Skip to main content

Galicia celebra el 25 de Julio con las Vísperas: un primer acto institucional en la Residencia de Monte Pío

Galicia celebra el Día de la Patria Gallega con las Vísperas: un primer acto institucional que tuvo como marco de encuentro la residencia del presidente de la Xunta en Monte Pío. Allí se reunieron personalidades y representantes de las diferentes instituciones gallegas que, tras la interpretación de la Marcha del Antiguo Reino de Galicia, asistieron al izado de la bandera de Galicia.

Por su parte, el BNG protagonizó una ofrenda floral a Castelao y Rosalía de Castro en el Panteón de Gallegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.

El Arzobispado de Santiago de Compostela organiza el acto central de la jornada: la tradicional Ofrenda al Apóstol en la que el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, actúa por primera vez como delegado regio por designación del Rey Juan Carlos I.

Nota de prensa remitida por el Arzobispado de Santiago:

El Arzobispo de Santiago, Julián Barrio, preside a las 10.30h del 25 de Julio en la Catedral la Misa Solemne de Santiago Apóstol, Patrón de España, y con él concelebran el Cardenal Arzobispo de Sevilla, Carlos Amigo; el Arzobispo Castrense, Francisco Pérez; el Arzobispo Nuncio en la India, Pedro López Quintana; los seis Obispos gallegos, José Cerviño (emérito de Tui-Vigo); José Diéguez Reboredo (Tui-Vigo); José Gómez (Lugo); Luis Quinteiro (Ourense) y Manuel Sánchez Monge (Mondoñedo-Ferrol); el Obispo de Astorga, Camilo Lorenzo; el Cabildo de la Catedral, los Vicarios y delegados diocesanos, los formadores de los Seminarios Mayor y Menor y varios sacerdotes de diferentes diócesis españolas. Según la información recogida en la Catedral, más de 30 sacerdotes acompañan a Monseñor Julián Barrio en esta fiesta en la Catedral de Santiago.

Este año, el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño es quién hace la Ofrenda Nacional en nombre del Rey de España, Ofrenda que fue instituida por Felipe IV en 1648. El secretario de la Ofrenda es Gumersindo Guinarte Nieto, secretario general de Presidencia de la Xunta de Galicia.

A las 10.10h, la comitiva eclesiástica sale de la Catedral por la Puerta de Platerías, en procesión llega a la Plaza del Obradoiro al término del protocolo civil y el Sr. Arzobispo de Santiago saluda al Delegado Regio. Mientras la comitiva sube las escaleras del Obradoiro, la Capilla de Música de la Catedral, dirigida por Miro Moreira, acompaña con cantos del Codex Calistinus, como el “Dum Pater Familias”.

Al entrar la procesión por el Pórtico de la Gloria, suenan las “Chirimías” y la comitiva avanza por la nave central de la Catedral comenzando la Eucaristía, Misa de Santiago, aproximadamente a las 10.30h.

En la nave central de la Catedral de Santiago, desde que comenzó la novena al Apóstol, se encuentra colocado el Gallardete de Don Juan de Austria que enarbolaba en la Galera Real y que ofreció al Apóstol por su secular protección.


Discurso del presidente de la Xunta de Galicia durante el acto de las Vísperas en Monte Pío, remitido por el Gabinete de Comunicación de la Xunta:

Benqueridas amigas e amigos, moitas grazas a todos pola vosa presenza neste acto, no cal procedemos a izar a bandeira de Galicia.

Onte fixo 22 anos dende que o Parlamento de Galicia aprobou a Lei de símbolos da comunidade autónoma, pola que se regula o uso do noso himno, do noso escudo e da nosa bandeira. O cumprimento desa lei é a primeira razón deste acto. Pero, evidentemente, isto non significa que esteamos a celebrar un acto de carácter meramente administrativo.

Hai pouco máis dun ano a sociedade galega decidiu, democrática e libremente, abrir unha nova etapa na historia deste país. E na véspera do noso Día Nacional, como presidente do Goberno de Galicia, quero transmitirlles ás galegas e aos galegos algunhas reflexións.

E pensei que sería bo facelo a través de vós, representantes de moitos concellos de Galicia, de institucións e de entidades cívicas e culturais, e a través das connotacións simbólicas que este propio acto encerra.

Todos os pobos que alcanzaron algunha continuidade histórica, que se foron constituíndo como comunidades singularizadas arredor de factores como unha paisaxe, unha lingua, unha cultura e unha historia compartida plasmaron en símbolos esa conciencia de si mesmos.

Esa conciencia nacional que non é outra cousa que un forte sentimento de formar unha colectividade con continuidade no tempo, con problemas específicos e con elementos comúns o suficientemente pregnantes e transversais como para conformar unha personalidade social e cultural singularizada: iso que adoitamos definir como unha identidade propia e diferenciada.

