Skip to main content

Entregadas las 109 banderas azules a playas y puertos deportivos de Galicia

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha presidido en Sanxenxo la entrega de las 109 banderas azules que este año corresponden a Galicia: 102 para playas y otras 7 para puertos.

Galicia es este año, y por primera vez, la comunidad que acapara un mayor número de banderas azules, seguida por Cataluña y la Comunidad Valenciana. De ahí que en el acto, Pérez Touriño haya destacado la importancia de preservar el litoral: «En torno a nuestras rías y playas está lo mejor del país en cuanto a ecosistemas y diversidad del paisaje», ha indicado el presidente de la Xunta que anunció que en el segundo semestre del año se lleva a la Cámara gallega el borrador de la futura ley de protección del paisaje, que permitirá preservar los recursos naturales de Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou en Sanxenxo que ao longo do segundo semestre deste ano o Goberno galego remitirá ao Parlamento o borrador da Lei de Protección da Paisaxe que, na súa opinión, permitirá poñer en valor e preservar o mellor dos recursos naturais de Galicia. O presidente galego salientou que a Xunta traballa na confección do Plan Integral do Litoral e das directrices de ordenación territorial, instrumentos que repercutirán no avance dun desenvolvemento harmónico e equilibrado de Galicia, preservando os seus valores naturais. Para acadar este obxectivo, Touriño fixo un chamamento á cooperación e á lealdade institucional entre a Xunta e os concellos para garantir un desenvolvemento sustentable nos ámbitos territorial, ambiental, social e económico.

O titular da Xunta realizou estas declaracións durante o acto de entrega de bandeiras azuis coas que foi distinguida este ano Galicia. A comunidade galega obtivo en 2006 un total de 109 bandeiras, polo que pasa a ocupar por vez primeira o posto número 1 en canto a número de distincións realizadas dentro do conxunto de España. Despois de Galicia sitúanse Cataluña e a Comunidade Valenciana.

Na súa intervención, o xefe do Executivo autonómico salientou que Galicia posúe unha paisaxe e un litoral de extraordinario e incalculable valor. “En torno ás nosas rías e praias está o mellor do país en canto a ecosistemas e diversidade da paisaxe. A partir de aí estamos en posibilidade de ofrecer ao país un maior crecemento en emprego e riqueza”, sinalou Touriño, quen convidou a soñar cun futuro de crecemento económico da man dun desenvolvemento sustentable.

Nesa liña, o presidente da Xunta instou a que se acade unha perfecta unión entre Administración autonómica e entidades locais para lograr crear unha conciencia de protección das costas e recursos naturais de Galicia porque neles, dixo Touriño, “está o mellor do porvir da nosa terra”.

Na súa intervención, Pérez Touriño lembrou que actos coma o de hoxe serven para recapacitar sobre a potencialidade do litoral galego e sobre o “gran esforzo” que queda por desenvolver para conservar as costas. Por iso lembrou que desde o Goberno que preside se está a levar a cabo unha nova política medioambiental que pon o acento no esforzo necesario para conservar e preservar as costas galegas da presión urbanística e garantir a calidade das augas das rías e ríos da comunidade.

Pérez Touriño amosou a firme convicción e determinación democrática do Goberno que preside pola protección da paisaxe e manifestou o seu compromiso coa súa preservación para poder deixarlle ás xeracións futuras un territorio coidado, ordenado e equilibrado.

Pérez Touriño subliñou ademais que, no expresamente referido ás praias, Galicia sitúase como a rexión europea con máis areais con bandeira azul. Isto, segundo sinalou o máximo mandatario autonómico, tradúcese en que Galicia ocupa un espazo sobranceiro e relevante no contexto de España e Europa, pois este galardón recoñece a aposta pola calidade e a excelencia da oferta turística galega.

