Los campeones olímpicos Carlos Pérez y Saúl Craviotto peregrinan a Santiago de Compostela
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Dirección Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia:
Os campións olímpicos en K-2 500 metros, Carlos Pérez e Saúl Craviotto, culminaron a súa peregrinación a Santiago de Compostela, cumplindo así coa promesa que fixeran antes de viaxar a Beijing.
“A verdade é que foi unha experiencia moi bonita e dan gañas de repetir. Ogallá dentro de catro anos volvamos a estar aquí, pois iso diría que as cousas tamén nos foron ben nos Xogos Olímpicos de Londres”, confesou Carlos Pérez.
Os dous padexeiros, que foron recibidos na praza do Obradoiro polo xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico, agradeceron o “apoio” que recibiron da Dirección Xeral para o Deporte e do equipo ciclista profesional Xacobeo Galicia para facer realidade este soño.
Pérez e Craviotto recibiron a visita da directora xeral para o Deporte, Marta Souto, na localidade de Arzúa, onde tamén foron homenaxeados pola corporación municipal.
Os campións olímpicos realizaron todo o percorrido acompañados do seu adestrador, Miguel García, do seu fisioterapeuta persoal, Rodrigo Tiebo, do irmán de Carlos Pérez, Suso, e do adestrador do Náutico O Muíño de Ribadumia, José Manuel Vázquez.
Ademais, onte uniuse a eles na penúltima etapa do Camiño de Santiago, que se iniciou en Portomarín e rematou na localidade de Brea, o ciclista do Xacobeo Galicia, Gonzalo Rabuñal, mentres que hoxe foi o director deportivo do equipo, Jesús Blanco Villar, quen os acompañou dende Brea ata Santiago de Compostela.

R.