Skip to main content

100.000 viajeros por la Red eligen Galicia, destino atlántico como la mejor campaña turística

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A campaña publicitaria do turismo de Galicia que desenvolveu o pasado verán a Consellaría de Innovación e Industria nas televisións de ámbito estatal foi galardoada co premio MuchoViaje 2007 á mellor campaña de publicidade, concedido polas votacións de máis de 100.000 viaxeiros por Internet. O xerente de Turgalicia, Xesús Pereira, recolle o premio na cerimonia organizada por MuchoViaje en Madrid.

A campaña premiada, “Galicia, destino atlántico”, é a segunda que promociona o turismo galego no ámbito estatal. Apostou claramente pola identificación de Galicia e o Camiño de Santiago cun destino único, no que ten especial presenza todo o relacionado co Atlántico, e resaltou as emocións e os sentimentos que só poden experimentarse cando se visita Galiza.

Segundo o director xeral do grupo MuchoViaje, José Manuel Fernández, esta iniciativa publicitaria contribuíu a “consolidar unha corrente de Turismo que se está a in-crementar de xeito sostido durante os últimos anos”. MuchoViaje é unha das principais empresas de Internet e comunicación do sector turístico en España. Está integrada pola revista Muchoviaje, a súa propia axencia de viaxes on line e outros soportes de comunicación, como o programa de televisión do mesmo nome. Os premios MuchoViaje son convocados pola revista, que conta cun EGM de 162.000 lectores e un OJD de 27.000.

Desenvolvida entre o 1 e o 30 de xuño pasados, foi vista polo 94,3% dos cidadáns españois maiores de dezaseis anos. A campaña contou coa música do grupo folk galego Luar na Lubre e a voz do actor lugués Luís Tosar, e incluíu un spot específico sobre o Camiño de Santiago e outro xeral do destino Galiza, anuncios en prensa e cuñas radiofónicas.
R.