Skip to main content

Lugo, Pontevedra y Ourense protagonizan la primera jornada de Galicia en Fitur 2009

La oferta turística de Lugo, Pontevedra, Ourense y Arousa ha centrado la promoción de Galicia durante la primera jornada de la Feria Internacional de Turismo (FITUR) que se celebró en Madrid.Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, presentó la guía donde se recogen las excelencias culinarias de esta provincia. El conselleiro afirmó que «Lugo y su provincia adquiriendo día a día mayor impulso a nivel turístico y su oferta se percibe como atractiva, distinta e identificable como genuínamente gallega».

Asimismo, se realizó el acto de presentación de una guía de turismo urbano y cultural, y de «Ourense, capital termal», una ruta virtual a través de los yacimientos termales de esta ciudad, y se dieron a conocer los Bonos Fegatur, con descuentos en los establecimientos asociados, y la guía de «Arousa Norte en cuatro pasos». La décima edición del salón gastronómico Xantar, que se celebrará del 4 al 8 de Febrero, cerró los actos de la primera jornada de Galicia en Fitur 2009.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar de la Xunta de Galicia:

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, afirmou que no actual contexto de crise “temos que continuar a apostar polo turismo como elemento dinamizador da nosa economía” e lembrou que o turismo é unha das actividades máis importantes para o país, xa que representa un 12% do PIB, cuns ingresos de 6.000 millóns de euros e o 13% do emprego. Quintana fixo estas declaracións en Madrid, durante a súa visita a Fitur, na que estivo acompañado polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e durante a que se achegou ao pavillón de Galiza e a distintos stands que promocionan na feira destinos turísticos galegos.

Quintana indicou que, para evitar que o sector turístico se vexa perxudicado pola actual coxuntura económica, se ten posto en marcha o Plan de Acción Turística 2009. Segundo explicou, a estratexia para o presente ano céntrase, en primeiro lugar, no turismo de proximidade, así como no mercado español, especialmente naquelas comunidades de procedencia do maior número de visitantes, como Madrid, Valencia, Andalucía, Cataluña e Castela e León, Euskadi, e tamén o norte de Portugal. Do mesmo xeito, o plan prevé a promoción específica daqueles destinos menos coñecidos como a Costa da Morte, Ferrol-Ortegal, o interior de Lugo e Ourense, a Ribeira Sacra, a Reserva da Biosfera de Allariz, Manzaneda, ou Pena Trevinca, entre outros. Ademais, segundo detallou, búscase promocionar produtos específicos como o turismo rural, o náutico, o golf, o turismo nos centros históricos e o turismo de natureza, e explotar en maior medida o potencial gastronómico.

Trátase tamén neste primeiro semestre do ano de incidir na promoción e difusión dos recursos turísticos para paliar os efectos da crise, a través de acordos con outros organismos e a internacionalización, coa apertura de novas conexións con outras cidades europeas. Quérese fortalecer a colaboración con outros actores, tanto con outras administracións como actores privados, de cara a unificar esforzos e ter un maior impacto na consecución de obxectivos comúns. Desenvolveranse ademais accións de comercialización no estranxeiro, reforzando a nosa presenza en catro mercados europeos (Alemaña, Reino Unido, Francia e Italia), así como en Brasil, Estados Unidos e Canadá.

O vicepresidente tamén sinalou, aproveitando a proximidade do Ano Santo Compostelán 2010, ao Camiño de Santiago como reclamo para a atracción de máis turistas que se acheguen tamén a outros destinos galegos. Para conseguir isto, entre outras melloras, apuntou que se van mellorar as infraestruturas de aloxamento no Camiño, marcando como obxectivo dotar as oito rutas que percorren o país ata Compostela cun albergue público cada 25 quilómetros.

Para materializar todas estas liñas de actuación, detallou que o Plan de Acción de Turgalicia e o Xacobeo conta cun orzamento superior aos 20 millóns de euros en 2009. Neste ano, Turgalicia estará presente en máis de 40 feiras do sector.

Quintana apuntou á nova Lei de Turismo, aprobada o pasado mes de novembro, como o instrumento que vai permitir consolidar o peso do sector turístico na nosa economía e incrementar os fondos procedentes desta actividade para o país. “Esta Lei plasma a nova concepción desta política que precisaba Galiza e que xa iniciamos nesta lexislatura”. Neste senso, o vicepresidente afirmou que “á nosa chegada ao Goberno da Xunta marcámonos como obxectivo a elaboración dunha nova lei para o turismo galego e cumprimos”.

Segundo explicou, a norma vai permitir contar cun sector máis profesionalizado e capaz de competir nos mercados internacionais; promove un turismo sustentable, que busca a viabilidade económica pero tamén a preservación da nosa diversidade natural e do noso patrimonio cultural; e garante a cohesión e o equilibrio territorial do país, poñendo énfase na promoción do turismo no medio rural. Por outra parte, quérese “facer país tamén co turismo”, buscando un aproveitamento das nosas vantaxes diferenciais como a lingua, a cultura, a identidade e a gastronomía como activos da oferta turística galega á hora de competir.

