Skip to main content

Presentadas las candidaturas de la Torre de Hércules y el Ferrol de la Ilustración al reconocimiento de Patrimonio de la Humanidad

La conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ha considerado que la Torre de Hércules, en A Coruña, tiene «muchas posibilidades» de ser declarada Patrimonio de la Humanidad por la Unesco, una vez que se ha enviado al Ministerio de Cultura toda la documentación necesaria para respaldar esta candidatura. «Afrontamos con todo el orgullo, mucho honor y mucha, mucha documentación esta candidatura», afirmó Bugallo, quien subrayó que la presentación de la torre coruñesa está «perfectamente justificada».

Así, recordó que es el único faro romano en activo en todo el mundo, además de uno de los edificios más altos construidos por esta civilización que se conservan en la actualidad gracias a sus 34 metros. También resaltó que muestra la introducción en el mundo occidental atlántico de las tecnologías marítimas romanas, una técnica constructiva «con una calidad tremenda» y un vestigio de la planificación de la navegación a gran escala durante el Imperio Romano. Respecto a la posición del Gobierno central sobre el faro coruñés, la conselleira de Cultura apuntó que «lo lógico es que el Ministerio de Cultura mantenga la misma actitud respecto a todas las candidaturas españolas».

Por su parte, el alcalde de A Coruña en funciones, Henrique Tello, aseguró que la ciudad está «expectante» ante esta candidatura y animó a todos los coruñeses y demás gallegos a que se «vuelquen» con el faro romano. Tello observó que «toda A Coruña ha girado mucho alrededor de la Torre», ubicada en un entorno «cargadísimo de la historia de la ciudad», algo que, en su opinión, valoran también los turistas, ya que en los primeros siete meses de este año el faro romano registró 38.000 visitas más que en 2006, con casi 100.000 en agosto.

El director general de Patrimonio, Felipe Arias, afirmó por su parte que en la Xunta son «optimistas dentro de la dificultad» de lograr la declaración del faro romano y subrayó como principal baza de la Torre que «afortunadamente tiene una imagen, es un icono sin parangón en el mundo» y tiene «un valor reconocido».
Arias será quien defienda la solicitud de la Torre los días 10 y 11 de octubre en Cartagena ante el Consejo del Patrimonio Histórico Español, donde todas las comunidades autónomas y el Ministerio de Cultura debatirán sobre una veintena de bienes para decidir las candidaturas que finalmente se enviarán a la Unesco en representación de España.

Galicia presenta, junto a la candidatura de la Torre de Hércules, la de Ferrol de la Ilustración, pero estas dos opciones no suponen una competencia negativa, ya que, como observó el director general de Patrimonio, cada comunidad autónoma baraja todos los años varias candidaturas y presenta distintas alternativas. Bugallo explicó que la candidatura de Ferrol comprende casi doce kilómetros de zona costera con unas fortalezas que custodian la ría y que forman parte fundamental del entramado de la ciudad. Señaló que es «un buen ejemplo de la Ilustración, de una forma distinta de construcción urbana, además del paso de una villa marinera a una ciudad que goza de un enorme grado de conservación». En opinión de Arias, se trata «casi de una ciudad completa, que se planificó de nuevo a partir del siglo XIX» y valoró esta candidatura sobre otros arsenales reconocidos, porque además se completa con edificios civiles.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia:

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, presentaron as candidaturas a Patrimonio da Humanidade da Torre de Hércules e do Ferrol da Ilustración, no Museo de Belas Artes da Coruña e na delegación da Xunta en Ferrol, respectivamente.

A Consellaría de Cultura e Deporte enviou ao Ministerio de Cultura toda a información necesaria para que o Ferrol da Ilustración e a Torre de Hércules poidan ser candidatas ao Patrimonio da Humanidade da Unesco. O dosier remitido ao Ministerio e elaborado pola Consellaría inclúe aspectos técnicos e históricos das construccións de Ferrol do século XVIII e profundiza nos motivos polos que Cultura considera que a cidade debe formar parte dos bens declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Xunto á cidade da Ilustración, a Consellaría aposta pola candidatura da Torre de Hércules por ser o único faro romano que segue en activo en todo o mundo.

