As fotografías do Certame Internacional de Fotografía da Muralla de Lugo, en Galicia Digital
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/1-pre-muralla.jpg)
Ó certame, dotado con 45.000 € de premio, presentáronse un total de 185 coleccións, entre as que foron seleccionadas as nove coleccións premiadas, correspondendo o primeiro premio a RUBEN VILANOVA ROMERO e XOEL GOMEZ LOSADA, de Ourense; o segundo a JOSÉ MARÍA MELLADO, de Madrid; o terceiro, a JOSÉ VAZQUEZ CARUNCHO, de A Coruña, e seis accésits ás coleccións de XULIO VILLARINO, de Porto de Bares-Mañón(A Coruña), JOSÉ GAGO PESQUEIRA, de Marín(Pontevedra), DAMIÁN VARELA PASTRANA de Lugo; JULIÁN MENÉNDEZ FERNÁNDEZ, de Avilés(Asturias); GUSTAVO CABO LÓPEZ, de Lugo, e JUAN M. ADRIO FONDEVILA, de Vilagarcía de Arousa Pontevedra).
As fotografías preséntanse a xeito de exposición colectiva, dentro do apartado de Galerías de artista do portal CULTURA GALEGA, como “GALERÍA MURALLA DE LUGO”, http://www.galiciadigital.com/muralladelugo/