a inminente distribución de 100.000 exemplares dunha publicación de recursos turísticos da Eurorrexión nas principais vilas de Galicia e Portugal para profundizar na difusión da oferta de todas e cada unha das localidades que integran o Eixo Atlántico.

Pola súa banda, Vicente Irisarri destacou o feito de que, nos últimos meses, Ferrol se convertise en epicentro dos debates do Eixo en temas de extraordinaria trascendencia para a cidade: transportes e comunicacións e turismo. E é importante porque, segundo expuxo o alcalde, ambos sectores son claves para avanzar na necesaria diversificación económica. Centrándose no campo do turismo, asegurou que Ferrol busca nestes momentos desenvolver definitivamente o sector e, para isto, considerou clave profesionalizar a xestión e pór en marcha a Empresa Municipal de Turismo. Cuestión esta última inminente.
R.