Skip to main content

El turismo rural gallego refuerza su renovación con ayudas públicas que superan los 4 millones de euros

En su comparecencia en el Parlamento de Galicia, el conselleiro de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia se comprometió a reforzar la nueva orientación del turismo rural gallego con ayudas que suman más de 4'1 millones de euros.

La Xunta se muestra dispuesta a incentivar la creación de nuevos productos complementarios de la oferta tradicional de un sector que el conselleiro de Innovación considera estratégico y sobre el que se elaboraron dos nuevos decretos de ordenación turística de restaurantes y cafeterías, así como de ordenamiento de los campamentos de turismo o cámpings.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, explicou na Comisión 6ª do Parlamento Galego os novos decretos de ordenación turística de restaurantes e cafeterías e o de ordenamento dos campamentos de turismo ou cámpings, así como as distintas medidas que está a pór en marcha o departamento que dirixe para darlle un novo enfoque ao subsector do turismo rural, coa fin de readaptalo e relanzalo como “subsector estratéxico para o conxunto de Galiza”. Entre estas medidas, Blanco sinalou distintas ordes de axudas que reforzan esta nova orientación e que suman, no seu conxunto, máis de 4,1 millóns de euros.

O titular de Innovación e Industria explicou que a súa consellaría está a desenvolver varias iniciativas encamiñadas a desestacionalizar a demanda nos establecementos de turismo rural, como o convenio asinado coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) que fomenta as liñas de mellora da calidade e ampliación de servizos ofertados e a creación de novos produtos turísticos complementarios dos tradicionais. En virtude deste convenio coordinaranse as subvencións de ámbolos dous organismos dedicadas á mellora de establecementos, creación de aldeas de turismo rural, a novidade das aldeas termais, casas de labranza, albergues e campamentos. Para Blanco, esta colaboración interdepartamental supón unha novidade e resultaba inescusábel para incardinar este tipo de turismo no seu entorno económico, social e cultural.

As ordes de axudas ás que fixo referencia o conselleiro veñen a reforzar esta nova orientación sumando en conxunto máis de 4,1 millóns de euros: un millón destinado a subvencións para o fomento de infraestruturas turísticas no medio rural; 200.000 euros dedicados á mellora dos establecementos de turismo rural en funcionamento e 2,9 millóns de euros para empresas turísticas no medio rural. Segundo Fernando Blanco, esta última orde de axudas a empresas turísticas busca incentivar a creación de novos produtos complementarios da oferta tradicional, algo que as propias características do país, cunha variedade xeográfica moi ampla, permite desenvolver de xeito natural. O conselleiro sinalou ás rotas turísticas naturais e patrimoniais, as de carreirismo a pé e cabalo, as actividades hípicas e no medio ambiente, a creación de paquetes turísticos no rural, os campamentos de verán, os deportes náuticos, fluviais e de aventura, e os campos de golf, como as opcións clave para diversificar a oferta e acadar un turismo sustentábel e de calidade.

O titular de Innovación e Industria tamén informou na comisión parlamentaria sobre os decretos de ordenación turística de restaurantes e cafeterías e de ordenamento dos campamentos de turismo ou cámpings. Sobre o primeiro salientou o seu carácter novidoso xa que, por unha banda, trátase dunha modificación transcendente sobre a regulamentación actual posto que ven actualizar a obsoleta normativa en vigor, que ten máis de 40 anos (a regulamentación que rexe para estes establecementos, de ámbito estatal, data de 1965); e por outra, regulamenta a actividade turística de bares e cafeterías dende Galiza e cunha visión galega.

Como novidades desta norma cabe destacar, a introdución da figura da casa de comidas, á que agora se lle dota de contido establecendo os requisitos que deberán cumprir os restaurantes para poder usar esa denominación. Tamén se recollen os requisitos e condicións mínimas que haberán de cumprir os restaurantes e as cafeterías segundo a categoría pretendida, así como unha serie de disposicións comúns tales como a obriga de exhibir unha placa identificativa no seu exterior, o deber de colocar no interior dos locais o aforo máximo autorizado ou a necesidade de velar pola limpeza, calidade e conservación dos servizos e instalacións.

Polo que respecta ás disposicións aplicables unicamente aos restaurantes, ademais da regulación dos menús, hai que salientar as peculiaridades que o decreto recolle respecto aos salóns de banquetes, aos que considera restaurantes especiais. O decreto ven simplificar tamén as normas de autorización de apertura e clasificación turística, de xeito semellante ao resto das empresa turísticas que se están a regulamentar. Así, substitúese o sistema de dobre autorización establecido na normativa estatal actualmente aplicable por unha única autorización definitiva. O texto introduce tamén a obriga dos establecementos de cumprir coas disposicións vixentes reguladoras da venda, subministro, consumo e publicidade do tabaco.

No tocante ao novo decreto que vai preparar Innovación e Industria para o ordenamento dos campamentos de turismo ou cámpings, Fernando Blanco manifestou a necesidade de regulamentar de xeito preciso algúns elementos para dar resposta ás inquedanzas do sector e promover de xeito efectivo a desestacionalización do turismo neste campo. Neste sentido, referiuse á posibilidade de instalar construcións fixas nos campamentos de turismo até un máximo do 50% da oferta total de prazas dispoñibles, unha demanda crecente no sector e máis patente en Galiza pola súa climatoloxía. O conselleiro subliñou que esta opción permiten desestacionalizar a ocupación destes establecementos, sendo practicábeis durante todo o ano, un obxectivo fundamental para o departamento autonómico.

De igual xeito Blanco avanzou que se fixará a superficie mínima dos campamentos de turismo en 8.000 metros cadrados, fronte aos 5.000 actuais, para evitar deste xeito a existencia de dimensionar o sector evitando a existencia de moitos destes establecementos de reducido tamaño que xeran excesiva dispersión nalgunhas zonas sen aportar un número significativo de prazas de aloxamento e con imposibilidade ás veces de achegar uns servizos adecuados aos seus visitantes.
R.