Skip to main content

Arranca la campaña promocional de Galicia en España: se presenta el Club Galicia Premium para fidelizar la visitas

La campaña de promoción de Galicia comienza en el Kursaal de San Sebastián donde unos 60 empresarios gallegos muestran a más de 300 representantes del sector vasco los nuevos productos que la Comunidad pretende impulsar como los viajes de cultura y naturaleza o golf. Este año, la campaña promocional de Galicia se basa en su condición de destino atlántico y en sus productos, diferenciados del resto de España, mediante la promoción de los contornos históricos de las ciudades de Galicia y la Ribeira Sacra.

También se insiste en mecanismos de fidelización como el Club Galicia Premium, así como en el impulso del turismo rural a través de los programas de descuento Días Verdes y Días Verdes de Ouro, con rebajas del 20% y noches de alojamiento gratuíto, respectivamente. Asimismo, se promocionan productos de la gastronomía gallega, gracias al acuerdo con las entidades, Ternera Gallega y Aguardiente de Galicia.

La Consellería de Innovación e Industria, a través de Turgalicia, inicia, así, en San Sebastián la presentación de la oferta turística gallega en España para 2007 y que se desarrollará en ocho ciudades elegidas por su potencial para atraer visitantes. Pamplona, Málaga, Granada, Lleida, Girona, Toledo y Alcalá de Henares son las ciudades donde hasta el 17 de mayo, Turgalicia promociona los productos vacacionales de esta comunidad.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A Consellaría de Innovación e Industria, a través de Turgalicia, presenta o día 27 de febreiro, en Donostia, a oferta turística de Galiza para o mercado vasco, dentro da campaña de comercialización dos produtos turísticos galegos que precisamente se inicia mañá nesta cidade vasca, onde se darán cita 300 empresarios turísticos de Euskadi que poden entrar en contacto cos máis de sesenta representantes do sector turístico de Galiza, nun acto organizado pola Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia.

Esta campaña anual de presentacións da oferta turística para o ano 2007 no Estado levará o Turismo galego a oito cidades, tendo como eixo a comercialización dos produtos turísticos galegos a través das propias empresas turísticas que viaxan ás cidades elixidas e a promoción dos recursos turísticos galegos.

Así, en Donostia, o director xeral de Turismo, Rubén Lois, encabeza unha misión comercial na que participarán máis de 60 empresarios galegos, que se reunirán a partir das 20:30 horas no Centro Kursaal de San Sebastián con empresarios turísticos vascos para comercializar os seus produtos. Logo, terá lugar unha cea espectáculo na que se presentará o destino Galiza de xeito xeral.

Este ano, a presentación do Turismo galego centrarase na promoción de Galiza coma un destino turístico netamente atlántico, con produtos diferenciados dos do resto do Estado e dos que o visitante poderá gozar de distintos xeitos. Neste ámbito, promocionaranse de xeito especial os contornos históricos das cidades de Galiza e, dentro do interior a Ribeira Sacra. Ademais, daranse a coñecer os recursos relacionados coa Cultura e a Natureza, e incidirase nos produtos emerxentes tales como o golf.

Nun eido tan competitivo como a promoción turística, o noso país, a través de Turgalicia, adopta esta tempada un novo xeito de comunicación, co obxecto de cativar a atención dos operadores turísticos das cidades visitadas, a través dun espectáculo orixinal: Galiza, o cabaret.

Así, logo das xuntanzas de traballo entre os empresarios turísticos galegos e os das cidades visitadas, Turgalicia organizou un orixinal espectáculo baseado nunha historia de cabaret que fai de introdución á Galiza turística e que mantén a atención e sorprende aos asistentes por riba doutras presentacións turísticas máis clásicas.

Por outra parte, ademais dos anteditos recursos turísticos, Turgalicia potenciará o club de fidelidade Galicia Premium, ao obxecto de premiar aos visitantes máis fieis de Galiza. Tamén se promocionará a rede de aloxamentos de Turismo Rural, que para esta tempada ofrece importantes vantaxes, como son os programas de descontos en pernoitas Días Verdes, e Días Verdes de Ouro, con rebaixas do 20 por cento en aloxamentos rurais e pernoitas de balde, respectivamente.

Desde o 1 de marzo e ata o 17 de maio, o Turismo de Galiza promociónase, ademais de en San Sebastián, nas cidades de Pamplona, Málaga, Granada, Lleida, Xirona, Toledo e Alcalá de Henares, seleccionadas este ano polo seu potencial para vehicular visitantes cara a Galiza, segundo diversos estudios de demanda, e as necesidades do propio sector turístico.

Estas presentacións lévanse a cabo co obxecto de promover os encontros profesionais, onde entra en contacto o sector turístico galego coas canles de comercialización das axencias de viaxes e transportes, maioristas, así como con autoridades turísticas locais e medios de comunicación.

Estes encontros son de grande aceptación entre os representantes turísticos das cidades visitadas e constitúen un dos medios máis directos para informar da oferta turística galega ós axentes de comercialización.

Por outra parte, en cada presentación ten lugar tamén unha degustación da gastronomía galega que conta coa representación das asociacións de restauradores de Galicia.

As presentacións da oferta turística galega serven ademais para a promoción dos produtos gastronómicos de calidade entre o sector turístico das cidades visitadas.

Así, este ano, Turgalicia acadou un acordo coas entidades Ternera gallega e Augardente de Galiza para a inclusión nos distintos menús desta apreciada carne de vacún e dos augardentes e licores tradicionais de Galiza, á vez que se informa das peculiaridades destes produtos gastronómicos nas distintas presentacións.

R.