Galicia reforza en Milán a súa presenza no mercado turístico de alto impacto e de excelencia
Dentro do seu compromiso por seguir afondando nun turismo de calidade e desestacionalizado e tamén na procura de fórmulas que atraian a Galicia viaxeiros de alta capacidade de gasto, Turismo de Galicia está participando en Milán nunhas xornadas con máis de 20 operadores especializados neste mercado.
Con esta actuación, a Xunta avanza no posicionamento do destino Galicia entre segmentos de mercado de alto impacto turístico poñendo en valor os numerosos activos cos que conta a Comunidade galega con experiencias e servizos de excelencia. Así, entre as accións promocionais inclúense os reclamos culturais e de lecer, o patrimonio cultural e gastronómico, e enogastronomía, os xardíns históricos ou opcións de alto nivel en compras. En concreto, estase a promover o patrimonio, ou produtos como a ruta dos viños e camelias, a Ribeira Sacra ou a costa e interior galegos.
Enmárcase na aposta de Turismo de Galicia por seguir reforzando a presenza do turista internacional, que está medrando na Comunidade nos últimos anos e que é un dos obxectivos estratéxicos máis inmediatos. Ademais, lévase anos traballando para atraer un tipo de viaxeiro de alto poder adquisitivo que estatisticamente realiza un importante número de viaxes ao ano, polo que contribúe a romper a estacionalidade turística, e que conta cunha alta capacidade de gasto no destino.
Traballo consolidado
A iniciativa que estes días se desenvolve en Milán permitirá afianzar contactos e seguir definindo estratexias para continuar traballando na diversificación de mercados. Nos últimos meses participouse xa no 'Luxury Spain Connects with UK Luxury Axencies, un evento que reuniu en Londres máis de 20 operadores británicos especializados en turismo premium, a ILTM de Cannes para este mesmo mercado ou o pasado mes de abril outra acción especializada en Berlín, que se suman ás consolidadas nos últimos anos.
Inclúense, por exemplo, posta en marcha de experiencias vinculadas á enogastronomía e camelias ou a presenza en feiras como a Hampton Court Palace Garden Festival de Londres, especializada en mercado de alto nivel interesado por recursos naturais e xardíns históricos, entre outras propostas.

R.