De igual xeito, o máximo mandatario autonómico lembrou que as bandeiras azuis das praias galegas se converten nun exemplo de calidade ambiental e, moi especialmente, no referente a calidade das súas augas nas que Galicia obtivo o máximo nivel –calidade 2- neste apartado, o que revela a oferta potente e cualificada de Galicia.

A Comunidade galega obtivo neste ano 2006 un total de 11 bandeiras azuis máis que o ano pasado. As 109 distincións acadadas distribúense do seguinte xeito: 102 bandeiras azuis en praias e 7 en portos deportivos. Por provincias, A Coruña logrou 41 bandeiras azuis, no que a praias se refire e 4 en canto a portos; Lugo, 19 en praias e 1 en portos; e Pontevedra 42 en praias e 2 en portos.

Na súa intervención, o presidente da Xunta sinalou que a presenza de bandeiras azuis en Galicia vén recoñecer e estimular o esforzo da comunidade galega por conquerir o cumprimento de criterios de legalidade, sanidade, limpeza e seguridade, así como tamén, o contar cunha información e xestión ambiental axeitadas.

En suma, permite acreditar as praias e portos galegos como lugares do litoral limpos, con servizos óptimos de salvamento e socorrismo, de limpeza e de acceso a persoas discapacitadas; como lugares onde os valores do desenvolvemento ambiental fanse baixo criterios de respecto, responsabilidade, sensibilidade e harmonía equilibrada co territorio.

Ao xuízo do titular do Goberno galego, esta posición privilexiada de Galicia tamén permite deixar constancia do enorme esforzo ano tras ano realizan os concellos do litoral galego co fin de poñer a Comunidade ao mesmo nivel que outras autonomías e países que se distinguen por posuír un turismo e uns servizos “de calidade”. Un esforzo que revela o compromiso e a aposta decidida do Goberno galego polo desenvolvemento sustentable, o turismo e o litoral.

Listado de banderas azules 2006:

- Provincia de Pontevedra: O Muiño (A Guarda); Patos, Praia América y Panxón (Nigrán); A Punta, O Vao, Argazada, Rodas, O Tombo do Gato, Canido y Fontaíña (Vigo); Praia do Con (Moaña); Areabrava, Nerga, Menduiña, Melide, Areamilla, Liméns (Cangas do Morrazo); Portomaior (Bueu); Aguete, Portocelo, Mogor, Loira (Marín); Cabeceira y Xiorto (Poio); Silgar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Maior, Foxos, Areas Gordas-A Lapa, Pragueira, Nosa Señora da Lanzada, Baltar y Bascuas (Sanxenxo); Area da Cruz, A Lanzada, Rareiro y Peralta (O Grove); A Concha-Compostela (Vilagarcía de Arousa).

- Provincia de A Coruña: Carragueiros, Barraña, A Retorta y Mañóns (Boiro); Lombiña-Cabio e Illa de Laxe (A Pobra do Caramiñal); Coroso, Vilar, Corna, Touro, Río Azor y A Ameixida (Ribeira); Bastiagueiro y Mera (Oleiros); Miño Grande, Perbes y Praia da Ribeira (Miño); Doniños y San Xurxo (Ferrol); Frouxeira, Do Río, O Rodo (Valdoviño); Cabeiro, Aguieira, A Ornanda y As Furnas (Porto do Son); Praia Laxe (Laxe); Cayón (Laracha); Riazor, San Amaro, Orzán y Lapas (A Coruña); Magdalena (Cedeira); Morouzos y A Concha (Ortigueira); Tanxil (Rianxo); Estorde (Cee); Ezaro (Dumbría); Quexe (Corcubión); Razo y Pedra do Sal (Cedeira).

- Provincia de Lugo: A Marosa y O Portelo (Burela); Xilloi (O Vicedo); Esteiro (Xove); O Torno, Cubelas (Cervo); Areoura, Peizás, Llas, As Polas-Nois, A Rapadoira y Pampillosa (Foz); Benquerencia-Valea, Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, San Bartolo (Barreiros).

R.