Esta bandeira que imos izar, a bandeira azul e branca de Galicia, é o símbolo que encarna a nosa historia e a nosa vixencia como pobo singularizado no concerto español, europeo e mundial. Esta bandeira é un símbolo da nosa existencia e da nosa continuidade histórica. E é, sobre todo, un símbolo de unidade, de convivencia e de civismo. A bandeira de Galicia é un símbolo que nos pertence por igual a todos e cada un dos galegos e das galegas.
Esta bandeira non ten tras de si eses gloriosos feitos de armas dos que algunhas nacións e estados se enorgullecen. Moi poucas veces foi enarborada nos campos de batalla, nin quixo ser nunca usada como instrumento de asoballamento e opresión. Nunca se fixo unha guerra no seu nome. E estou seguro de que nunca se fará. Pero non carece de épica. Aínda que, afortunadamente, se trata dunha épica máis humilde e popular, máis fermosa e mariñeira.

Detrás desta bandeira azul e branca, á vez sinxela e luminosa, atópase a épica da esperanza e do amor á terra de tantos e tantos devanceiros nosos convertidos en emigrantes. Esta bandeira é unha máis das moitas e moi importantes cousas que os galegos lle debemos á emigración.

Foron eles, emigrantes, dende o afastamento dunha América que nunca foi capaz de facer que esquecesen a terra e a lingua que deixaban atrás, os que se dotaron e nos forneceron a nós deste símbolo, engadindo a banda azul sobre o tradicional fondo branco que dende había moitos séculos daba testemuño do vello Reino de Galicia.

Así pois, podemos dicir que esta bandeira é orixinariamente filla do traballo, do sentimento da terra, do amor á lingua e á cultura, valores que continúan estando presentes na sociedade galega e dos que todos podemos e debemos sentirnos orgullosos. Nace vinculada a valores afectivos, de dignificación cultural e de progreso individual e colectivo, non para o enfrontamento nin para a división.

O seu mesmo xurdir supón unha toma de conciencia e un xesto de afirmación galeguista. Un chamamento a un galeguismo incluínte, que admite formas distintas de pensar e de soñar Galicia e no que toda a cidadanía se pode sentir responsable, útil e unida, independentemente das crenzas ou das posicións políticas individuais.

Todos os pobos expresan a súa singularidade a través de símbolos. Pero os símbolos corren sempre o risco de se converteren en signos baleiros se nos limitamos a repetir arredor deles proclamas que o tempo e o abuso retórico vai gastando e envellecendo.

Os símbolos teñen que actualizar constantemente os contidos de que son depositarios. Non poden ser simples receptáculos de esencias presuntamente imperecedoiras nin tampouco meros resortes emocionais capaces de anubrar a nosa razón.

¿Que significa hoxe a bandeira de Galicia? ¿Que simboliza? Creo, amigas e amigos, que os valores aos que me referín antes seguen a estar plenamente vixentes. Traballo, conciencia de colectividade singularizada, unidade, amor á terra, á lingua e á cultura galegas.

Pero hai outros valores que son tamén fillos da historia e do noso tempo: esta bandeira que hoxe izamos foi ata hai trinta anos obxecto e causa de sospeita e mesmo de persecución, converténdose nun símbolo de loita pola liberdade e pola democracia.

Esta bandeira, sostida por centos de miles de galegos o 4 de decembro de 1977, representou a mellor e máis elocuente imaxe da dignidade da cidadanía de Galicia, na súa exixencia dun Estatuto de autonomía consecuente coa nosa condición constitucional de nacionalidade histórica. É, polo tanto, un símbolo de galeguismo, de preocupación e responsabilidade cidadá polos destinos de Galicia.

Esta bandeira, ocasionalmente ennegrecida pola catástrofe do Prestige, simbolizou tamén hai catro anos a eclosión masiva e irreversible dunha Galicia que fai da preservación do medio ambiente, da protección da paisaxe e da calidade de vida valores aos que non está disposta a renunciar nunca máis.

Esta bandeira, en fin, é a que ondea, xunto ás bandeiras de España e da Unión Europea, nas sedes das máis altas institucións do poder galego: na Xunta de Galicia, no Parlamento de Galicia e, dende hoxe, nesta sede presidencial. É a bandeira que simboliza a autonomía de Galicia e, polo tanto, o noso autogoberno e a nosa responsabilidade cara a nós mesmos e cara á nosa terra.

Esta bandeira, en cada edificio público, en cada concello de Galicia, está a lembrarnos continuamente que somos nós os que decidimos o noso futuro e que está nas nosas mans que Galicia avance, que ocupe a primeira liña ou que se conforme con viaxar no derradeiro vagón.

Liberdade, convivencia en democracia, autogoberno, dignidade colectiva, conciencia ambiental, vontade de desenvolvemento económico e de progreso social, responsabilidade cívica. Velaí os novos contidos incorporados á bandeira de Galicia pola nosa historia máis recente.

Eses son os valores que se concentran e simbolizan na bandeira azul e branca e que se engaden aos orixinarios de traballo, sentimento da terra e amor pola lingua e a cultura de Galicia.

Todos eles constitúen os valores do galeguismo contemporáneo e están chamados a actuar como pezas de cohesión social e de consenso político en circunstancias históricas tan importantes para o futuro de Galicia como as que estamos vivindo. Son tamén eses valores os que motivan este acto e esta convocatoria.

Moitas grazas pola vosa resposta.

R.