O departamento que dirixe Ánxela Bugallo, que deseñou e elaborou as candidaturas galegas, xa conseguiu que ambas as dúas candidaturas figuren desde o ano 2006 na listaxe provisional de candidatas. Coa presentación de toda a documentación, afianzan a súa posición. Agora, as candidaturas de Galiza terán que competir coas doutras comunidades autónomas para figurar na lista que o Estado español presente á UNESCO.

Representantes de todas as comunidades autónomas e do Ministerio reuniranse o 10 e 11 de outubro en Cartaxena no seo do Consello de Patrimonio Histórico Español e decidirán cales serán as candidaturas finais que se envíen á UNESCO en representación do estado. O director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, defenderá as candidaturas galegas nunha dura competencia con máis dunha vintena de bens doutras comunidades autónomas. Se superan esa peneira, a Torre e a candidatura ferrolá pasarán á UNESCO que avaliará se son merecedoras de seren recoñecidas como Patrimonio da Humanidade.

Na documentación de apoio á candidatura da Torre, a Consellaría de Cultura destaca que a Torre de Hércules é o único faro romano que segue en activo en todo o mundo. Se ben a súa cuberta exterior e o piso superior proceden dunha restauración de estilo neoclásico rematada no ano 1791, a Torre de Hércules mantén unha parte importante da construción romana orixinal. Esta pode verse en dúas partes: os alicerces e o interior. De feito, a cuberta exterior agocha o faro romano interior, perfectamente conservado e resgardado.

Desta forma a de Hércules supón un testemuño único das torres de sinalización marítima levantadas polas civilizacións da Antigüidade. Trátase dunha mostra da tecnoloxía marítima e das técnicas construtivas romanas, á vez que un vestixio da planificación da navegación a grande escala do Imperio Romano.

A conselleira de Cultura e o director xeral de Patrimonio estiveron acompañados na presentación da candidatura ferrolá polo alcalde, Vicente Irisarri, e a concelleira de Patrimonio, Mercedes Carbajales, nun acto no que se subliñou a importancia destes bens como exemplo de integración da arte e da ciencia mundial do século XVIII.

O Ferrol da Ilustración é un conxunto patrimonial histórico cunha unidade espacial que recolle a xeografía da ría de Ferrol, cunha unidade temporal do seus proxectos que comeza na segunda metade do século XVIII e prolónganse ata o XIX, e máis cunha unidade estética no seu estilo e tecnoloxía académicos. O seu esquema corresponde coa cidade portuaria ideal do clasicismo ao constar dun porto-arsenal, dunha área residencial e das construccións defensivas.

En canto á zona do Arsenal hai que distinguir o da Armada Española e o Civil cos seus respectivos diques. Na área da Cidade-Praza Forte, o seu exemplo máis destacado é o barrio da Magdalena, estructurado nunha retícula de seis rúas lonxitudinais e nove transversais con dúas prazas nos extremos nas que desembocan as tres rúas principais, un novo modelo urbán, único en Galiza que fai de Ferrol unha cidade producto da Ilustración. E por último, o Ferrol da lustración tamén acolle as edificacións de defensa construídas ao longo da Ría e Costa Exterior como o Castelo de San Felipe, o Castelo da Nosa Señora da Palma, Batería de San Cristovo, etc. En total son máis de 50 construccións de arquitectura e enxeñerías portuarias e militares ás que hai que engadirlles un gran patrimonio moble constituído por máis dun millar de documentos e planos da época.

A elección dos bens que pasan a integrarse na Listaxe de Patrimonio Mundial tómase no seo da UNESCO, da cal forma parte o estado español. O proceso para ser declarado Patrimonio da Humanidade é longo e complexo, xa que inclúe varios procesos sucesivos de selección. As comunidades autónomas presentan as súas candidaturas, que logo teñen que ser seleccionadas a nivel estatal para que o Ministerio de Cultura envíe unha escolma das mellores á UNESCO.

As candidaturas galegas neste ano son a Torre de Hércules e o Ferrol da Ilustración. A Consellaría de Cultura e Deporte apoia todos os bens galegos que se postulan a seren declarados Patrimonio da Humanidade. Porén, a Ribeira Sacra, o conxunto de Ancares galaico-leoneses e as Brañas galaico-asturianas e os Camiños do Norte e Primitivo a Santiago (que sería unha ampliación da declaración que xa ten o Francés) están pendentes de delimitación e de estudos máis concretos. A Consellaría xa ten en marcha algúns destes estudos de delimitación para poder afondar na súa candidatura.

R.