Skip to main content

El Bus dos Camiños a Compostela difunde las diferentes rutas Xacobeas

Nota de prensa remitida por Brandán Comunicación:

A partir do luns, tres de setembro, recorre os camiños de Santiago en Galicia “O BUS DOS CAMIÑOS A COMPOSTELA”, promovido por Brandán Comunicación, coa colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia .

Nesta primeira semana de campaña, o Bus visita os Concellos de Pedrafita, Triacastela, Samos, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, Negreira e Santiago. Nos ordenadores desta Aula Virtual Itinerante poderase consultar a información existente na Rede sobre os diversos camiños.

Calendario de visitas:

Día 3.- Mañá. PEDRAFITA
Día 3.- tarde.- TRIACASTELA

Día 4.- mañá.- SAMOS
Día 4.- tarde.- SARRIA

Día 5.- mañá.- PORTOMARÍN
Día 5.- tarde.- PALAS DE REI

Día 6.- mañá.- MELIDE
Día 6.- tarde.- ARZÚA

Día 7.- mañá.- SANTIAGO
Día 7.- tarde.- NEGREIRA

Horarios:
Mañás.- 10 a 13 h.
Tardes.- 17 a 20 h.
R.