A nova normativa prevé tamén novos medios para a consecución destes fins, como o Consello Regulador de Turismo, que actuará como foro de participación do sector, e a Rede Galega de Oficinas de Turismo, que permitirá proporcionar unha información homoxénea e favorecerá a cooperación entre Xunta e Concellos evitando duplicidades. No texto legal actualizase ademais a clasificación dos establecementos de turismo, simplificándoa e facendo categorías máis flexibles.

O vicepresidente asegurou que a aplicación desta norma debe permitir achegarnos aos 10 millóns de turistas nos próximos catro anos, dos que dous millóns serán estranxeiros.

Quintana concluíu que ao comezo da nova lexislatura o reto era consolidar a imaxe de Galiza como destino turístico atractivo e alternativo á oferta tradicional doutras partes do Estado, pero tamén de incrementar a nosa oferta e explotar todo o noso potencial para atraer máis público a máis zonas do país. “Para logralo, nos últimos anos establecemos un novo modelo turístico adaptado ás demandas actuais do sector e ás necesidades de Galiza”. Neste senso, o vicepresidente adiantou que de cara á vindeira lexislatura “imos reforzar aínda máis esta política, para optimizar toda a nosa riqueza, pero ao mesmo tempo garantir a súa sostenibilidade e procurando ademais o reequilibrio territorial”.

Nesta edición de Fitur, os esforzos galegos concéntranse na promoción das cidades históricas e no turismo urbano, equilibrando a oferta coa promoción do turismo de natureza, tanto de costa como de interior. Ademais, a promoción de destinos concretos combínase coa promoción das diversas variedades de turismo como o termal, o náutico ou o gastronómico, para amosar a amplitude da oferta do País.

Nota de prensa de Turgalicia:

Fiel a la primera cita del calendario ferial, la Sociedad de Imagen y Promoción Turística de Galicia, TURGALICIA acude a la Feria Internacional del Turismo (FITUR) que se celebra entre los próximos días 28 de enero y 1 de febrero en el Recinto feiral Juan Carlos I de Madrid. El turismo de Galicia estará presente en esta cita, que el pasado año congregó a más de 250.000 personas –de las que 160.000 eran profesionales– con un stand con una superficie que supera los 1.600 m2.

En FITUR, consolidada ya como una convocatoria líder en el Estado español para el mercado turístico, TURGALICIA buscará destacar entre los más de 170 países y Comunidades participantes con un expositor que mostrará lo mejor de nuestra tierra.
Así, su diseño concebido bajo una estética de vanguardia recoge la esencia de las líneas de promoción de la oferta turística gallega, basadas en el estilo de vida y transmitiendo una imagen de Galicia evocadora, entrañable, amable y, como siempre, de calidad. De este modo, TURGALICIA quiere potenciar el carácter de Galicia como destino turístico con personalidad propia generando una respuesta emocional en la mente de las personas que visiten el espacio.

Para eso se ha elegido como eje de comunicación principal del stand una serie de grandes imágenes gráficas que representan con fuerte atractivo visual los diferentes productos y recursos turísticos gallegos, combinados con bandas de una de las gamas cromáticas más representativas de Galicia: el color azul.

Teniendo en cuenta que Galicia comprende multitud de aspectos, el espacio expositivo destinado a nuestro país estará dividido en diferentes apartados a través de los que se difundirá la oferta turística general: Galicia; Camino de Santiago/Xacobeo; Ciudades de Galicia, en el que estarán representados como coexpositores los ayuntamientos de: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo; Turismo de interior, que presentará la oferta turística general del interior de Galicia con el Patronato Provincial de Turismo de Ourense, Consorcio de Turismo Ribera Sagrada y Tierras de Ulla y Tambre; Rías de Galicia, apartado en el que estarán como coexpositores A Mariña lucense, Ferrol-Ortegal, Costa da Morte, Arousa norte, Terras de Pontevedra, O Salnés; centros históricos; Turismo Termal; Turismo Náutico; Turismo Activo; cocina atlántica y alojamientos.

En el área expositiva se desarrollarán, además, una serie de actividades como la presentación de productos y recursos turísticos y degustaciones. El stand contará, por otra parte, con un bar de aguas, abierto a todos los públicos en el que se podrán saborear gratuitamente las diferentes marcas gallegas de aguas minerales y que, durante el 31 de enero y el 1 de febrero, se conectará con un “espacio de relax” donde el público podrá descansar contemplando imágenes y vídeos de Galicia. También el sábado 31 de enero, diversos personajes representativos del marisco, en una aportación del ayuntamiento de O Grove, animarán a todos los visitantes del expositor de Galicia.
R.