Skip to main content

París acoge la exposición fotográfica sobre la relación de los caminos de Santiago y el kumano

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

Até odía 28 de setembro poderá visitarse na Salle du René Capitant de París a exposición Santiago-Kumano. Camiños de peregrinación, que está promovida pola Consellaría de Innovación e Industria, a través da SA de Xestión do Plan Xacobeo, e a Prefectura de Wakayama (Xapón). A exposición fotográfica aborda as relacións que Galiza mantén co Xapón. A paixón polo patrimonio monumental e natural, a forte presenza do mar (na cultura, nos modos de vida, na gastronomía...) ou o respecto polas tradicións e os costumes, froito da experiencia que proporciona unha longa e intensa historia, son só algúns deses puntos en común, que cristalizan, por exemplo, en realidades espirituais, culturais e turísticas coma o Camiño de Santiago en Galiza e o Kumano Kodo en Xapón.

A exposición conta con 60 fotografías destes dous camiños de peregrinación que pertencen ao Patrimonio da Humanidade. A mostra poderá verse en Tanabe (Wakayama) entre os días 5-26 de setembro, París (10-28 de setembro), Santiago de Compostela (Igrexa da Universidade, 2-26 de outubro) e Tokío (Aida Museum, decembro de 2008-febreiro de 2009).

Santiago-Kumano. Camiños de peregrinación consta de imaxes en branco e negro de dous fotógrafos de gran prestixio internacional: o xaponés Tomohiro Muda, que fixo varias veces o camiño de Santiago e visitou Compostela para realizar o seu traballo, e o galego Luis Ocaña, que estivo tres meses no territorio do Camiño Kumano, en Xapón, para ultimar a súa colección. Coa obra conxunta destes dous artistas poderase apreciar algúns dos valores máis importantes da peregrinación a Compostela e Kumano: a importancia da historia e a arte propia dos camiños, a forza da natureza e, en xeral, a fondura de sentimento que respiran todas e cada unha destas fotografías.

A comunicación, o entendemento e mesmo a irmandade entre pobos afastados xeograficamente, caso de Galiza e Xapón, faise posible en grande medida grazas á arte, manifestación universal da sensibilidade e o xenio do home, que traspasa fronteiras.
R.