Skip to main content

La Xunta colabora con la cadena norteamericana PBS en una serie gastronómica presentada por la actriz Gwyneth Paltrow

La Dirección Xeral de Turismo colabora con la cadena norteamericana PBS en una serie sobre gastronomía conducida por la actriz Gwyneth Paltrow que incluye varios episodios sobre Galicia y su oferta culinaria. Así, gracias a la colaboración de la Consellería de Innovación e Industria, la serie Spain... on the road again, aborda en varios capítulos las prácticas culinarias gallegas y la cultura de Galicia.

La serie, que se divulgará en el ámbito internacional en horario de máxima audiencia, cuenta con la producción de Frappe INC presidida por Charly Pinsky y representada en el Estado por Eduardo García. Consta de 26 capítulos de 30 minutos de duración protagonizados por las actrices Gwyneth Paltrow y Claudia Basolls, y por el chef italo-americano Mario Batali y el columnista del New York Times Mark Bittmann. La serie será emitida en la primavera de 2008.

Dos personajes buscan durante la producción su próxima gran experiencia culinaria por los diferentes territorios; los otros dos añaden añaden a los placeres gastronómicos su interés por la arquitectura, el paisaje, las ofertas de ocio y las diferentes músicas. Así, Galicia será uno de los destinos del viaje de los cuatro entre los capítulos 7 y 14 de la serie y, según avanzó Turismo, de momento se sabe que la capital gallega y el Camino de Santiago protagonizarán buena parte del tiempo dedicado a la comunidad.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

En formato serie e producida pola cadea norteamericana PBS chega ás pantallas de televisión un produto audiovisual innovador sobre a gastronomía dos distintos territorios que integran o Estado. Grazas á colaboración da Consellaría de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Turismo, a serie “Spain...on The road again” abordará en varios dos seus capítulos as prácticas culinarias galegas e mais a cultura do noso país.

A serie, que se divulgará a nivel internacional en horario de máxima audiencia, conta coa produción de Frappe INC presidida por Charly Pinsky e representada no Estado por Eduardo García. Consta de 26 capítulos de 30 minutos de duración protagonizados polas actrices Gwyneth Paltrow e Claudia Basolls, e mais polo chef italo-americano Mario Batali e o columnista do New York Times Mark Bittmann. Dúas personaxes buscan durante a produción a súa próxima gran experiencia culinaria polos distintos territorios; os outros dous engaden aos praceres gastronómicos o seu interese pola arquitectura, a paisaxe, as ofertas de ocio e as distintas músicas.

Galiza é un dos destinos da viaxe dos catro entre os capítulos 7 e 14 da serie e sábese que Santiago de Compostela e o Camiño de Santiago protagonizarán boa parte do tempo dedicado ao noso país. O resto das rutas que se desenvolverán en Galiza son “unha sorpresa que non se desvelará até a emisión dos capítulos”, tal e como comentaron hoxe os seus protagonistas na rolda de prensa que tivo lugar en Madrid.

“Spain...on the road again” emitirase na primavera de 2008 e os capítulos serán publicados en versión escrita no New York Times e mais na web do xornal. Gravaranse en inglés e en castelán –co obxectivo de chegar ao público de fala hispana nos Estados Unidos– e unha vez finalizada a experiencia editarase un libro de receitas cos pratos máis representativos de cada lugar. Durante a rolda de prensa, as actrices, o xornalista e o chef manifestaron publicamente o seu agradecemento a Galiza pola colaboración e polo interese. Bittmann comentou que xa estivo hai un tempo no noso país e que afronta con ilusión o proxecto que emprenden. En breve, a produtora trasladarase a Galiza para comezar a rodaxe dos capítulos que se emitirán o vindeiro ano.
R.