O Gaiás oferta espectáculos familiares ao aire libre de música, circo e monicreques os mércores de xullo

O 17 de xullo, a Cidade da Cultura encherase dos mellores temas das décadas dos oitenta e noventa con Viva o Pop!, unha proposta de Rock en Familia que nace para crear un espazo onde compartir a música da memoria cos máis pequenos da casa. Desde Alaska a Radio Futura, pasando por Nacha Pop ou Coque Malla. E para rematar, o Gaiás converterase nunha das máis de 100 sedes galegas que acollerán o espectáculo De Vilatriste a Vilalegre, de A Utópica Rodante, con motivo do 40º aniversario do Centro Dramático Galego. A proposta combina teatro actoral e de monicreques e confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia desta vila.
Con estas propostas de verán, a Cidade da Cultura continúa afondando na súa liña de programación familiar co fin de xerar espazos nos que agrome un ocio a través do que persoas de todas as idades poidan divertirse e aprender en conxunto.
R.