Skip to main content

El turismo de salud de Galicia se promociona en Portugal

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Innovación e Industria, a través de Turgalicia, inicia a promoción Sumérxete en Galiza no centro comercial Colombo de Lisboa ao obxecto de promocionar o Turismo de Saúde entre os cidadáns da capital lusa. Esta promoción, que se desenvolve en Lisboa ato o sábado, 23 de xuño, tamén se realiza no centro comercial Norte Shopping do Porto, entre os días 26 de xuño e 1 de xullo.

Ao longo destas datas, Galiza está presente en Lisboa e Porto, onde se recreará unha zona de augas e un gran spa urbano que gratuitamente se porá a disposición de todas as persoas que o visiten.

Co fin de mostrar que a auga en Galiza se pode gozar de moitos xeitos distintos, Turgalicia informará sobre a oferta turística do país, nun espazo de 500 metros cadrados na que se distribuirán varias zonas.

Na primeira zona, o auga bar, o visitante pode refrescarse e prepararse para a masaxe que recibirá a continuación, nunha área de relaxación ambientada con música chill out e decorada con pantallas de plasma nas que se proxectarán imaxes turísticas de Galiza e onde se poderán degustar diferentes tipos e marcas de auga galega.

Nesta degustación, en Barcelona, colaborarán de xeito desinteresado as marcas de auga embotellada Cabreiroá, Mondariz, Sousas, Fontenova e Fontecelta.

A continuación, na área spa, formada por 5 cabinas de masaxe, as persoas que se acheguen aos anteditos centros comerciais poderán elixir entre masaxes faciais, de colo ou costas que recibirán de xeito gratuíto de mans dun profesional nunha atmosfera diáfana, ambientada con diferentes músicas.

Para concluír o percorrido, na terceira área accederase a toda a información turística de Galiza. Ademais, o usuario poderá crear a súa propia burbulla de sales, escollendo entre todas as que estarán dispostas nos numerosos pebeteiros, para levar como lembranza unha mostra da promoción e a auga de Galicia.

R.