Presentado el programa de Turismo Marinero en el marco de la Feria Expotural
Presentado el programa de Turismo Marinero impulsado por Guimatur y Mardelira, y que cuenta con el apoyo de la Consellería de Innovación y Turismo a través de la Dirección Xeral de Turismo.
Este programa fue presentado en Madrid en el marco de la Feria Expotural en un acto en el que el director xeral de Turismo de la Xunta destacó el potencial de Galicia en este tipo de oferta que calificó de pionera en España.
Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta:
O director xeral de Turismo, Rubén Lois González, presentou en Madrid, no marco da feira Expotural, o programa de Turismo Mariñeiro “Rías Galegas, Turismo mariñeiro-pesqueiro”, apoiado pola Consellaría de Innovación e Industria e promovido por Guimatur (asociación que agrupa a mariscadoras de Cambados) e Mardelira (iniciativa impulsada pola confraría de pescadores de Lira-Carnota). Segundo explicou Rubén Lois no stand de Galiza neste certame, trátase dunha novedosa oferta turística que busca por en valor as actividades marisqueiras e pesqueiras que se realizan no noso litoral dende unha perspectiva turística, e que ten un carácter pioneiro no Estado.
A iniciativa impulsada por Guimatur consiste na realización de rutas para os turistas a través dos asentamentos mariñeiros de Fefiñáns e Santo Tomé, en Cambados. Realízanse a pé, tratando de amosar aos visitantes a importancia do mar e a súa pegada na historia e o contorno, nomeadamente na arquitectura popular, militar ou relixiosa. Nestes percorridos os turistas poden coñecer tódolos procesos produtivos e de comercialización do marisco: os bancos nos que se sementa e se recolle; cómo é o proceso de conservación ata o punto de venda final; o proceso comercial desde estes bancos ata o consumidor ou as receitas tradicionais máis sabrosas, a través de clases de cociña.
Pola súa banda, Mardelira é un programa de turismo mariñeiro desenvolvido pola Confraría de Pescadores de Lira, en Carnota. Vai destinado a aquelas persoas que desexen vivir a experiencia dunha xornada de pesca con mariñeiros deste porto, para coñecer de primeira man o seu oficio e a cultura mariñeira, con expresións orixinais, como a propia fala dos pescadores. Búscase tamén ofrecer unha perspectiva diferente do contorno e a riqueza natural deste enclave da Costa da Morte (Para máis información, consultar www.mardelira.net).
Na presentación destas dúas iniciativas, que contan co apoio de Turgalicia no terreo da promoción, o director xeral de Turismo destacou o potencial do noso país para o desenvolvemento do turismo mariñeiro e pesqueiro, e lembrou a aposta do Goberno Galego por un turismo sostíbel, que favoreza o desenvolvemento económico e social do litoral respectando o medio e o contorno, a partir da súa propia identidade e tradición.
Trala presentación deste producto turístico serviuse, por parte do Centro Superior de Hostelería de Galiza, que depende da Consellaría de Innovación e Industria, unha degustación de productos gastronómicos do mar.
Estas actividades desenvolvéronse no stand de Galiza na feira turística Expotural, que se celebra no Pavillón de Cristal da Casa de Campo de Madrid. O espazo galego, de deseño, ocupa unha superficie de 112 metros cadrados no que se fai promoción xeral da nosa terra como destino e en particular da oferta galega de turismo rural, con presenza do sector, a través da Federación Galega de Asociacións de Turismo Rural, Fegatur.

R.