Presentado el programa conmemorativo del 20 aniversario del Camino de Santiago como Primer Itinerario Cultural Europeo
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:
Santiago acolle ás delegacións europeas que viaxan a Galiza para asistir aos actos conmemorativos do vixésimo aniversario da Declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, organiza dende o 20 ao 26 actos relacionados coas rutas culturais que vertebran Europa e mais coa distinción outorgada hai 20 anos á ruta xacobea polo Consello de Europa.
Entre os eventos previstos, celebrarase un gran acto oficial no que se lerá unha nova Declaración do Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo vinte anos despois daquela primeira distinción, que servira para dar dimensión oficial internacional á ruta de peregrinación. Ademais, a consellería prepara diversos encontros entre representantes dos diferentes itinerarios que nestes 20 anos viñeron sendo distinguidos coa declaración de Itinerario Cultural Europeo despois do Camiño de Santiago. Haberá un ciclo de conferencias, un concerto conmemorativo, unha exposición fotográfica e unha identificación das rúas de Santiago co nome dos 24 itinerarios culturais declarados até o momento polo Consello de Europa. Deste modo, os actos organizados para conmemorar o aniversario da ruta Xacobea servirán tamén para promocionar e dar a coñecer as outras rutas que comparten distinción co camiño de peregrinación a Compostela.
Tal e como recolleu aquela primeira declaración, está previsto que os mozos participen, así mesmo, en diversos actos organizados pola Consellería de Innovación e Industria en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Do mesmo xeito, tanto o Concello de Santiago de Compostela a través das Concellerías de Cultura e Centros Socioculturais e mais de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, como o Instituto Europeo de Itinerarios Culturais colaboraron na organización deste programa que encherá as rúas de Compostela de referencias á cultura europea.
Xornada no Cebreiro
Ademais da capital de Galiza, tamén O Cebreiro –por ser un dos puntos emblemáticos do Camiño en Galiza- acolle unha xornada de encontro entre representantes institucionais e civís con protagonismo e coñecemento da realidade xacobea a finais dos anos oitenta/primeiros dos noventa, para dialogar sobre os seguintes temas O pasado. O Camiño, vinte anos atrás e mais O futuro. Un camiño europeo: ¿segue sendo posible o ideal?.Con este encontro trátase de dar a voz outra vez a determinadas persoas que, polas súas responsabilidades institucionais e pola súa iniciativa, tiveron protagonismo a distintos niveis no relanzamento contemporáneo do Camiño de Santiago durante o período sinalado, un tempo recoñecido xa como clave para a realidade actual desta Ruta. Búscase analizar con perspectiva temporal e capacidade de contraste aquel período e poñelo, no seu caso, en relación co presente en distintos ámbitos.

R.