Skip to main content

La gastronomía y los productos agroalimentarios y pesqueros se convierten en el principal reclamo de una nueva campaña turística de Galicia en Nueva York

Tres Consellerías -Innovación e Industria, Medio Rural y Pesca e Asuntos Marítimos- unen sus esfuerzos para orquestar una nueva campaña promocional de Galicia en el exterior. En esta ocasión la gastronomía y los productos agroalimentarios y pesqueros constituyen los principales reclamos a exhibir en Nueva York en el marco de una serie de acciones que se extenderán hasta la sede de la ONU.

En esta experiencia pionera un equipo integrado por diez profesionales de la cocina prepararán varias degustaciones de especialidades gallegas para un total de 6.000 comensales que se reunirán en el comedor VIP de la ONU o en el Rockefeller Center, entre los que figuran diplomáticos, periodistas y operadores turísticos.

Nota de prensa de la Xunta de Galicia:

Galicia como destino turístico, a súa gastronomía e os seus produtos agroalimentarios e pesqueiros serán protagonistas da promoción que o Goberno Galego, a través das consellerías de Pesca e Asuntos Marítimos, Medio Rural e Innovación e Industria, van desenvolver en Nova Iorque (Estados Unidos) entre os días 6 e 17 de novembro. Os titulares de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar; Medio Rural, Alfredo Suárez Canal e Innovación e Industria, Fernando Blanco Álvarez, deron a coñecer en Santiago os detalles da iniciativa, que terá como epicentro a sede das Nacións Unidas.

O Comedor de Delegados (comedor VIP) da ONU será o escenario central desta promoción, cun buffet diario para o xantar do persoal que traballa nesta organización internacional. Ademais, a cociña principal deste comedor acolle o xoves, día 9, un ágape exclusivo para 22 persoas, entre destacados membros dos medios de comunicación máis importantes da cidade, representantes do Goberno Galego e de Nacións Unidas.

Tamén haberá unha cea galega no restaurante Sea Grill, situado no emblemático Rockefeller Center, coa participación prevista de touroperadores, prensa especializada, importadores e distribuidores.

Un equipo integrado por 10 destacados cociñeiros galegos son os encargados de elaborar os menús que se servirán tanto na ONU como no R. Center. Trátase de Francisco Domínguez, do Restaurante Martín Fierro (Ourense); Jorge García, do Mesón de Alberto (Lugo); Marcelo Tejedor, de Casa Marcelo (Santiago), Pepe Solla, de Casa Solla (Poio-Pontevedra); Xosé Torres Cannas, do restaurante Pepe Vieira (Sanxenxo-Pontevedra); José Antonio Rivera, do Chef Rivera (Padrón-A Coruña); Sacha Hormaechea, do restaurante Sacha (Madrid); Alfredo Castrelo, do restaurante El Refugio (Oleiros-A Coruña), que oficiará como sumiller, e Roberto Walther e Carlos García Neira, do Centro Superior de Hostalería de Galicia.

En cada unha das xornadas, este equipo de cociña elabora na sede da ONU un buffet diferente coa fin de atender a 400 comensais diarios. En total, máis de 5.600 persoas poderán disfrutar deste festival gastronómico, que incluirá oito especialidades quentes, vinte frías, catro de verduras, unha táboa de queixos e quince sobremesas. Todos os pratos estarán regados cunha selección de viños galegos, que serán expostos no comedor sobre unhas fichas informativas, para facilitar o coñecemento dos mesmos por parte dos asistentes.

Os menús elaborados para esta singular promoción abarcan unha ampla gama de especialidades da cociña galega, dende as empanadas ata as orellas, pasando por preparacións a base de produtos do mar como a pescada á galega ou os chocos, así como conservas de peixe de primeira calidade (mexillóns, navallas, zamburiñas, etc.), carnes (capón, tenreira asada...), caldos, afumados, ensaladas, sopas ou revoltos.

Todas as empresas galegas que teñen importador en Estados Unidos (é condición indispensable para poder utilizar tales produtos en restauración naquel país) foron convidadas a participar na promoción. Entre outras, estarán presentes Conservas Albo, Ingapan (empanadas, tortillas e tartas), Conservas Peña, Marrón Glacé e 30 adegas de distintas denominacións de orixe do país.

O soporte principal da promoción é unha revista editada especialmente para a ocasión, integramente en inglés, que inclúe nas súas 148 páxinas información pormenorizada sobre a gastronomía galega e os cociñeiros participantes, produtos galegos, viños e denominacións de orixe, así como referencias aos galegos e o mar e á oferta turística da nosa terra. Tamén hai un libro-carta de viños, no que se detallarán tódalas características dos caldos participantes.

Confeccionáronse ademais 8 murais de grandes dimensións para resaltar de maneira visual os aspectos temáticos da promoción. Estes plotters estarán expostos durante todas as xornadas no interior da sede da ONU.

A promoción refórzase con folletos, vídeos promocionais de Galicia e tarxetas postais con imaxes do país (editáronse 5 modelos diferentes, cunha tirada de mil exemplares de cada un).

R.